Faleceu Manolo da Pampa

Nacementos, matrimonios, aniversarios, defuncións...
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor pilarmabel » quinta, 10 jul 2008, 03:23

En estos momentos; todas las palabras sobran....
Mi mas sentido pesame, a la famila de Manolo.
A su señora Nelly, Dios le dará la fuerza necesaria para poder afrontar este duro momento y poder continuar el camino.....

nora
Mensagens: 1
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor nora » quinta, 10 jul 2008, 06:37

marisalvar Escribeu:Manolo non puido superar o infarto cerebral que sofrira e faleceu hoxe.

O meu corazón está moi triste agora.

Agardaba darlle a fin de mes esa aperta que se demoraba en chegar desde o ano 2002 en que o coñecín.
Tantas veces que planeou desde aquela vir a Galicia con Nelly, volver ás súas aldeíñas de Baleira e por problemas de saúde non deu vido...
Agora era eu quen iría ao seu encontro, en 20 días estaríamos xuntos como tantas veces falamos, pero estaba escrito que eu non ía chegar a tempo...
Un sempre pensa que aínda hai tempo para facer as cousas que desexa e deixao correr con toda a imprudencia do mundo.
Agora desexaría ter chamado máis veces das que chamei, ter demostrado con máis intensidade o agarimo que sinto por eles, ter enviado máis mensaxes, ter ido antes...

liliarango
Mensagens: 31
Registado: domingo, 23 fev 2003, 00:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor liliarango » quinta, 10 jul 2008, 17:54

Que pena tan grande !!! Para aquellos que conocimos su forma de ser y que compartimos el amor profundo a Galicia, a la tierra de nuestros padres es un día triste. Me unía a Manolo nuestras infancias parecidas ya que ambos fuimos hijos de almaceneros de Avellaneda, esa coíncidencia me acercó a él. Supo transmitir cariño y presencia aún en la distancia.
Para Nelly unha aperta forte.
Y para aquellos que lo vamos a extrañar, lo encontraremos seguramente en los mails guardados que tenemos de él donde compartía cada cosa que encontraba de lo que tanto amaba.
Hasta la vista amigo querido.

LILIANA
Buenos Aires. Fonsagrada.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor bershky » quinta, 10 jul 2008, 18:01

marisalvar Escribeu:Manolo non puido superar o infarto cerebral que sofrira e faleceu hoxe.

O meu corazón está moi triste agora.

Agardaba darlle a fin de mes esa aperta que se demoraba en chegar desde o ano 2002 en que o coñecín.
Tantas veces que planeou desde aquela vir a Galicia con Nelly, volver ás súas aldeíñas de Baleira e por problemas de saúde non deu vido...
Agora era eu quen iría ao seu encontro, en 20 días estaríamos xuntos como tantas veces falamos, pero estaba escrito que eu non ía chegar a tempo...
Un sempre pensa que aínda hai tempo para facer as cousas que desexa e deixao correr con toda a imprudencia do mundo.
Agora desexaría ter chamado máis veces das que chamei, ter demostrado con máis intensidade o agarimo que sinto por eles, ter enviado máis mensaxes, ter ido antes...


Acouga Marisa, pasamos todos por situacións semellantes a esta. Aínda que a morte sexa a nosa leal aliada desde o intre que o noso corazón comeza a bater, por sorte, xamaila temos presente. Así foi, e así seguirá?
A morte éche vida e a vida morte ché, e aí imos todos?
Un Fillo de Galiza finiu, e outro, axiña nacerá?


Unhas rosas e un Noso Pai como pregaria, para ti Manolo, pra rezarmos todos xuntos. Descansa en Paz.


Moitas apertas para ti Marisa, e pra familia de Manolo.
Bershky


Imagem

robertocampoleis
Mensagens: 1
Registado: quinta, 10 jul 2008, 20:28

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor robertocampoleis » quinta, 10 jul 2008, 20:34

Desde Galicia mandamos un sentido pesame a Nelly y a toda su familia.
Roberto Campo Leis y familia.

luou
Membro falecido
Mensagens: 33
Registado: terça, 11 jun 2002, 23:00

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor luou » sexta, 11 jul 2008, 01:07

el día 9 de julio fallecio Manolo de la Pampa , toda la pagina tenemos un dolor tremendo por irse de nuestro lado un amigo de ley
Un fillo que siempre estuvo dispuesto a colaborar y organizar xuntanzas , con dolor quiero dejar en el taboleiro este mensaje de dolor que nos embarga a todos y una suguerencia creo que Manolo, merece un homenaje muy especial, un lugar dentro de la pagina con una foto de las tantas xuntanzas que hizo o una foto de el homenajeandolo como se merece
Fue socio de la asociacion fillos de Galicia, por eso Casdeiro pido que le tributes un homenaje especial a Manolo, creo que todos estaremos de acuerdo en este homenaje
Elena Parajo

perdiz
Mensagens: 67
Registado: domingo, 25 nov 2007, 18:53

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor perdiz » sexta, 11 jul 2008, 01:42

