Cuba e Carter

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Cuba e Carter

Mensagempor frank954 » quarta, 15 mai 2002, 04:19

A viaxe de Carter non mudará a liña de EU
Agence France Presse
WASHINGTON


AP

O Ex presidente Jimmy Carter observa os productos agrícolas dos granxeiros na cooperativa Héroes de Yaguajay, ubicada no município de Alquizar, na Habana.


O presidente George W. Bush afirmou onte que apoiará aos cubanos que ""pidan liberdade"" e negou que a histórica viaxe que realiza o ex presidente estadounidense Jimmy Carter a Habana haxa complicado a sua política cara a illa comunista.

"A miña mensaxe aos cubanos é: `pidan liberdade, teñen un presidente que está con vostés" "", dixo Bush, quen anunciou que oferecerá a mesma mensaxe o luns en discursos sobre a política cara Cuba en Washington e Florida.

Bush negou que a viaxe de Carter --o político de maior hierarquia que visita a illa desde 1959, cando Fidel Castro chegou ao poder-- complique a sua política de liña dura cara a illa comunista. ""Aprecio a concentración de Carter nos dereitos humanos. Creo que iso é importante en Cuba, onde non hai dereitos humanos"", afirmou Bush.

A viaxe de Carter, que se leva a cabo en meio dunha disputa tras acusacións estadounidenses de que a Habana busca desenvolver armas biolóxicas, ""non complica o mina política exterior porque non mudei a mina política exterior"", afirmó Bush.

E esa política ""é que Fidel Castro é un ditador, un represor, e debe convocar a eleccion libres, e debe ter liberdade de prensa, e debe liberar aos seus prisioneiros, e debe alentar a libre empresa"", engadiu.

Alguns analistas sinalaron que a visita de Carter á illa poderia socavar a política de liña dura que a administración Bush adoptou fronte a Cuba, sometida a embargo económico por Estados Unidos durante mais de catro décadas.

A Casa Branca indicara antes que tiña ""moitas razóns"", pero non probas, para se preocupar de que Cuba pudese posuir armas biolóxicas, unha afirmación que Carter discutido e suxerido que foi deseñada para socavar a sua visita á illa.

""Estados Unidos ten moitas razóns para estar preocupado"", dixo o porta-voz de Bush, Ari Fleischer.

""En base ao que é ben coñecido -e foi declarado en marzo por esta administración- estamos preocupados pola limitada investigación e desenvolvo de Cuba sobre armas ofensivas biolóxicas"", dixo o porta-voz.

Carter visitou o martes unha cooperativa de producción agropecuaria (CPA), onde se interesou pola forma de asociación dos campesiños cubanos e degustó unha guaxaba, ao non ser temporada para o mango, fruta que dixo era a preferida da sua esposa Rosalynn.

Carter e o seu cometivo foron recebidos polo ministro de Agricultura, Alfredo Jordán, e o presidente da Asociación Nacional de Agricultores Pequenos (ANAP), Orlando Lugo Fonte, na CPA ""Herois de Yaguajay"", ubicada no município de Alquízar, ao suroeste Da Habana.

Tamén, segundo a agencia Reuters, o ex presidente estadounidense visitou onte un centro para enfermos de Sida.

No terceiro dia da sua estáncia en Cuba, encamiñada a apoiar a distensión entre Washington e A Habana, Carter visitou o controvertido sanatório Os Cocos, nas afueras Da Habana.

Alá, os directores do centro, que cando foi criado fai 16 anos desenvolvia un tratamento de isolamento dos enfermos, explicaron a Carter os resultados que logrou Cuba no controlo do Sida.

Segundo cifras oficiais, a porcentaxe de povoación entre os 15 e os 49 anos infectado de sida en Cuba é do 0.05 por cento, fronte ao 0.5 por cento dun meio no resto de América Latina.

""Estou moi impresionado cos resultados conseguídos por Cuba ... Temos que estender as nosas felicitacións a todos"", manifestou Carter.



Franklin Blanco

Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes