Página 1 de 1

Ültimo presidente da ditadura militar arxentina, condenado a 25 anos de cadea

Enviado: quarta, 21 abr 2010, 12:08
por rubi
Entre 1976 e 1978, Reynaldo Bignone foi director militar do tristemente famoso Campo de Mayo (un dos centros de represión contra os opositores á ditadura militar). Agora un tribunal arxentino vén de dar a coñecer unha sentenza que o condena a 25 anos de cadea por crimes de lesa humanidade. Os maxistrados tamén ordenaron o seu ingreso nun centro penitenciario (até o de agora estaba baixo arresto domiciliario).
Bignone, de 82 anos de idade, foi entre xullo de 1982 e decembro de 1983 o último presidente da ditadura militar arxentina. En abril de 1983 anunciou a convocatoria de eleccións pero, ao mesmo tempo, deu instrucións para que se fixese desparacer toda documentación comprometida que demostraba a existencia de asasinatos e torturas a opositores. Poucos meses antes de abandonar o poder, Bignone ditou unha lei de amnistía (ou autoamnistía) que logo sería revogada polo parlamento democrático.
Fuente: www.vieiros.com
Rubí
Buenos Aires-Argentina