Venezuela

Para debatir temas sobre a situación política e social en Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba, México, etc.
frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Venezuela

Mensagempor frank954 » terça, 23 abr 2002, 15:18

23/04/2002

Venezuela encara un feo cuadro económico

FABIOLA SANCHEZ / AP

CARACAS

Agobiada por profundas tensións políticas e sociais, Venezuela enfrenta severos desequilibrios económicos que distancian as posibilidades de que o país poda medrar este ano e sobreporse a unha das mais profundas crise da sua história.

O fantasma da inflación segue rondando o país e dilui as posibilidades de que se poda cumplir a meta de 20% de inflación que se planteó o goberno para este ano.

Para algunhas bancas de investimento e economistas un dos maiores problemas que deberá enfrentar o goberno do presidente Hugo Chávez é o manexo das contas fiscais, que xa veñen resentidas desde comezos de ano pola lenta recuperación dos precios do petróleo.

Chávez realizou en febreiro pasado un severo axuste fiscal que implicou unha redución de 22.2% do orzamento de ingresos e un recorte de 7% no gasto público. O orzamento do goberno foi levado a uns $21,000 millóns .

O chefe da secretaria de asesoría económica do congreso, o economista Francisco Rodríguez, expresou que entón do fallido golpe de estado contra Chávez, a situación da tesorería pública é ``crítica"".

Dixo que a paralización que enfrentou o país entre o pasado 8 e 14 de abril debido á folga xeral e os violentos disturbios, somado a suspensión parcial de actividades da estatal petroleira minguaron de forma considerabel as fontes de ingreso do goberno.

O economista precisou que a pesar da recuperación que tiveron os prezos do petróleo nos últimos dias, que chegaron a niveles de $20.19 por barril, este ano se pechará con un déficit fiscal igual ou superior ao do ano pasado que foi 6% do producto interno bruto (PIB).

O profesor da Universidade Católica Andrés Belo, Orlando Ochoa, sinalou que tanto os problemas fiscais do goberno como a incertidumbre que hai entre os empresarios sobre o futuro do país, distancian a posibilidade de que se podan xerar novos investimentos para activar o aparello produtivo.

Ochoa sustivo que mentres persista un cenário fiscal e político adverso e as taxas de interese para os créditos manteñanse sobre 50%, a economia non poderá medrar este ano e se agravará o desemprego que atinxiu en xaneiro pasado unha taxa de 16.4%.

A economia tivo a finais do ano pasado unha medra de 2.7% do PIB, o que representou unha desaceleración respecto ao 2000 cando o aparello produtivo tivo unha activación de 3.2% do PIB.



Franklin Blanco
Última edição por frank954 em sábado, 08 nov 2014, 20:45, editado 1 vez no total.

frank954
Mensagens: 35
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Venezuela

Mensagempor frank954 » sábado, 01 jun 2002, 05:06

Con ollas a reducir un profundo déficit presupuestario e estimular a confianza internacional en Venezuela, o equipo económico do presidente Hugo Chávez apresentou onte un pacote de medidas fiscais de libre praza e vociferou intencións de involucrar ao sector non gubernamental na toma de decisións financeiras.

O pacote contempla o aumento de impostos, a eliminación de isencións tributarias e subsidios á gasolina, a venda de alguns activos públicos e a emisón de bonos de déveda pública externa.

As medidas, propostas en momentos en que o país entra nunha grave recesión económica, foron consideradas polos peritos como adecuadas para minorar a fenda fiscal, pero insuficientes e pouco específicas para lle facer fronte á crise que se aveciña.

""Non houbo anuncios específicos en matéria de medidas económicas, se non en medidas de orientación de política económica"", afirmó o economista caraqueño Pedro Palma. ``Mas que todo foi un conxunto de promesas"".

O gabinete de ministros financeiros informou que se esforzará en mellorar a recaudación fiscal, diminuir os ilícitos aduaneiros e reformar a seguranza social, pero non detallou cando o fará. Por primeira vez desde que asumiou o poder, o anuncio foi realizado sen a presenza de Chávez.

Venezuela encara un déficit fiscal do 8.8 por cento do seu Producto Interno Bruto (PIB) ou de case $9,000 millóns, dos cais $6,000 millóns se requeren para cumplir con compromisos de amortización de déveda, e $3,000 millóns para paliar a diferencia entre ingresos e gastos do goberno, explicou Palma.

Ao aumentar o Imposto ao Valor Agregado (IVA) de 14.5 a 15.5 por cento e a taxa do imposto ao debiño bancario de 0.75 a 1 por cento, e ao eliminar a venda de gasolina subsidiada de baixo octanaxe, o goberno aspira a recaudar $1,000 millóns, dixo o novo Ministro de Finanzas, Tobías Nobrega, quen agregou que o país deberá solicitar un refinanciamento da déveda.

As medidas están suxeitas á aprobación da Asamblea Nacional.

""Ainda que se peche a fenda fiscal e se cuadren as contas do sector público, [estas disposicións] non quitan á economia do bache que ten, nen segura que comece a solucionarse o problema do emprego"", opinou Antonio Francés, profesor do Instituto de Estudios Superiores de Administración (IESA), en Caracas. A analista calificou as medidas de ``ortodoxas e inevitábeis"".

O Banco Central de Venezuela (BCV) informou o martes que o PIB venezolano se contraiu durante o primeiro trimestre do ano en 4.2 por cento, comparado ao mesmo período do ano anterior. no que vai de ano, a moeda venezolana depreciou nun 38 por cento.

Onte, como resultado de compras nervosas dos investimentistas que responderon a rumores sobre o novo plano, a paridade cambiaria do bolívar se situou nun precio récord de 1,151 por dólar.

Os representantes de goberno aproveitaron a oportunidade para convidar ao sector privado e aos representantes sindicais a unirse no debate económico, unha mostra clara do chamado á reconciliación que recentemente fixo o presidente Chávez.







Franklin Blanco


Voltar para “Política en Hispanoamérica”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes