Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Deixa aquí a túa mensaxe para te presentares ao resto da Comunidade.
xonxa
Mensagens: 17
Registado: quarta, 18 jun 2003, 23:00

Vanesa Martínez Ojea, dende Salvaterra de Miño (Pontevedra)

Mensagempor xonxa » sábado, 14 fev 2004, 16:01

Ola Mirtha: desculpa que teña tardado tanto en respostar, pero a verdade é que os exames e os estudios son desas cousas que non poden esperar e teñen boa parte da culpa de que non poida escribir máis a miúdo, aínda que a mensaxe xa a vin fai un tempo.
En primeiro lugar teño que agradecerche a benvida. E en segundo lugar teño que dicir que a túa mensaxe me chamou un pouco máis a atención porque me comentas que coñeces persoalmente ó Presidente da Sociedade Salvaterra de Miño en Bos Aires. Supoño que nos estaremos referindo á mesma Salvaterra porque eu a verdade é que non coñezo outro pobo co mesmo nome.
Sorprendeume un pouco porque a pesar de que sei que en Arxentina hai moitas asociacións galegas, e de moitos pobos distintos, nunca tivera noticias da existencia dunha do meu pobo. Eu teño contacto con familia de Arxentina, concretamente coa neta do irmá e da irmá do meu bisavó e da miña bisavoa respectivamente (xa sei que é difícil de entender, pero eran dous irmáns que se casaron con dúas irmás). Ben pois como ía dicindo, teño contacto con ela e eu envíolle moita información do noso pobo e de Galicia en xeral porque ela non o coñece, pero nunca me mencionou esta asociación, aínda que seguro que nin ela mesma a coñece. Tampouco nunca tivera noticias dela a través de internet.
A verdade é que me gustaría ter contacto co seu presidente se el estivese interesado, pero non quero molestar, nin a ti nin a el e se non pode ser non pasa nada.
Eu tamén son membro da directiva da agrupación de baile folclórico e de gaitas do noso pobo, e a verdade é que sería formidable poder facer un intercambio cultural con esta asociación, pero isto só é unha idea persoal miña xa que a economía non está para tal desplazamento. Xa se sabe que para cultura non se invirte demasiado así que...!!!!
Ben, como vés eu escribo poucas veces, pero cando o fago, creo que consigo aburrir. Espero que o aburrimento non fora demasiado.
Bicos
Vanesa


Voltar para “Presentacións”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante