Página 1 de 1

Cousas absurdas que se fan en Galiza!

Enviado: sábado, 29 mar 2008, 17:57
por casdeiro
Seica agora querer crear 1 terceira vía para circular en automóvil de Sigüeiro a Padrón, un tramo dos que máis tráfico atura en Galiza. Que pasa? Que agora moita xente usa a estreda "vella" en troques da autovía AP-9 porque é de peaxe. E que se lle ocorre a estes políticos nosos? Planear unha terceira autovía, libre de peaxe, paralela a actual para así liberar de tráfico á vella (vid. ).

Pero digo eu... e non foi xa para iso para o que se fixo a AP-9? Porque non facer que sexa máis usada en troques de gastar unha palada de millóns de euros en duplicala??? E se a resposta é que é privada, entón o problema estivo nesa concesión. Loxicamente á empresa adxudicataria da AP-9 non lle interesará que se constrúa esoutra, porque entón... que vai circular pola AP-9 nese treito? Vai quedar baleiro? para que tantos millóns como custou facela? Que absurdo meu señoriño!!!

Eu isto só o entendo pola intención de estragar aínda máis o territorio enchéndoo de estradas, autopistas, vías rápidas e o demo que os fixo, para manter a maquinaria político-económico-empresarial en marcha.

Penso que o máis racional sería chegar a un acordo coa concesionaria da AP-9 para levantar ese peaxe. Sería probablemente moita máis barato e beneficioso para os usuarios e a xente cuxas casas e leiras van expropiar para facer unha autovía duplicada.

Cousas absurdas que se fan en Galiza!

Enviado: segunda, 14 dez 2009, 05:22
por yagui