Nostaxias da Lagoa que xa non está.

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor bershky » domingo, 30 set 2007, 22:36

       







    
A Lagoa de Antela ( ou Lago de Beón) asentada na depresión da Limia ( orixinada durante o Terciario) ó sur da provincia de Ourense, foi un dos espellos de auga máis importantes de Europa, e lago de auga doce de maior extensión da Península Ibérica, con 7 quilómetros de longo e 6 quilómetros de ancho, aínda que consonte ás épocas do ano e ó tempo atmosférico, variaban estas dimensións, así como a súa profundidade, que abalaba dos 60 cm ós 3 m.

Á finais dos anos cincuenta por medio dun decreto do Caudillo, iniciose a desecación da Lagoa, aducindo para tales feitos, o saneamento do terreo e o seu aproveitamento agrícola.

O lungo da historia atopamos varios precedentes de intentos de desecación . No primeiro tercio do século segundo, o emperador romano Adriano mandou construir unha canle para canaliza-las augas da lagoa, pero co tempo, a natureza devolveu a auga ó seu entorno orixinal. Os restantes intentos ó longo do séculos XIX e XX, fracasaron igualmente.

Sobre ela contábanse infinidade de lendas, entre elas está a da cidade de Antioquía, asolagada como castigo por idolatrar o galo; e a dos mosquitos, que erán o rei Artús e os seus soldados, enmeigados naquela veiga.





A fermosa lenda do rei Arturo aparece recollida nun manuscrito do século XVI titulado Origen, fundación y primeros tiempos del Buen Jesús de Trandeiras, un mosteiro que estaba próximo á Lagoa de Antela, na comarca ourensá da Limia.

"... Como había moitos charcos e lameiros, chegado o verán saían deles tantos mosquitos cínifes que, erguéndose á posta do sol, pola veiga abaixo voando, resplandecían as ás que parecían armas, e os da terra que os vían dicían e afirmaban que era o rei Artús (rei Arturo, importante figura da mitoloxía celta) que estaba encantado co seu exército naquela veiga"?, así ó crían porque dicían que seus pais e avós, e devanceiros así o dixeran e afirmaran.


II.
Baixo a lagoa, estaba sepultada a antiga cidade de Antioquía. Un mendigo apareceu un día pedindo limosna polas portas do pobo pero ninguén lle deu nada; na última casa do pobo vivía unha vella muller que atendeu e deulle de comer ó mendigo; este pediulle que o acompañara ata a saída do pobo cando se dispuña a seguir o seu camiño. Dende un cumio ás aforas do pobo, pediulle a vella que botara unha ollada cara atrás e esta pudo ver que o pobo quedara asolagado completamente e os seus habitantes foran convertidos en rás. O medigo era Xesucristo.

Nas mañanciñas de San Xoán, co primeiro raio de sol, aínda se pode ver no fondo o campanario da igrexa. E na Noiteboa, ás doce en punto, óese o canto dos galos


III.
A outra lenda era sobre o río Limia, Décimo Xuño " O Bruto " dispúñase a cruzar o río Limia, coñecido entre os romanos como río Letes ( río do olvido ), cando a sua tropa negouse a facelo porque xiraba entorno o río un dito que dicía que todo o que cruzaba o río, perdía a memoria. Para demostrar o contrario, foi o propio Xuño o primeiro en cruzalo, e dende a outra orilla, foi chamando un a un polo seu nome ós soldados da sua tropa



Atopei un video deste espazo lendario e patrimonio natural, antes da súa desecación.





Hoxe en día, a Unesco, a Deputación de Ourense e os alcaldes da comarca traballan xuntos nun proxecto común: a recuperación da Lagoa de Antela.

codosedo
Mensagens: 14
Registado: terça, 16 jan 2007, 23:51

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor codosedo » terça, 02 out 2007, 00:22

Gracias por darnos a oportunidade de veure imaxes tan bellas,por recordar historias da lagoa a min contoumas o miña bisaboa e o meu abo.Envio a caixon de sastre o meu recordo sobre ela,pois ainda que non podemos vela,está na memoria de galicia e sobre todo da xente da limia.

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor mary556 » terça, 02 out 2007, 01:28

Bershky da miña terra:
Enriquecedor relato...preciosas imágenes...dulcísima melodía...
Otro maravilloso regalo, a los que nos tienes acostumbrados...
Esta mañana, además, recibí carta de tu madre.
De manera que mi regalo, hoy, ha sido doble...
También quiero agradecerte, en la Web, lo que ya hice en privado...Las hermosas palabras que dedicaste a mi madre, hace unos días...
Unha aperta moi forte!

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor bershky » sexta, 05 out 2007, 19:58

    






    
Non hai de que, grazas a vós que estades aí. É moi pracenteiro pra min, compartir convosco cousas da nosa terra.

Codosedo,
Eu non son da Limia, pero para irmos a Ourense tíñamos que pasar moi preto de donde noutrora contaban que houbera unha lagoa . Lembro que me pasaba a viaxe escudriñando a través da fiestra, agardando velo mítico lugar, quizais esperando o milagre de que emerxese por uns instantes o fantasma da lagoa . Fantasías e quimeras do espíritu inquedo dunha rapaciña que adoraba as lendas que seus avós lle contanban o carón da lareira nas noitiñas claras e estreladas de inverno, naquela Galiza coqueta e fanchendosa, engalanada con finos mantos de xeo.

Olla! Se aínda che viven os avós, cóntalles ti a eles?



1940-1958 (posguerra española). Roxos, falanxistas, requetés, fascistas nacionalistas, falta de libertade, anos de fame e miseria?

Lugar: Cuelgamuros (Serra de Guadarrama, ) Franco está a ordena-la construcción (do que anos máis tarde sería o seu mausoleo), un fermoso monumento adicado os que entregaron a súa vida, nunha despiadada contenda entre irmáns "O Val dos caídos". Un decreto fundacional do 1 de abril de 1940 di:
O monumento e basílica constrúise para [?] perpetua-la memoria dos caídos da nosa gloriosa cruzada [?].

Namentres, a 500 Km na depresión da Limia, baixo otro decreto do Xenerálisimo (ano 1958), da comezos a exterminación dun patrimonio nacional ? O Lago Beón ?. Seica, coa fin de saenamento do terreo e do seu aproveitamento agrícola.

Despois de case cinco décadas, moitos técnicos coinciden como un total disparate tal feito, xa que deixou a terra seca e sen humidade necesaria para a fertilidade da mesma. En canto o saneamento, culpaban a lagoa de brotes de paludismo e fiebres tifoideas, cando o verdadeiro responsable era o deixamento sanitario por parte da Administración pública

Así un patrimonio natural pasou a ser unha explotación agrícola, o pobo galego non tiña terras dabondo para traballar! facian falta máis. Había que producir patacas a fartura (por dúas cadelas) para dar abasto coa fame de tódala nación española.

Miña nai comentoume que un cuñado dela, (un minifundista) que se dedicaba a venta das patacas, e que naqueles duros tempos inda ía facendo uns cartiños, foille o choio abaixo, logo de deseca-la lagoa, xa que era terra que se prestaba para ise cultivo. Como resultado a zona da Limia, digamos entre comiñas "monopolizou" a produción e por suposto o prezo delas. O coitado do meu tio non lle quedou máis remedio que emigrar


E anos máis tarde din que chegou o florecente progreso ( a min colleume cun pé xa na Suíza), e inzáronnos de encoros. Aldeas que quedaron asolagadas en contra da vontade do pobo? mais por unhas miserentas moedas, a boa xente aceptou?

E logo o aparcelamento, e os peixes grosos paparon os pequenos?

E niso fomos e imos? Poñas como te poñas, a especulación e a corrupción aí seguen disfrazadas, o caso è abarrota-lo peto sexa o prezo que sexa , caia quen caia. Éche ben certo que cada cal manda no seu eido, e os deuses da terra mandan no de todos.


Saúdos

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor bershky » sexta, 05 out 2007, 20:03

    










   
Mary, quedóuseme cara de circunstancias cando me dixeches que miña nai che escribira.
Foi para min unha sorpresa xa que ela non me comentara ren o respecto. Alédemo moito, e agardo que fagas tan pronto como poidas unha viaxe o teu pobo (Verín).

Filliña, non me tes nada que agradecer. Túa prima Pilar fala tan ben da túa nai, que è imposible non querela e querervos.

Un abrazo apretuxado ;-)

codosedo
Mensagens: 14
Registado: terça, 16 jan 2007, 23:51

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor codosedo » sábado, 06 out 2007, 01:38

O teu releto non podio explicarlles, xa non estan..Mais non lles seria axena pois é o que eles viviron.Os meus avós tamén emigraron o BRASIL. Cando emigraron o traballo da terra non daba nada, é cando volveron tampouco.Si levabas un kilo de patacas a vender pagaban 2 pesetas e cando ibas a comprar pra sementeira 4.
outra vez a emigrar esta vez solo os fillos, asi podiase vivir cos cartos que chegaban de alemania,francia ou suiza......, en todas as familias habia xente fora, e na aldea quedaban os avós cos netos.

A desecacion da lagoa foi unha atrocidade,contra natura, contra xente da comarca e contra galicia enteira.,que por encima de perder un paraxe tan fermoso, nunca resolveu os problemas economicos da limia.polo menos os da limia alta.

A tempos dagora seria mais rica como era antes,pois seguro que a lagoa hoxe estaria denominada como PARQUE NATURAL, e podia estar a comarca encamiñada o turismo.Pero todo esto tiña que haber pasado fai moito tempo,asi o millor cando moitos emigrantes volveron nos anos 70 habrian quedado nas suas aldeas en lugar de ir pas ciudades como vigo ou coruña. Pero todo esto e pasado... esperemos que no futuro poidamos recuperar algo do que nos fixeron perder, e que naida nos preguntou.
SAUDOS



Mary, quedóuseme cara de circunstancias cando me dixeches que miña nai che escribira.
Foi para min unha sorpresa xa que ela non me comentara ren o respecto. Alédemo moito, e agardo que fagas tan pronto como poidas unha viaxe o teu pobo (Verín).

Filliña, non me tes nada que agradecer. Túa prima Pilar fala tan ben da túa nai, que è imposible non querela e querervos.

Un abrazo apretuxado ;-)[/quote]

mariajuana
Mensagens: 562
Registado: segunda, 02 dez 2002, 00:00

Nostaxias da Lagoa que xa non está.

Mensagempor mariajuana » domingo, 07 out 2007, 06:07

Mónica Suárez Groba desde Buenos Aires, Argentina, envió el siguiente mensaje, el día 11/11/2001, a la lista de Fillos-L: Lagoa de Antela
A Limia é unha comarca situada o sur da provincia de
Ourense e comprende as terras bañadas polo río Limia
e os seus afluentes.
A paisaxe é unha amplia chaira arrodeada de montañas non moi altas.
Neste enclave xeográfico atópase a lagoa de Antela, que foi
un dos humidais mais importantes de Europa, logo desecado
e hoxe en proceso de recuperación.
Foi o maior lago de auga doce da península, con 7 km
de longo e 6 km de ancho.
Os atrancos que supoñena para os traballos agrícolas
e mailos perigos para os ribeirans "aconsellaron" a sua desecación.
Esta foi principiada no siculo pasado, a partires do
ano 1827, posteriormente unha dona francesa,
a marquesa de Longeville, fixo algunhas obras
de desecación para a exportación a Francia
das ancas de río, que abondaban nas xunqueiras
da lagoa, mais a desecación definitiva escomenzou no
ano 1958, máis hoxe está en proceso de recuperación.

Lenda da Lagoa de Antela
Antigamente no lugar que hoxe ocupa esta lagoa
houbo unha cidade chamada Antioquia, coiecida
porque os seus veciños carecian de calquera mostra
de caridade.
A lenda narra que Deus quixo castigalos pero Xesús
propuxo redimi-los máis xustos baixando a cidade en
forma de mendigo.
Percorreu así to dalas casas pedindo esmola sen que
ninguén se apiadase del.
Xa de volta, aflixido, cruzando unha carballeira, viu
unha casa habitada por unha ancia a que tamén
lle pediu esmola.
A muller ofreceulle unha cunca de leite e un anaco de
bica e tamén abeiro para pasa-la noite.
A mañá seguinte Xesús amosoulle a ancia o que fora
da cidade de Antioquía.
A muller quedou sorprendida ó ver que a cidade
desaparecera e que no seu lugar había unha lagoa.
Ninguén se salvara, soamente ela...
Nas mañás de San Xoán, co primeiro raio de sol, a onda
se pode ver no fondo o campanario da igrexa.
E na Noiteboa, as doce en punto, oese o canto dos galos...

Un bico grande para todos, dende Bos Aires
Mónica B. Suárez Groba
Neta da parroquia de Guláns, Ponteareas, Pontevedra


Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes