Página 3 de 3

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sábado, 26 jul 2008, 17:06
por xestor
Que pasada por auga, por certo! :-( Mágoa de tempo pero compensouse coa calor desta formidable xente que se nos uniu, estes casais tan faladeiros e estes nenos tan bule-bules :-D Mágoa que non todos puidésemos estar todo o tempo e que tivésemos que comer separados algúns por outros compromisos.

Non sabedes a ledicia de presentar e ver que fan tan boas migas os que levan tempo sendo non só compañeiros e socios senón amigos. E a especialísima ocasión de atoparnos todos nós por primeira vez con Mirtha, aínda que o tempo con eles fose taaan escaso. Onde te metiches pola noite Mirtha? Que concertos perdestes!!! Quempallou, Berrogüetto... e quedastes ao final sen escoitar a MasterGaita MIDI de Pedro Silva?

Menos mal que ides andar por aquí e nos volveremos ver seguro. A vindeira cita será en Antas de Ulla ou antes?

A Afonso Xabier esperamos tamén velo todos. Deixounos abraiados coma sempre coa súa cultura e carácter tan polifacético que o mesmo o facía conversar de construción, de software, de música, de literatura, de filoloxía... Sóubonos a pouco o tempo para tanto do que falar e tanta xente que se coñecía por vez primeira...

Espero que todos os que participaron me axuden a describir a tarde que compartimos.

Por certo, non quero deixar de dar as grazas aos que se desprazaron tantos quilómetros para esta ocasión tan especial: Inés & Juan, Afonso Xavier, Xosé Luís & Mari... Grazas de todo corazón! A ver cando nos xuntamos nas vosas terras. A vindeira será en Antas pero non podemos deixar de visitar pronto as terras de Muros e Carnota, e as de Coristanco... sen esquecer esa visita tan debida a Marisa cando volva do alén mar. Que xuntanzas non virá cotando! :-) Onte lembrámoste todo, Marisa. E a Marga, que nos enviou mensaxes e a Rosa coa que falamos durante o día.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: segunda, 28 jul 2008, 20:02
por bershky
Cheguei tarde dunha viaxe, sintoo. Non obstante, aínda que con retraso, quero compartir convosco un fermoso poema o noso Santiño.

Imagem

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: terça, 29 jul 2008, 10:13
por xestor
Subín ao noso álbume deste encontro, feitas coa cámara de Inés.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 07 ago 2008, 16:15
por xestor
Grazas a Martiño por nolas enviar. Tédelas .

Especial simbolismo, a da bandeira da , ao pé da parte posterior do monumento a Rosalía de Castro na Ferradura compostelá, símbolo do legato dos nosos emigrantes.