Página 1 de 3

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: terça, 01 jul 2008, 17:04
por casdeiro
A ver, guindo esta convocatoria oficial para todos os socios, membros e simpatizantes de Fillos de Galicia que vaian estar por Galiza nesas datas para nos xuntarmos o día 25, participar na manifestación coas bandeiras da , lucir as nosas camisetas celestes ou negras e pasar un bo día en compaña!

Quen se anima? ;-)

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quarta, 02 jul 2008, 13:28
por anamp
Ola a todos!
Pois eu, de novo non poderei estar... aproveito para contarvos a todos (algúns xa o sabedes) que un novo filliño de Galiza está a piques de nacer, e tenme un pouco "clausurada" e desconectada... non é nada, pero teño que estar na casa de repouso, e aínda que en teoría aínda faltan dous meses para o nacemento, este meniño rebuldeiro xa ten ganas de festa, así que calquera día vos dou a noticia de que xa está aquí!!!
Pero pensarei en vós o día 25. Ogallá todos os de fóra puidesedes estar en Compostela nun día tan especial...
Apertas!
Ana

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quarta, 02 jul 2008, 22:44
por lopez
Ana te deseo de corazon que este galleguiño venga con mucha salud, y nó te olbides de avisar cuando llegue. Apertas

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 11:26
por xestor
A ver, ho! Xa estamos a 24 e non temos confirmación de ninguén. Lémbrovos que teremos presenza "estelar" dunha socia e directiva recén chegada de Arxentina! ;-D Cando menos animádevos os que vivides en Compostela, carafio! ;-)

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 11:35
por anavilat
Bueno, parece que imos ser tres e medio...
O Brais haberá que ilo acostumando de pequeno ;)

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 12:56
por axav
Eu posso ir até Compostela e gosto de conversar sobre fillos. Para mim melhor combinarmos a primeira hora da tarde.
Atenciosamente,
Afonso Xavier.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 15:05
por sromero
Quen me dera poder estar en Compostela!
Espero que o disfruten.
Silvia

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 16:35
por mary556
Irmáns:
Non vos perdades a Xuntanza, neste día da nosa Galicia...
E coa boa compaña de Anavilat, Casdeiro e Brais, e mai-la Socia Mirtha, da Arxentina; e polo que lin, tamén de Axax...
Vós, que estades na terriña...¡Animádevos!
Eu veréino pola tele...
Miña nai, ¡cánta morriña!... Lembranzas da miña estada en Compostela,o ano pasado...Inesquecibles...
Coma sempre que lembro e vexo imaxes da miña terra, botaréi unha morea de bágoas...
Disfrutade moitísimo...O meu corazón, está convosco...
¡Viva Galicia!

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 16:38
por xestor
Grazas, Silvia. A verdade é que os que nos xuntemos habemos pensar en todos vós porque nos xuntamos precisamente porque existe esta comunidade, razón de ser das nosas amizades! :-)

Parece que nos imos xuntar ao final unha presada de Fillos. Polo que me din os que están afeitos a isto -para min vai ser a 2ª vez en Compostela nesta data, pero como se fose a 1ª porque a do ano pasado foi como non estar por diversas razóns- que pola mañá a cousa está moi enliada por mor da manifestación, á que penso que non asistiremos (a ningunha delas, porque haivos varias).

así pois vaise perfilando a tarde como momento máis probable. A non ser que algúns queirades xa quedar para xantar... e despois que se vaia unindo a xente, sería fermoso. Vós diredes.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 17:04
por xestor
Tamén has estar connosco, Mary, xa o sabes! Moitos bicos e bágoas tamén, pero das docísimas!! :-)

E coido que veremos a algún máis, xa verás. Estou esperando que me confirmen outros 3 ou 4 socios ou membros máis.