Arde Galiza

A conservación do medio natural galego e os seus recursos, catástrofes ecolóxicas, perigos, etc.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Arde Galiza

Mensagempor xestor » terça, 08 ago 2006, 09:29

Velaquí tedes as imaxes de satélite onde se aprecian os lumes e os fumes que destrúen o noso país.

http://earthobservatory.nasa.gov/Natura ... g_id=13755

:'(
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Arde Galiza

Mensagempor xana » terça, 08 ago 2006, 11:25

A verdade é que o que está a pasar é terrible. Teño unha amiga en Pontevedra que di que dende a súa xanela pode ver o lume, que o aire está cheo de cinsa e fume... :(
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Arde Galiza

Mensagempor anamp » terça, 08 ago 2006, 11:41

Un triste saúdo, galegos e galegas de Fillos.
Un triste, tristísimo saúdo, porque Galiza, un ano máis, e hoxe peor que nunca,
arde.
Os montes das provincias de Pontevedra e A Coruña están sendo arrasados polas
lapas. As cidades de Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela están cubertas
por unha nube de fume. Ao seu arredor, o monte arde; concellos de Brión,
Cerdedo, Pazos de Borbén, Redondela, Vilaboa... están cheos de lume que rodean
as vivendas, e non para. Os veciños levan varias noites sen durmir, traballando
arreo día e noite para impedir que os lumes cheguen a eles.
Morreron dúas mulleres e un home calcinados. As dúas mulleres trataban de fuxir
do incendio e non o lograron. O home trataba de controlar un lume que se
achegaba á súa vivenda. Outro home faleceu dun infarto pola tensión acumulada.
Miles de árbores queimadas. Non sei cantas hectáreas arrasadas. Vivendas
ameazadas e desaloxadas. Pranto, desesperación, cansazo...
E todos os lumes son provocados. Por quen? A quen lle interesa que Galiza arda?
A quen lle interesa que Galiza sexa destruída?
O que está claro é que non se trata de fenómenos aillados, que casualmente
ocorren ao mesmo tempo.
Os galegos e galegas temos dereito a saber a verdade, e a que se remate dunha
vez por todas este terrorismo, que ano a ano nos asola. E este verán, esta
semana, con máis intensidade que nunca.

Galiza arde, como cada ano, "pero non queima!!!" dicía Reixa, nunha cantiga de
Os Resentidos. Espero que, dunha vez, empece a queimar, e queime tanto que
todos digamos NUNCA MÁIS e logremos parar este terror.
Aquí tedes enlaces a algunhas novas ao respecto, e ao final, enlace á imaxe de
satélite onde podedes ver as columnas de fume que saen da nosa terra.

Un saúdo, un trístimo saúdo, dende Vigo, que hoxe, de novo, non ha ver o sol.
Ana

http://www.lavozdegalicia.es/inicio/not ... 0000102519
http://www.vieiros.com/
http://earthobservatory.nasa.gov/Natura ... g_id=13755
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Arde Galiza

Mensagempor pilarmabel » terça, 08 ago 2006, 13:14

Como bien dices Anamp, no son fenòmenos aislados, la mano del hombre està detras de toda esta desgracia. :'(
Si me permites me uno a ti en : NUNCA MAIS.
Un saludo
Pilar
Última edição por pilarmabel em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Arde Galiza

Mensagempor fridamarga » terça, 08 ago 2006, 17:02

PORTUGAL em chamas!Alguns fogos ateados por mãos criminosas!

É muito triste, Ana, o que se passa nas nossas Nações...
E a impunidade e o laxismo continuam, permitindo tudo!

Esta frase é pleonástica mas, nesta desgraça, é o que se me dá dizer:

««NUNCA MAIS a todos os sátrapas que, ao não assumirem as suas responsabilidades de cidadãos, inviabilizam que NUNCA MAIS... AS DESGRAÇAS ACONTEÇAM! »»

NUNCA MAIS! NUNCA MAIS!
Última edição por fridamarga em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

miguelangel
Mensagens: 9
Registado: segunda, 13 mar 2006, 18:58

Arde Galiza

Mensagempor miguelangel » terça, 08 ago 2006, 23:21

Outro punto de vista:
Conozo ben Galicia, sobretodo a Galicia rural, a que Rosalia describiu en blanco e negro e a que ainda non chegou o coor.
Non desexo opinar sobre a Galicia urbanizada ou por urbanizar, xa que iste asunto é outro ben diferente.
Pero na outra Galicia, na máis pobre, na menos desenrrolada, na dos vellos, arde o monte por motivos que o mellor no coñocedes por a lexanía.
Supoño que xa sabedes que Galicia e a única Comunidade española na que medra a superficie forestada cada ano, pese a os inendios e os incendiarios.
E isto ten bon razonamento:
O abandono da Galicia rural e o máis grande da historia, debido o abandono dos campos de cultivo e da cría do ganado.
Hai moitas, pero moitas casas, coma pode ser a miña propia (nunha aldea de Lugo) nas que o salvaxismo atravesa os eidos e chega as casas e algunhas veces atravesa os puebliños e achegase a siguiente aldea.
E por qué? Esta Xunta tan modernizada nos nos deixa usar productos químicos para cortar o salvaxe avance da vexetación descontrolada, pero tampouco pon os medios para que traballadores fagan a desbroza necesaria para cortar o avance.
Quen sabe se os medios que poñen son istes, os dos incendios.
Nestas aldeas, o noventa e nove por cento e xente que non ten edade nin forzas para facer iste traballo e os novos xa se foron para Vigo, Santiago ou Madri (en outros tempos para Arxentina ou Suiza).
Non e verdade que arda toda Galicia, arde a Galicia dos ricos (que tamén os hai).
Última edição por miguelangel em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

Mensagempor xestor » quarta, 09 ago 2006, 07:46

Quería vos facer unha proposta... Penso que comprería facer unha petición para que se endurezan as penas para os incendiarios e tamén, para favorecer que os veciños os denuncien -moitas veces seica se sabe perfectamente quen prende lume ao monte, pero como son veciños cos que hai que convivir, non se denuncian- se engada á pena de prisón, un castigo por cumprir ao saíren da cadea: un exilio de por vida ou cando menos 30 anos, que lles impida volver á bisbarra onde prenderon o lume.

Que vos parece?
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Arde Galiza

Mensagempor anamp » quarta, 09 ago 2006, 08:55

Eu proporía, ademais do endurecemento das penas, en lugar de desterralos, obrigalos a manter limpos os montes das súas parroquias durante eses 30 anos, facelos traballar no monte e que sexan responsables de que ese monte permaneza limpo.
Aínda así, coido que para acabar co lume non basta con coller a quen o prende. Hai que coller a quen paga para que arda. Non podo crer que Galiza, de golpe, en cinco días, se enchera de pirómanos con problemas psiquiátricos. Hai que atopar os responsables. E que paguen, eses si, que paguen, cos seus cartos e co seu traballo, eternamente a limpeza do monte e a súa posta en valor.
Coincido plenamente con Miguel Angel en que o monte arde porque non se usa, porque hai unha despoboación galopante do rural, e coido que iso é o que esta Xunta quere cambiar; de aí moitas medidas, que ás veces non gustan, pero que son inevitables para que o rural volva ter vida e xente.
De todos os xeitos, este ano a tendencia do lume cambiou, este ano non arde o monte das zonas despoboadas, é que os focos de lume están ao pé das casas en zonas moi habitadas (iso si, os montes ao carón das casas están, polo xeral descoidados), ao carón das autoestradas obrigando a cortar as principais vías de comunicación. Este ano parece que, quen sexa, quere que sexa un auténtico desastre das zonas con máis vida económica, das zonas ricas, coma Miguel Anxo di.
Por que?
Temos dereito a sabelo.
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Arde Galiza

Mensagempor casdeiro » quarta, 09 ago 2006, 08:56

En http://www.gobiernodecanarias.org/medio ... index.html hai bastante información sobre o actual delicto de "incendio forestal". Eu penso que debería engadirse unha pena complementaria de exilio de longa duración.

Quen destrúe o seu ecosistema, non ten dereito a vivir nel!!!!

Lumes Nunca Máis! Pena de Exilio xa!!!! :x
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:42, editado 1 vez no total.

Voltar para “Ecoloxía en Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante