Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Lugar para anunciar xuntanzas de membros de Fillos e outras xuntanzas de galegos-as no mundo.
lluc
Mensagens: 30
Registado: sábado, 10 jun 2006, 17:35

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor lluc » sexta, 26 out 2007, 15:08

Olá, moi boas. Gostaíame ir a Chantada, mais non pode ser, pola longa distancia desde a miña casa a castañazo rock.


Cuando el corason se parte, se le dice: Castañazo Rock

X-D

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor fridamarga » sexta, 26 out 2007, 17:01

;-) ;-) ;-) ;-) ;-)
Só de perceber o vosso entusiasmo, pincho de alegria!
e
roo-me de inveja! }:-) ...., mesmo correndo o risco do Albo me chamar de "brava enxebre".. ;-)

Não te amofines, Ana! Às 11h é que os "motores" já aqueceram...e começa a braveza de arromba...!

(Daniel, leva uma tenda de campismo p'ra não perderes o mais bravú da festa!)

Desejo-vos uma brava juntanza, de grande braveza, c'os mais bravús de todos os bravús.

Apertas a todos os "Bravús"!

marga

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor esteirana » segunda, 29 out 2007, 11:48

Nós poderemos estar en Chantada durante o día. Non podemos quedar pola noite :-(

Anavilat, xa me gustaría poder contar co pequeno para a xuntanza de Fillos de Fillos, pero ainda é moi cativo para a troula da noite. Hai que agardar un pouquiño.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor anamp » quarta, 31 out 2007, 13:58

Ese é o meu problema tamén. A xuntanza de Fillos de Fillos haina que facer de día. De momento. Todo chegará!

antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor antas » domingo, 04 nov 2007, 13:57

Finalmente, nunha noite climatoloxicamente fria pero musicalmente intensa (non sei bravú, folrock ou rockfolk -percibín de todo-); fomos 4 os xinentes que cabalgamos sobre das ondas do pentagrama do Castanhazo de Chantada.
Casdeiro, o máis madrugador en chegar. Por fin coñecémonos despois de varios intentos frustrados.
Lebesende, o segundo en acampar no mercado gandeiro chantadino.
Anavilat, excelente representante do colectivo femenino de Fillos que nos agasallou coa sua magnifica sonrisa.
Antas, o que suscribe. Todo un pracer poder estar alí. Mágoa que empezasen tan tarde e non poder disfrutar máis tempo da vosa compañía.

(Pola tardiña estivo tamén Alex, ó que non tiven ocasión de coñecer, xa que non puido quedar á noite).

Un saúdo para todos os ausentes!!!

(Hai testemuñas gráficas. Máis adiante haberá ocasión de que as poidades ver)

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor xestor » segunda, 05 nov 2007, 09:46

Velaquí tedes . Grazas por enviares a primeira crónica.

En canto ao apartado musical houbo máis grupos de previsto e houbo boa parte do concerto no que cun intercambio de membros en escenario nun momento estabas vendo aos Tres Trebóns, e de súpeto eran os Papaqueixos, e despois os Diplomáticos, e desposi os Cuchufellos... Especialmente intenso foi para os chantadinos a reaparición despois de 9 anos dos Rastreros, que homenaxearon ao seu desaparecido membro Xullo, cuxo nome foi coreado polo público.

Outro momento emocionante foi cando alguén na primeira fil sacou un cartel no que estaba escrito "Morreu Fraga" :-D

Pero a emoción de verdade foi o encontro en persoa con socios que non coñecía malia súa veteranía na nosa comunidade e na nosa asociación: Lebesende e Antas (e as súas feitísimas dona e filla -a máis bravú de todos nós malia a súa curta idade!).

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor casdeiro » sábado, 10 nov 2007, 19:17

E non quero deixar de agradecer, aínda que sexa con retraso a por nos invitar á cea aos que andabamos por alí á hora de cear, axudándonos a entrar en calor co picante do polbo e mais co viño, e mais a por facer -unha vez máis!- de carrexadora deste desmotorizado servidor! :-D

E vou tentar subir algunhas fotos máis, que teño por algures...

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Convocatoria Bravú: Chantada 3-nov

Mensagempor anavilat » domingo, 11 nov 2007, 04:33

Ehhhh!!! E certo, nin as grazas lle demos a Lebesende!!! Menudos dous!!!!
Non me tes que dar as grazas!!! Xa che pasarei a factura!!! ;-)
Chuchos.


Voltar para “Xuntanzas”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes