Unha presentación moi especial

Deixa aquí a túa mensaxe para te presentares ao resto da Comunidade.
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha presentación moi especial

Mensagempor cachafeiro » segunda, 31 ago 2009, 00:09

Esta é unha presentación moi especial para min, porque esta acompañada dun recoñecemento.
Moito falei aqui da miña familia, e das penurias que pasaron na súa terra.
Isto é un recoñecemento ás súas loitas, soños inconclusos e desterro.
E tambien o meu agradecemento eterno a Dionisio Pereira e Ruy Farias, por darlles un pouco de xustiza ás súas vidas.
Este é o meu pai: (o mozo bonitiño da foto)
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/18571/

O irmán do meu pai:
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/19923/

A miña avoa materna
http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/11946/


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Unha presentación moi especial

Mensagempor rubi » segunda, 31 ago 2009, 12:08

Querida Alexandra: al ver en Nomes e Voces los nombres de tu padre, tío y abuela, con una pequeña reseña de lo que le sucedió a cada uno de ellos, sentí que seguramente no se mitiga el dolor y el sufrimiento que padeció tu familia durante la Guerra Civil, pero al menos es (como tu dices) un reconocimiento a sus luchas, al hecho de haber ofrendado su vida en pos de la libertad de su tierra.
A partir de ahora, ellos ya quedan en la historia para siempre y tú seguirás en la tarea que comenzaste por lograr una reparación moral para todas las víctimas de la dictadura franquista...

Un abrazo enorme, tu amiga

Rubí
Buenos Aires-Argentina

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha presentación moi especial

Mensagempor cachafeiro » segunda, 31 ago 2009, 14:09

Moitas grazas querida amiga Rubí, non esperaba menos de ti.
A loita para o "non esquecemento" das nosas vitimas é longo e penoso, pero o gratificante é que somos moitos os que estamos nisto, e ti tamén formas parte deses "moitos".
Una grande aperta AMIGA!!!!


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

Unha presentación moi especial

Mensagempor coordfillos » segunda, 31 ago 2009, 17:47

Grazas por compartires esas ligazóns, Alexandra. Non é que poidamos coñecer en realidade ás vítimas da túa familia nin o sufrimento que pasaron pero os que tamén sufriron nas súas unha represión semellante seguro que hoxe se sinten un pouco máis cerca de ti.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha presentación moi especial

Mensagempor cachafeiro » segunda, 31 ago 2009, 18:19

Moitas grazas polas túas palabras Manuel.
A idea de publicalo é que todos aqueles que aínda seguen reclamando xustiza, saiban que hai un grupo marabilloso de persoas, que estan traballando para devolverlles ás nosas familias a dignidade á loita que eles encabezaron e que un grupo de fillos de puta queren deixar no esquecemento.
Nin esquecemento nin perdón: Xustiza e castigo!!


Alexandra Cachafeiro Camiña

mariab
Mensagens: 41
Registado: quinta, 04 jan 2007, 10:49

Unha presentación moi especial

Mensagempor mariab » domingo, 20 set 2009, 21:41

Grazas, Alexandra, por compartires a historia da túa familia. Non quero nin imaxinar o que pasaría o teu pai até chegar á Arxentina.

Afortunadamente hai xente que está traballando na recuperación da nosa memoria histórica, por moitos obstáculos que se lles poñan.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Unha presentación moi especial

Mensagempor cachafeiro » domingo, 20 set 2009, 22:04

Moitas grazas a ti, Mariab, polas túas fermosas palabras.
Meu pai tivo que cruzar os Pireneos camiñando, como tantos miles.
Estivo nun campo de refuxiados, como tantos miles.
Entrou ao exercito de Francia para non ser deportado á morte, como tantos miles.
A historia do meu pai é unha máis das miles que se queren deixar no esquecemento e sen xustiza.
Pero hai persoas que fan que a pena desbasta un pouco menos, polo traballo e o amor que pon para darlle identidade a nuestos heroes.
Unha grande aperta!!!

Alexandra Cachafeiro Camiña

xandrabilbao
Mensagens: 5
Registado: quinta, 24 set 2009, 11:32

Unha presentación moi especial

Mensagempor xandrabilbao » quinta, 24 set 2009, 12:04

gracias por compartir esto con nosotros
un saludo


Voltar para “Presentacións”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante