Cuba e Terrorismo Internacional

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Cuba e Terrorismo Internacional

Mensagempor frank954 » quarta, 22 mai 2002, 14:19

Cuba volta á lista de patrocinadores do terrorismo

Agence France Presse

WASHINGTON

O gobernante cubano, Fidel Castro, considera que o terrorismo é ""unha prática revolucionária lexítima"" e por iso a illa é considerada por Estados Unidos como un dos sete Estados que auspician o terrorismo, indicou onte o informe anual do Departamento de Estado sobre as tendéncias do terrorismo global no 2001.

O ano pasado, Castro ""continuou vendo ao terrorismo como unha táctica revolucionária lexítima"" a pesar de que Cuba asinou a convición antiterrorista das Nacións Unidas, sustivo o informe.

O Departamento de Estado lamentou que o goberno de Cuba siga permitindo morar na illa a alomenos 20 membros da ETA como ""convidados privilexiados"", e que ofereza ""certo grau de refúxio"" ás guerrillas colombianas das Forzas Armadas Revolucionárias de Colombia (FARC, marxistas) e ao Exército de Liberación Nacional (ELN, guevarista).

""Vários fugitivos estadounidenses seguen vivendo na illa, incluída Joanne Chesimard, requerida polo asasinato dun policia de Nova Xersei en 1973 e vivendo como convidada do rexime de Castro desde 1979"", sinalou.

Se ben Washington recoñeceu que A Habana non criticou o uso da base de Guantánamo, onde están detidos suspeitosos de terrorismo capturados en Afganistán, sinalou que Castro ``continuou denunciando o esforzo global antiterrorista mesmo afirmando que Estados Unidos tiña como branco intencional a nenos afganos e hospitais da Cruz Vermella"".

""Desde o 11 de setembro, Fidel Castro vacilou na guerra contra o terrorismo. En outubro, calificó a guerra antiterrorista liderada por Estados Unidos como "peor que os ataques orixinais, militarista e faxista""", indicou o informe.

Os demáis paises acusados por Estados Unidos de auspiciar o terrorismo son Irán, Irak, Libia, Corea do Norte, Síria e Sudán.

En total, durante o 2001, os ataques terroristas causaron un número sen precedinte de mortes: 3,547, perto de 90 por cento nos ataques do 11 de setembro en Nova York, Washington e Pensilvania, informou o Departamento de Estado.










Franklin Blanco

Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes