Visas de entrada aos EUA

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Visas de entrada aos EUA

Mensagempor frank954 » domingo, 26 mai 2002, 08:21

Unha odisea lograr visa para EU
KETTY RODRIGUEZ
O Novo Herald


OS ARXENTINOS entre os mais afectados.


Cada dia, os consulados e embaixadas de Estados Unidos en Latinoamérica impoñen restriccións mais severas para negar visas de turistas a mis de persoas que queren viaxar por negócio ou pracer, espécialmente desde paises como Arxentina, Venezuela e Colombia --impedindo, mesmo, a entrada de persoas con un longo historial de viaxes--, como unha forma de controlar o éxodo destas nacionalidades cara acá.

A pesar de que o Departamento de Estado dixo que os requerimentos para obter unha visa de visitante (B-1/B-2) son os mesmos e non mudaron desde a traxédia do 11 de setembro --a excepción dos paises declarados como terroristas--, en nacións onde existen graves crises económicas, inestabilidade política ou guerras internas a pouca probabilidade de obter unha visa de turista se fai moi palpábel.

""Os requerimentos para obter unha visa de visitante son os mesmos, pero no caso de Arxentina, por exemplo, onde hai unha situación económica difícil, son poucas as persoas que califican"", dixo Edward Dickens, voceira do Departamento.

""Moitos [arxentinos] tratan de sair coa intención de vir a Estados Unidos para traballar, e moitos nen siquieira teñen o diñeiro para mercar o boleto aéreo"", dixo Dickens.

Nestas circunstancias, os arxentinos convertense no que eles chaman ""refuxiados económicos"", condición que os descalifica para obter visa de visitante por pracer ou negocio.

En febreiro, Arxentina foi excluída do Programa de Isención de Visas baixo a premisa de que moitos ""abusaron e tentaron valerse do programa"" para permanecer ilegalmente en Estados.

Para Michael Feldenkrais, un advogado de imigración con bufete en Miami, todalas embaixadas estadounidenses en América Latina puxeron man dura para limitar as visas, sen importar o historial de viaxes, nen os recursos económicos ou bens da persoa que as solicitan.

Está o caso dunha venezolana, que pediu non se revelase a sua identidade, a a embaixada norteamericana en Caracas lle negou a visa de turista, sen tomar en conta os 20 anos que en forma consecutiva viaxou a Estados Unidos sen ter violado nengunha disposición inmigratoria. Ademais, ten un sólido suporte económico ao ser dona dunha cadea de tendas en Venezuela.

""O único problema que esta señora tiña é que viaxaba moito a Miami, e iso semelloulle suspeitoso ao oficial de imigración en Estados Unidos, que considerou que tiña intencións de emigrar"", dixo Feldenkrais.

Carmen María Medina é outra venezolana de 29 anos a quen fai pouco a embaixada norteamericana tamén lle negou a visa, porque considerou que a xoven, que é solteira, se podia ficar ilegalmente en Estados Unidos.

""Eu só queria pasar unhas férias sen intención de me ficar "", dixo Medina, quen está próxima a receber a sua licenciatura en ciéncias da computación e é empregada a tempo completo na Universidade Francisco de Miranda en Venezuela.

As razóns para dar ou negar unha visa para viaxar a Estados Unidos semellan mudar dunha persoa a outra e dependen da discreción dos funcionários diplomáticos.

""A entrada a este país non é un direito, se non un priviléxio"", dixo Feldenkrais, para quen houbo ""trocos drásticos"" na política da embaixada norteamericana en Venezuela.

""A cercanía de Chávez con Castro ten moi alerta aos funcionários norteamericanos, porque temen que a través de Venezuela podan entrar espias cubanos ou posíbeis terroristas"", agregou o letrado.

Sen embargo, un matrimónio de ancianos venezolanos xubilados conseguiu ""con moita facilidade"" visa para vir a Miami. ""Non tivemos nengun problema; case non nos preguntaron nada e todo foi moi fácil"", dixo María Hernández, quen viaxa a Estados Unidos por primeira vez.

En Colombia a situación para conceder unha visa de turista semella ser mais estrita ainda. ""As restriccións viñeron aumentando desde fai uns anos; hai moitas travas para renovar unha visa e os requerimentos son moitos"", dixo o advogado de imigración Rodrigo Vilar.

""Se hai unha mínima suspeita, se a persoa se pasou --ainda que sexa un só dia-- na sua estadía anterior, se o solicitante ten un familiar en Estados Unidos, corre o risco de que lle neguen a visa"", explicou Vilar.

Xerardo Galvis, un bogotano de 46 anos que estivo viaxando a Miami durante mais de duas décadas, está amolo porque lle baixaron a un máximo de 5 anos o tempo no seu visa de turista.

""Sempre tiven visa de 10 anos de duración, e agora ma mudan sen tomar en conta os anos que viaxei a este país"", dixo Galvis, un empresario que ven a investir no sur da Florida pero que segura non ter intencións de se ficar a viver aqui.

""A situación se voltou tan difícil que agora están a conceder visas con un máximo de 2 anos, e son poucos os casos de 5 anos"", dixo Vilar.

Os colombianos son o grupo de latinoamericanos que mais emigrou Estados Unidos e pediu asilo nos últimos anos, como unha forma de escapar do horror de grupos guerrilleiros, paramilitares e o narcotráfico.



Franklin Blanco

Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes