Que se aclare o Bloque

Leis españolas sobre nacionalidade, emigración, trámites, estranxería, visados...
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor casdeiro » segunda, 22 out 2007, 09:47

Eu non entendo a os voceiros do BNG. Ao primeiro pensaba que eran os xornalistas que estaban a manipular a opinión desta organización sobre o dereito a voto e a nacionalidade dos emigrantes e nós, os seus descendentes, porque ate o de agora o único que puñan en dúbida ou que chegaban a criticar abertamente era o voto nas municipais, tema no que coinciden con opinións como a de Fillos de Galicia. Pero agora resulta que tamén nos queren quitar o dereito a voto nas autonómicas! A que veu esta cambio? Por que esta deriva? son globos sonda? Están por nos tourear? http://www.elprogreso.es/noticia.asp?se ... &id=348071

Quintana, aclárate dunha vez!!! :x

edreira
Mensagens: 106
Registado: domingo, 30 jun 2002, 23:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor edreira » segunda, 22 out 2007, 13:17

¡Quin!, ¡Quin!, ¡Quin!.....erras novamente.... :-//

Queremos circunscripción da emigracion no Estado e no Parlamento Galego.

O resto é facer cidadans de primeira e de segunda.

edreira
Mensagens: 106
Registado: domingo, 30 jun 2002, 23:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor edreira » quarta, 24 out 2007, 10:41

Séntese moita tristura ao ver que o nacionalismo galego, o mesmo nacionalismo que foi recibido cos brazos abertos na Arxentina, agora se poña a dicir que os emigrantes voten nas xerais, mais non nas Galegas.
O nacionalismo galego o que ten que facer é unha reflexión con moita profundidade, ninguén decide unhas eleccións do tipo que sexan. Se non tiveron unha política axeitada de cara a emigración que de unha vez comecen a facela.
O que verdadeiramente hai detrás de todo isto é o medo a perder forza, cos votos da emigración; teñen medo porque saben que na emigración están case como no ano 1989 en Galiza a nivel de porcentaxe de votos e pensan, de un xeito erróneo, que a mellor forma de non perder peso especifico e negarlle o voto a emigración nas eleccións galegas.
En vez de poñerse a loitar por unha circunscrición electoral da emigración para o Estado e o Parlamento Galego, dedícanse a buscar teorías moitas, delas do século XIX, desfasadas e antidemocráticas para xustificar como negarlle o dereito o voto os emigrantes nas eleccións galegas. O que verdadeiramente están conseguindo e poñer a uns en contra de outros.
So quero dicirlles os defensores desas teorías que o único que defenden é recoñecela súa incapacidade de facer unha política axeitada para os galegos da emigración e que non esquezan que son tan galegos como nos.
Se o Bloque decide seguir por ese camiño vainos atopar de fronte que non teña a mais mínima dubida e non por unha cuestión política, senón por unha cuestión democrática.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Que se aclare o Bloque

Mensagempor xestor » terça, 13 nov 2007, 19:50

Agora tamén o PP de Galicia comeza a dicir cousas raras. Hoxe puiden escoitar abraiado como o seu líder, Alberto Núñez Feixoo, dicía que non lle parecía ben que votase xente que nunca estivo en Galicia.

E dígolle eu:
- Parécelle ben, logo que vote un que viñera 1 ano de vacacións? Non? Pois cantas veces hai que vir? Canto tempo hai que pasar?
- Parécelle ben, en troques, que vote un galego que marchou con 5 anos de aquí para Arxentina?
- O feito de non visitar Bruxelas, quítame a min o dereito a votar nas eleccións europeas?
- Onde na constitución ou en calquera lei vixente en España se esixe a un cidadán español ter visitado ou residido en España para ter dereito a voto?

Moi fea a súa democracia, Sr. Fe(ixo)o! :x

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Que se aclare o Bloque

Mensagempor xestor » terça, 13 nov 2007, 20:01

casdeiro Escribeu:Pero agora resulta que tamén nos queren quitar o dereito a voto nas autonómicas!

Máis info sobre o tema:

El BNG propone a PSOE y PP que los residentes ausentes no puedan votar en autonómicas y municipales

Los nacionalistas abogan por incluir el CERA en el censo electoral para distribuir los escaños para las Cortes Generales



SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 (EUROPA PRESS)

El BNG propondrá a PSOE y PP limitar el derecho de votación de los residentes ausentes a las elecciones generales y europeas, con lo que no podrían participar en los comicios autonómicos ni en los municipales.

Así lo acordó hoy por unanimidad la Executiva Nacional del BNG, según confirmó su coordinador, Francisco Jorquera, quien avanzó que "esta semana" le trasladará a populares y socialistas el planteamiento nacionalista para reformar la legislación electoral en relación a los residentes ausentes.

Francisco Jorquera entiende que su participación "en comicios autonómicos sería anómala y antidemocrática", dado que forman un número muy numeroso que tendrían una influencia decisiva "sin mantener vínculos" con Galicia.

El Bloque también establece limitaciones para poder votar los no residentes a las generales o europeas, en este caso a los que naciesen o residiesen un mínimo de años en territorio español, siempre y cuando no tengan reconocido este derecho en el país de su residencia.

Por otra parte, Jorquera señaló que el BNG planteará "un cambio del actual sistema para que se cree una circunscripción electoral propia para los residentes ausentes en los comicios a las Cortes Generales".



CIRCUNSCRIPCION UNICA PARA EMIGRANTES.

No obstante, consciente de que esto requiere una modificación de la Constitución Española, apuntó que, mientras esto no se logre, la distribución de escaños entre las diferentes circunscripciones provinciales "debe hacerse en función del censo electoral, incluido el de residentes en el exterior y no del criterio de población de derecho".

Además, la formación nacionalista quiere "una equiparación efectiva" entre el voto interior y el exterior a través de la constitución de mesas y colegios electorales en el exterior y del voto por correspondencia rogado para quien no vote de forma presencial.

Finalmente, Francisco Jorquera afirmó que es necesario "regular la campaña electoral en el exterior" para que ningún partido en el poder "pueda conseguir ventajas". "Esta es una propuesta seria, razonable y los emigrantes tienen que ser los primeros interesados en que no puedan ser utilizados", concluyó.

franciscojob
Mensagens: 8
Registado: quarta, 21 dez 2005, 18:04

Que se aclare o Bloque

Mensagempor franciscojob » terça, 04 dez 2007, 01:43

Creo ser fundamental noticiar que el PSOE quitó en la Cámara de Diputados los 3 párrafos de la ley de adopción internacional que concederían nacionalidad a los nietos de emigrantes españoles. El proyecto que tramita en el Senado desde el 21 de noviembre del 2007 tuvo suprimidos por la Comisión de Justicia los párrafos 2, 3 y 4 de la disposición final primera. Fueron 5 meses de tramitación y esperanzas para nada. Eso es un descumplimiento de las promesas de campaña del PSOE (pocos meses antes de las elecciones). Los mismos electores que desde Argentina concedieron 1 escaño en Pontevedra (que le dió a Touriño la Xunta) deben de evaluar mejor su opción.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor yagui » quinta, 14 fev 2008, 02:35

Pra case tódalas forzas políticas o tema do voto emigrante é delicado. E paréceme que sempre imos continuar sindo "de segunda". Pérez Touriño, é dicir, o mesmo presidente da Xunta, xa dixo que segundo el, os emigrantes só deberían votar nas eleccións autonómicas porque segundo di o voto emigrante pode definir os resultados nalgúns concellos, e os emigrantes están lonxe de coñeceren a realidade concreta deles. Isto, pra min, malia que ten algo de verdade, xa é discriminar. Qué opinades respecto deste tema?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor casdeiro » quinta, 14 fev 2008, 09:45

Cando dixo iso Touriño? Agora a postura do PSOE é de que voten nas xerais (mesmo con circuscrición de seu) e nas autonómicas. Nas municipais non sei ben o que propoñen.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor casdeiro » quinta, 14 fev 2008, 13:06

Hoxe parei ollando para os carteis electorais do Bloque nas rúas: o lema é ben curioso "Contigo, Galiza decide!", e remarcan o "contigo" en vermello. Non podía senón cualificar de hipócrita esa palabra á luz de que non queren contar co voto emigrante e o cualifican de "cancro". Ou se cadra na Diáspora usan outro lema "Sen ti, os demais galegos decidimos" :-x

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Que se aclare o Bloque

Mensagempor yagui » quinta, 14 fev 2008, 17:31

Vinno pola TVG, foi o ano pasado en Bos Aires. Se fósemos poucos non habería problema penso eu, ao sermos moitos vivindo fóra, home...xa comezan a poñer restriccións


Voltar para “Lexislación que nos atinxe”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes