Página 2 de 3

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 17:26
por xestor
En caso de quedarmos para xantar, a zona de xantar do Festigal, polo que vin o ano pasado podería estar ben. O que pasa é que se chove (aínda que só sexa pola mañá) vai estar todo un pouco enbarruzado... :-(

ubicación: http://www.festigal.com/2006/web/info.php?idc=3
meteoroloxía: http://www.meteogalicia.es/galego/predi ... sp?idLoc=3

Máis actividades do Festigal en http://www.festigal.com

(Isto ten moi boa pinta para esa tarde, os que se animen! http://www.festigal.com/2006/web/info.php?idc=79 )

(E ás 7... Tino Baz ao vivo!!! http://www.festigal.com/2006/web/info.php?idc=79 ) :-D

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 17:53
por ccdlugo
Bo día de Galicia a todos!!

Eu celebrareino por vez primeira fóra da terriña. E dame unha mágoa!!! Estou traballando dende principio de mes en Olmedo (Valladolid) e aquí mañá é día laborable. Nada máis rematar a miña xornada marcho para alá, a refrescarme un pouco e disfrutar da terra.

Parece que a morriña fixo que hoxe atopará un sitio onde conectarme e poder desexarvos un bo día de Santiago e unha boa xuntanza dende a calurosa Castela.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 19:16
por xestor
Vaia, ho, Carme. Vasnos faltar mañá en Compostela! :-(

Tamén xa lles vale a estes vallisoletanos! Non é o Apóstolo patrón de España?! :-(

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 19:18
por xestor
...En fin. Para os que si poidades vir, parece que ao final a cita será inicialmente para xantar na zona do Festigal (ou noutro sitio se está moi mollado aquilo), e que despois se nos irá unindo a xente. Chamádeme ou mandádeme SMS para ubicar onde estaremos en cada momento.

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: quinta, 24 jul 2008, 23:21
por rubi
Nada en la vida me gustaría más que poder estar en Santiago el 25 para la Xuntanza, con todos los hermanos de Fillos.
Estaré con mi corazón puesto alli, junto a ustedes....
¡¡¡ Que pasen una hermosa fiesta de Santiago Apostol !!!
Un abrazo enorme desde Buenos Aires....

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sexta, 25 jul 2008, 08:05
por crisanto
Ola a todolos fillos: Eu tampouco estarei en Santiago, pero hoxe irei a unha das "provincias" galegas preto de aqui: SESTAO. Alí van facer unha festa ben grande (coma todolos anos), tentarei darxe acougo esta morriña que levo dentro. Ledicia, pois; aledémonos todos neste día do noso Señor Santiago. E ós que podedes estares preto do Apostol disfrutade da sua compaña.

Parabens para todos os Fillos de Galicia.

Moitísimas apertas e biquiños a todos-as

Fernando

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sexta, 25 jul 2008, 10:46
por xestor
Aínda que teñamos tristura polos que xa non o poden celebrar connosco, terémolos no noso pensamento neste día: Manolo, Xulio, e moitos dos nosos pais, avós, tíos... todos eses devanceiros que nos trasmitiron a galeguidade e que hoxe, máis ca nunca, están connosco.

Boa celebración do Día de Galiza a todos os galegos do mundo!

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sexta, 25 jul 2008, 18:29
por perdiz
CENTRO ESPAÑOL Y REPATRIACIÓN DE SANTOS
PEÑA GALEGA

FELIZ DIA DE GALICIA PARA TODOS
VIVA SANTIAGO

http://www.centroespanholdesantos.com.b ... php?cod=20

perdiz

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sábado, 26 jul 2008, 13:31
por jorgegustavot
¡Si Si! Dios fixo esta encantada
terra pra vivir e gozar,
pequeno pariso esta é un remedo
do que perdéu Adán.
Este prácido sol que nos aluma;
estes aires do mar;
este tempre soave, estas campías
que non teñen igual,
esta fala mimosa que nós temos,
de tan dose solar,
que non sabe decir sinon cariños
que hastra os corazón van;
esta terra, n¨hai duda...,Dio-la
fixo para ser amada e amar
¡Ei, Galicia,a que dorme soños de ánxel,
e chora ó despertar.

Rosaliade Castro 1837 - 1885

FELIZ DIA!!!!!

Xuntanza en Compostela o 25 de Xullo

Enviado: sábado, 26 jul 2008, 16:58
por xestor
Xa se poden ver as primeiras fotos da Xuntanza Compostelá do Día de Galiza .