Página 1 de 1

España: severa ley contra los inmigrantes

Enviado: sexta, 30 out 2009, 11:17
por rubi

España: severa ley contra los inmigrantes

Enviado: sexta, 30 out 2009, 21:41
por judai3

España: severa ley contra los inmigrantes

Enviado: sábado, 28 nov 2009, 00:41
por pilarmabel
Aprobación definitiva
O Foro Galego de Inmigración considera intolerábel a Lei de Estranxeiría
Os colectivos a prol da igualdade de dereitos das persoas inmigrantes anuncian actos de protesta e sensibilización o 18 de decembro, Día Mundial das Migracións.
O Foro Galego de Inmigración lamentou a aprobación definitiva la Lei de Estranxeiría, por considerar que as achegas introducidas na súa tramitación parlamentaria son insuficientes. Segundo o foro, aínda que se amplían as medidas cautelares alternativas ao internamento e se estabelece a vixilancia xudicial concreta sobre os centros de internamento, \"mantense a intolerábel ampliación do tempo de estancia neses centros de 40 a 60 días\".
Para o Foro Galego de Inmigración, tampouco se introduciron melloras substanciais na garantía dos dereitos das mulleres inmigrantes que sofren violencia de xénero. Tamén lembra que a lei insiste en criminalizar as persoas inmigrantes en situación de irregularidade administrativa e mesmo as persoas que as axudan o que, segundo o foro, pode facilitar que esas persoas caian en mans de redes de explotación laboral ou de prostitución.
Actos de protesta e sensibilización
O 18 de decembro, Día Mundial das Migracións, o Foro Galego de Inmigración vai promover actividades en todo o país para amosar a súa oposición a este cambio na lexislación, e para seguir a sensibilizar e concienciar a poboación a prol dunha nova sociedade intercultural con igualdade de dereitos.
Fuente:http://www.vieiros.com
Pilar