VEJAM O QUE ACABEI DE ENCONTRAR NA REDE:
PUBLICADO EM 18/06/2008 E
ASSINADO POR MANOLO LA PAMPA

http://es.netlog.com/m/profile/blog/nic ... 4302&page=

ESCRITO POR UN GALLEGO ARGENTINO
18 junio 2008

Un poema á muller galega pintada no tempo,
A muller galaica garrida rapaza,
é a que representa o emblema máis puro da raza,
é a máis fogosa criatura criada na aldea,
co seu corpo xentil e a cara moi branca,
os seus ollos de noite parecen luceiros
e de día son elas tan xeitosas,
que parecen unha doce poesía que fala.



O feito de nacer muller a converte,
no sostén máis importante da vida dos fillos que ama,
que os leva no ventre e os cría,
co amor máis puro que ten na súa alma.
traballa na casa con moita ilusión
muller sen malicia e garbosa no andar,
ela é o mellor tesouro que un home pode encontrar.



Destinguida labradora galaicas,
que é o mellor recordo que deixou do tempo pasado;
eras fiadora, costureira e tecelá na súa aldea;
traballaba tamén de día no campo,
ou de maña camiñando coa cesta na cabeza,
levando os queixos, cos ovos cando vai para a feira,
e nas mans cargaba coas galiñas máis gordas,
e ofrecerllas e vendelas alí a quen as queira.



Cotío estaba coa roca no seo e o fuso na man todo o día,
de fiar na casa malpocada non deixaba,
na lareira estaba de noite sentada no tallo,
ó morno do calor dunhas brasas;
alí ?toconeaba? esperado que o caldo se quente
ou miña xoia fervendo as castañas,
e co sono que tiña quedaba durmida
a carón do lume onde estaba sentada.



¡Galega garbosa e tamén ben submisa...!,
tiña que estar moi cansada mullerciña bendita,
co traballo que facía na casa era moito;
e tamén coa labranza do campo que tiña,
máis coidando o seu gando no monte ou no prado,
e loitando para mante-la familia.



Chegaba sempre á súa casa coa risa na cara,
coa tenrura da alma sempre no seu peito estaba,
nos seus ollos coa doce mirada
e coa mel que poñían nas súas falas,
así se converte no tormento dos homes
só con ter que mirala.



E cando é un pouco máis vella
e despois que se casa,
coida ó seu home e os fillos na casa,
e a familia que teña a atende despois que traballa,
e así se converte nunha verdadeira santa.



Muller feiticeira e fermosa rapaza,
que nin de día nin de noite nunca descansa,
e fai de muller e tamén o traballo do home,
cando o seu marido emigra e para fora se marcha
se encarga do campo e tamén da súa casa,
cría ós seus fillo que ben quere e que sempre os ama .
os seus pais que xa son velliños
lle dá toda a súa tenrura e moi ben que os trata.



Naquel tempo pasado,
que gardaba o seu gando e ninguén lles pagaba;
Muxía as vacas de cría, que a leite lle daba;
coidaba as galiñas e os ovos xuntaba;
ía ó muíño de noite ou senón madrugaba,
e despois se marchaba á leira co carro e cos as vacas.



Segaban o centeo e estaba na malla;
criaba os seus porcos e estaba logo na matanza;
fiaba o liño que tiña e estaba nas tascas;
rapaba as ovellas e a súa la lle fiaba;
co fío tecía as medias e as mantas da cama;
de día collía as castañas no souto
e á noite as pelaba.



Debullaba o millo e ó muíño co grao na cabeza o levaba;
traía a fariña no saco e despois a peneiraba;
amasaba o pan na artesa que despois no forno cociñaba;
poñía o pote no lume e o caldo nel cociñaba;
ía ó prado correndo e a herba segaba;
nun goxo a poñía e con ela para a casa marchaba;
sen que ninguén lle pedira o prado coa auga do rego regaba;
folganza é unha cousa que na súa casa, nunca lle entraba.



Campiña galega, espallada polo campo adiante estaba,
con casa feitas de pedra e con leiras pequenas na agra,
cortiñas, prados e algunhas fragas;
con muíños nos ríos para alí correndo marchaba,
para moer todo o grao se levaba
e nas cortes da casa estaban as ovellas, os porcos e as vacas.



No curral están as galiñas e tamén o galo que canta,
a besta está no pendello,
co aparello, a cincha e a albarda;
e a muller galega traballando na corte, no campo e na casa,
o home nas leiras co carro, cós bois e coas vacas
que co xugo ben posto o carro levaban.



Xa chegaba o domingo e a vida para a muller en pouco cambiaba.
pola alba moi cedo, as campás dá igrexa de pronto soaban,
as mozas solteiras e as mulleres casada,
poñían o xustillo que tiñan gardado no sobrado da casa;
os zapatos dás festas cando se amañaban;
coas medias máis nova e coa mellor saía,
collían o camiño a carón da cortiña da casa,
e cruzaban rego que había na eira onde a roupa lavaban;
as lousas do camiño estaban frouxas e os zapatos embarraba,
coa auga que corría do rego as pernas se mollaban.



O tempo na igrexa coa misa logo pasaba,
o cura era vello e xa pouco falaba
e á saída da misa no atrio ó ?animeiro? estaba,
poxando a esmola que a xente entregaba.
Dúas ducias de ovos, uns poucos chourizos e dúas cuncas de graxa
e coas poxas que facía, pouco tempo tardaba.



A misa se acabou e as muller xa rezara,
se marcha de volta para a súa casa e novo encontraba
o traballo que tiña antes alí outra vez a esperaba,
facela comida e barrelo sobrado da casa
e no traballo ninguén lle axudaba,
e alí tiña a mesma labor que antes deixara.



No lavadoiro de volta a roupa a esperaba,
e volve a rega-las cebolas no prado,
e sega-la herba que ó gando cotío lle daba;
subía ó sobrado e facía as camas,
co xergón que era follas ou senón de palla;
a vaca Muxía e a leite a coaba;
a carón estaba a besta coa cría que alí a esperaba,
facía os chourizos e tamén as morcillas despois da matanza;
poñe-la leña no anllar para o lume, tamén lle tocaba.



Pelaba as castañas e tamén as patacas,
xa non queda máis para facer nesa casa;
e con todo o traballo que fixo mulida quedaba;
outra vez "toconeando" co sono na lareira
ou senón ó morno das brasas
e despois de comer as cuncas lavaba;
xa non tiña máis forza cando se deitaba.



Cada mañá comeza unha nova xornada,
co traballo do campo e loitar co da casa,
que á muller galega o ter que facer nunca lle falta.
e así foi a vida que tivo tódolos anos,
traballando na casa, traballando no campo, no prado,
tamén na labranza ou xuntando mariscos,
nas veiras do mar ou na parcela da praia;
para a muller galega non existe no tempo,
ningunha folganza.



Manolo La Pampa Argentina

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor bershky » sexta, 11 jul 2008, 16:22

Tamén témolo Manolo, no albúm das xuntanzas de Fillos.

Velaquí o enderezo

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor fridamarga » sexta, 11 jul 2008, 22:24

Manolo era um ser humano especial. A atenção e carinho que me despensou sempre, particularmente nos maus momentos que tenho vivido, serviu-me de grande alento para superar muita tristeza.
Choro a sua perda como um raio de sol que se apagou da minha vida...

À sua Companheira Nelly, um forte abraço solidário, neste momento tão dramático.
Sinto muito.
++++++++++++++++++++++++++
Margarida Santos ++ Lisboa ++ Portugal
++++++++++++++++++++++++++

grafondo
Mensagens: 23
Registado: terça, 06 set 2005, 04:53

Faleceu Manolo da Pampa

Mensagempor grafondo » sábado, 12 jul 2008, 14:23

Como ya dixe, a mí también me da tristura que Manolo no esté mais con nosco, aunque sólo lo haya visto personalmente una vez, cuando la xuntanza del 15 de julio de 2006 en el Centro Lalín, recién llegada yo de mi primer viaje para conocer Galiza.
Luego percibí la sensibilidad de su alma a través de hermosísimos mensaxes suyos que falaban de nosa amada Galiza y de nuestras costumbres y también intercambié con él amistosos saludos virtuales.
No tendremos su presencia, pero su alma estará entre nosotros en cada xuntanza que hagamos.
Hasta siempre, Manolo!!!
Unha aperta,

GRACIELA BEATRIZ FONDO BUYO
Betanzos - A Coruña
Barrio de Montserrat - Buenos Aires


Voltar para “Notas sociais dos membros de Fillos”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante