Página 1 de 2

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 03 dez 2003, 13:36
por xonxa
Como xa vistes no asunto, son Vanesa de Salvaterra de Miño. Levo xa un tempo seguindo as mensaxes de Fillos pero a verdade é que non me presentei nin teño moito tempo para escribir algo, pero sempre vos sigo.
Hoxe quixen presentarme máis que nada por se polo lugar onde vivo lle podo ser útil a alguén que estea procurando á súa familia galega.
Eu teño familia en Arxentina e Brasil. Coa de Brasil (descendentes de Antonio Ojea Gándara) non teño contacto, pero gustaríame atopalos.
En Arxentina hai unha parte da familia coa que non teño contacto, pero sí teño contacto con outra parte coa que intercambio información sobre Galicia, e milleiros de fotos antigas e recentes da familia. Cada carta ou cada mail é unha nova emoción.
Gracias por terme recibido nesta comunidade.

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 03 dez 2003, 14:37
por marisalvar
Pois encantada de coñecerte, Vanesa.
Non sabes canto me gusta ver que hai en Fillos moita máis xente que vive en Galicia do que eu pensaba.

É que estabades moi caladiños ;-)...

¿Non che apetece vir á Xuntanza do 28 de Decembro?


Unha aperta dende a Fonsagrada.

Marisa

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 03 dez 2003, 14:47
por antoniorey
¡Benvida Vanesa!

Fixeches moi ben en escribir estas verbas, agora xa sabemos que estás entre nós :-)

Gracias polo teu ofrecemento de axuda.

Quizais algún "fillo" de Brasil poida botarte unha mán para atopar aos teus...

Ata logo.

Antonio José Francisco Rey.
Fillo de Galicia en Bos Aires.
antomar@ciudad.com.ar

Polo futuro de FILLOS DE GALICIA:

¡ A C T Ú A
A G O R A !

+ info ->

http://www.fillos.org/fillos/colaborar/ ... fillos.htm

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 03 dez 2003, 15:27
por esteirana
Benvida Vanesa,

Alédame que te presentaras a comunidade. Ogallá e todos os "caladiños" se animaran a facer o mesmo.

Eu tamén espero que atopes aos teus familiares na outra beira do mar.

Saúdos desde Nova Iork.
Inés

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 31 dez 2003, 04:47
por xonxa
Ola Marisa, eu tamén estou encantada de poñerme en contacto contigo, xa que ó igual que ós outros, tamén levo seguindo as túas andanzas e axudas dende fai tempo.
Perdoa pola tardanza da resposta pero non puiden ver o correo ata hoxe. Xa é un pouco tarde para o da xuntanza, aínda que eu xa pensara en ir pero finalmente non podía, por iso xa non dixen nada.
Saúdos.

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quarta, 31 dez 2003, 07:11
por marisalvar
Non importa, Vanesa... Agora coas festas todos andamos algo liados.

Espero que poidas vir á proxima xuntanza que organicemos, que supoño que será aló pola primavera. Daquela os días son máis longos ¡, para que vos dea tempo a vir a Lugo a todos ( eu sigo insistindo en facer unha en Lugo)

Que pases unha feliz Noitevella e que o 2004 sexa un ano feliz. Ë o me desexo para ti e para os compañeiros deste Taboleiro.

Unha aperta

Marisa

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: quinta, 01 jan 2004, 10:09
por mdieguez
Oi Vanesa

meu nome é Marcia e sou do Brasil.
Minha avó materna chamavasse María Gándara Casares e infelizmente eu não a conheci pessoalmente. Ela morreu em 1944. Mais a marca dessa galega pequeniña de metro e meio foi tão forte que seus ditos e ensinamentos se estendem até as gerações atuais.
Ela veio só para o Brasil e não conecemos nenhum familiar que leve esse apelido morando no Brasil.
Pode até ser que existam e nós não o conhecermos.
Minha avó era de Xinzo de Limia , provincia de Ourense , de um pueblo chamado Ganade.

Seja bem vinda

Marcia Dieguez

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: sexta, 02 jan 2004, 10:24
por antas
Pois eu quero unirme tamen a ese chamamento para que tódolos "caladiños" da nosa irmandade ergan as suas voces e nos falen como fixo Vanesa.
Tamen participo da ledicia de Marisa por saber da existencia de tantos galegos que nos van seguindo.

Benvida, Vanesa, e non deixes de seguir participando conosco.

Unha aperta dende Antas de Ulla

Xosé Luís Santiso
Socio nº 58 de Fillos de Galicia

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: sexta, 02 jan 2004, 11:09
por loreley
Hola Vanesa!!!.- ¡¡¡Benvida!!!.- Mi nombre es Mirtha y te diré que tengo el placer enorme de ser amiga personal del Presidente de la Sociedad Salvatierra de Miño de la Ciudad de Buenos Aires, donde vivo.- Su nombre es Ricardo Domínguez y si necesitas algo de aquí, pues nada, estoy para colaborar.- Un abrazo para tí y para tu tierra, la que conozco y me gusta.- Mirtha.-

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Enviado: sábado, 14 fev 2004, 15:47
por xonxa
Olá Marcia: Desculpa que tardara tanto en respostar!!! Graciñas pola benvida. A pesar de que eu busco alguén co mesmo apelido que a túa avoa, sei que realmente non temos lazos familiares porque a túa avoa procedía doutra provincia galega, pero eu estou encantada de coñecerte e de poder unirme a este gran clube de amigos.