Cousas absurdas que se fan en Galiza!

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Cousas absurdas que se fan en Galiza!

Mensagempor casdeiro » sábado, 29 mar 2008, 17:57

Seica agora querer crear 1 terceira vía para circular en automóvil de Sigüeiro a Padrón, un tramo dos que máis tráfico atura en Galiza. Que pasa? Que agora moita xente usa a estreda "vella" en troques da autovía AP-9 porque é de peaxe. E que se lle ocorre a estes políticos nosos? Planear unha terceira autovía, libre de peaxe, paralela a actual para así liberar de tráfico á vella (vid. exemplo de Milladoiro).

Pero digo eu... e non foi xa para iso para o que se fixo a AP-9? Porque non facer que sexa máis usada en troques de gastar unha palada de millóns de euros en duplicala??? E se a resposta é que é privada, entón o problema estivo nesa concesión. Loxicamente á empresa adxudicataria da AP-9 non lle interesará que se constrúa esoutra, porque entón... que vai circular pola AP-9 nese treito? Vai quedar baleiro? para que tantos millóns como custou facela? Que absurdo meu señoriño!!!

Eu isto só o entendo pola intención de estragar aínda máis o territorio enchéndoo de estradas, autopistas, vías rápidas e o demo que os fixo, para manter a maquinaria político-económico-empresarial en marcha.

Penso que o máis racional sería chegar a un acordo coa concesionaria da AP-9 para levantar ese peaxe. Sería probablemente moita máis barato e beneficioso para os usuarios e a xente cuxas casas e leiras van expropiar para facer unha autovía duplicada.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Cousas absurdas que se fan en Galiza!

Mensagempor yagui » segunda, 14 dez 2009, 05:22

EN Galiza fai falla de maneira URXENTE planificación territorial. Os últimos case 50 anos son proba diso, ex. vivendas de seis pisos no medio do campo, bosques arrasados polas autovías, etc.


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante