Non che digo eu? se ata parezo bruxa!!!
Entro no diario A Nosa Terra e mira co articulo que me atopo.
Este Roda ( Alfonso Rueda), xa que estaba rodando por Venezuela, non tivo mellor idea que armar un \"acto\"? para os amigos do pp, e se ata lles mandou saúdos de don manuel, como para que se acordasen de cando o señor maior andaba \"repartindo\" saúdos por estas terras americanas.
Non digan que son eu a que busca, é que me atopan de facil ...
Alexandra Cachafeiro Camiña
Rueda preside un acto do PP na súa viaxe a Venezuela
Europa Press . O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, aproveitou a súa visita institucional a Venezuela para participar no I Congreso do PP nese país. O PSdeG censurou a mestura de actos gobernamentais e de partido nunha mesma viaxe.
O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou na súa viaxe a Venezuela que a Xunta \"seguirá apoiando\" os emigrantes galegos, \"a pesar\", segundo dixo, dos \"abusivos recortes\" que o Estado \"lle obrigou\" a facer á Xunta.
Na súa intervención no I Congreso do Partido Popular en Venezuela, Alfonso Rueda garantiu \"o compromiso\" cos galegos da diáspora ante, o que ao seu xuízo, supoñen os \"sablazos\" do Goberno central sobre este colectivo. A isto, engadiu que \"o modelo de Zapatero é nocivo\".
O actual conselleiro de Presidencia fixo fincapé \"nas diferenzas\" existentes entre o modelo económico do PSOE e do PP, para criticar que o Goberno central \"esprema o peto dos españois\" para seguir mantendo o tren de vida da administración\".
Neste sentido, subliñou que a actual Xunta aprobou a tarxeta sanitaria para os galegos emigrados \"poñendo fin á actitude do bipartito, que distinguía entre galegos de primeira e de segunda\". \"Non pode ser que un emigrante galego que visite á súa terra e vaia ao médico se sinta en Galiza como un estranxeiro\", recalcou.
No mesmo acto, Rueda felicitou o novo presidente do PP en Venezuela, Felisindo López, para desexarlle que siga traballando \"coa mesma intensidade\" que até agora.
Xunto a isto, o secretario xeral dos \'populares\' galegos aproveitou a súa visita a Venezuela para transmitirlles aos militantes venezolanos \"un caloroso abrazo\" do ex presidente da Xunta, Manuel Fraga, ao que Rueda se referiu como alguén que \"non consentiría nunca\" que o Partido Popular \"non respectase as súas propias orixes, ligadas á emigración\".
\'Clara volta aos tempos de Fraga\'
Nun comunicado, o PSdeG denunciou o feito de que o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, viaxe a Venezuela \"mesturando a actividade institucional e a súa como secretario xeral do PP de Galicia\". Neste sentido, alertou dunha \"clara volta aos tempos\" de Manuel Fraga, ex titular da Xunta.
O vicevoceiro do grupo parlamentario dos socialistas galegos, Xosé Manuel Laxe, anunciou \"a presentación urxente\" dunha interpelación na Cámara autonómica co obxectivo de que Rueda \"compareza e explique a viaxe\".
Dende o seu punto de vista, Emilio Pérez Touriño \"rematou coa mala práctica\" de \"mesturar\" actos da Xunta con actividade \"partidista\", pero agora Rueda e Feixóo “volven aos tempos de Fraga”, cando os dirixentes do PP “non sabían moi ben onde remataba a Xunta e onde empezaba o Partido Popular”.
Neste sentido, defendeu a \"necesidade\" de separar ambas as dúas actividades, \"ao igual que cando hai eleccións parece razoábel non facer actos institucionais\".
Ao seu xuízo, \"seguramente\" é necesario realizar un regulamento destas viaxes institucionais, para evitar, así, a \"tentación de mesturar\". \"Pero o que é imprescindíbel é o compromiso ético coa non utilización de fondos públicos para facer na mesma viaxe actos da Xunta e do PP\", aseverou.
http://www.anosaterra.org/nova/44789/ru ... zuela.html