EUA e mais Terrorismo

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

EUA e mais Terrorismo

Mensagempor frank954 » domingo, 19 mai 2002, 07:33

Ameaza de maior ataque terrorista

JAMES RISEN e DAVID JOHNSTON
The New York Times
WASHINGTON

GEORGE W. BUSH

As agencias de intelixéncia norteamericanas interceptaron durante os últimos meses unha tenue pero inquietante série de comunicacións entre operativos de Al Qaida que indican que a organización terrorista está a tratar de levar a cabo unha operación tan grande ou maior mesmo que os ataques terroristas do 11 de setembro, segundo autoridades de intelixéncia e de outras axencias gubernamentais.

Pero á igual que as ameazas do verán pasado deixaron ás analistas de contraterrorismo facendo suposicións sobre as intencións de Al Qaida, e crendo que o ataque pudese levarse a cabo en ultramar, as novas interceptacións son tan xerais que deixaron ao presidente Bush e ao seu equipo contraterrorismo sen información sobre a data, lugar ou método do que algunhas autoridades califican como unha segunda oleada de ataques. Como resultado diso, o goberno se ve eséncialmente limitado a tomar amplas medidas defensivas.

""De novo non son específicas -un tercio non específicas encanto ao momento, e non específicas encanto ao lugar"", dixo un alto funcionário da administración.

Os funcionários compararon as mensaxes interceptadas, que descreberon como crípticos e ambíguos, co patrón dos detectados a primavera e princípios do verán pasados, nos cais tamén se escoitou a operativos de Al Qaida falar sobre unha grande operación. Estes sinais se encontraban entre as evidéncias que as axencias de intelixéncia lle apresentaron ao presidente Bush en agosto sobre a posibilidade dun ataque iminente contra Estados Unidos.

O alto oficial dixo o venres que a cantidade de datos de intelixéncia relacionados con outro posíbel ataque, en Europa, a Península Arábiga ou Estados Unidos, aumentara durante o último mes. Alguns deses dados provienen de entrevistas con combatientes capturados en Afganistán.

Pero a pesar do desmantelamento das operacións de Al Qaida no mundo
despois do 11 de setembro e a pesar dun maior investimento de fondos e trocos nos recursos para as operacións contraterroristas, os oficiais estadounidenses din que non foron capaces de armar completamente todas as pezas sobre os planos de Al Qaida.

""Simplesmente se fala moito diso no sistema outra vez"", dixo o oficial. ``Estamos a investigar isto activamente e tratando de saber o que está a pasar aqui"".

Enfrentando unha intensa crítica nos dias recentes sobre a información de que unha série de posíbeis pistas sobre os planos de Al Qaida pasou inadvertida nos meses que precederon aos ataques do 11 de setembro, os oficiais din que se fixeron trocos significativos na forma en que se trata e se dá a coñecer a información de ameazas entre as altas esferas da administración Bush.

Por primeira vez agora, a CIA e o FBI comparan notas sobre todas as informacións de ameazas terroristas que chegan cada dia, filtrando a intelixéncia a través que eles chaman unha ""matriz"" analítica para determinar cuál das ameazas é mais creibel e merece mais atención. O seu reporte diário sobre ameazas é distribuída aos principais lexisladores, entre eles o director de seguranza nacional da Casa Branca, Tom Ridge. Isto proporciona unha estrutura para os debates entre os principais funcionários sobre a emisón de adverténcias públicas sobre a ameaza.

O presidente Bush tamén recebe agora informes sucintos diários procedintes da CIA e do FBI. O director da Axencia Central de Intelixéncia, George J. Tenet, e Robert S. Mueller III, o director do FBI, están presentes frecuentemente durante esas sesións coa Casa Branca. Desa maneira, cada axencia ten a posibilidade de escoitar a última suxestión feita ao presidente pola outra parte. Antes do 11 de setembro, recebia un reporte diário somente da CIA.

Os oficiais de intelixéncia de Estados Unidos dixeron que eles comezaron a interceptar comunicacións entre operativos de Al Qaida que falavan dun segundo ataque importante en outubro, e que desde entón detectaron reiteradas conversacións entre eles sobre outro ataque. Algunhas das comunicacións interceptadas incluían temebeis referéncias a ataques que os operativos de Al Qaida din poderian causar unha vasta cifra de mortes norteamericanas.

As comunicacións interceptadas non sinalan nengun plano polo miudo para un ataque, e mesmo as mensaxes que se referen a grandes cantidades de mortos non se referen ao uso de armas de destrucción masiva tais como artefactos químicos, biolóxicos ou nucleares.

Asi e todo, os funcionários norteamericanos din que consideran que as interceptacións representan alguns dos datos de intelixéncia mais críbeis que receberon desde o 11 de setembro sobre as intencións de Al Qaida.



Franklin Blanco

Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 4 visitantes