presentación

Deixa aquí a túa mensaxe para te presentares ao resto da Comunidade.
xubin
Mensagens: 1
Registado: domingo, 24 ago 2003, 23:00

presentación

Mensagempor xubin » domingo, 07 set 2003, 14:23

PRESÉNTOME: Ola, chámome Isaac Xubín e vivo en Pontevedra, pero dentro duns meses terei o meu fogar en Euskal Herria, en Bilbo. Son novo neste xigantesco grupo de galegos. Espero pasalo ben entre vós e compartir información de todo tipo.
deica outra

saúde e república
Isaac Xubín
Última edição por xubin em sábado, 08 nov 2014, 20:50, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

presentación

Mensagempor marisalvar » segunda, 08 set 2003, 13:07

Ola Isaac : Eu son Marisa, son o socio nº 43 da A.C. Fillos de Galicia e vivo na Fonsagrada (Lugo), pero vivín en Pontevedra e Marín fai algúns anos (xa preto de vinte) e ás veces teño morriña e volvo por ahí. Estiven a última vez polo primeiro de Maio.
Tamén espero que o pasarás ben connosco e que poderás aprender moitas cousas aquí como me está pasando a min.

Unha aperta

Marisa
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 20:50, editado 1 vez no total.

esteirana
Mensagens: 238
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

presentación

Mensagempor esteirana » segunda, 08 set 2003, 14:49

Benvido Isaac,

Eu son Inés, tamén membro desta comunidade virtual, unha compañeira máis da lista Fillos-L, e socia 4 da Asociación Cultural Fillos de Galicia. Axiña te atoparás con máis galegos que nos escriben desde Euskadi. Espero que te sintas a gusto entre nós.

Saúdos desde Nova Iork,
Inés
Última edição por esteirana em sábado, 08 nov 2014, 20:50, editado 1 vez no total.

antoniorey
Mensagens: 287
Registado: terça, 19 fev 2002, 00:00

presentación

Mensagempor antoniorey » segunda, 08 set 2003, 15:28

Ola Isaac:

Pola maxia de Fillos, tres galegos danche a benvida: A Fonsagrada, Nova Iork, Bos Aires... en calquera lugar do planeta onde viva un galego, pois alí está a nosa terra.

Unha aperta.

Antonio José Francisco Rey.
Socio N°5 da Asociación Cultural Fillos de Galicia
Bos Aires - Arxentina
Última edição por antoniorey em sábado, 08 nov 2014, 20:50, editado 1 vez no total.

leidat
Mensagens: 22
Registado: sexta, 31 mai 2002, 23:00

presentación

Mensagempor leidat » quinta, 11 set 2003, 12:13

Olá Isaac!

Bem-vindo a nossa comunidade!


Leida Taboada
Brasilia, Brasil
leidat@yahoo.com.br


Voltar para “Presentacións”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante