Página 1 de 1

Presentación

Enviado: quarta, 21 abr 2010, 17:10
por xabierseixo
Ola, son Xabier Seixo. Xunto con Gonzalo e Martín, vimos de incorporarnos a esta comunidade de Fillos de Galicia, co fin de participar activamente nela.
Da miña vida persoal, dicir que me adico á informática, cun interés moi alto na dinamización da nosa lingua e cultura.
Resido en Santiago de Compostela dende que viñen a estudar CC Físicas xa fai uns cantos anos. Aínda que realmente son do concello de Bergondo, na ría de Betanzos, perto da Coruña.
Até os cinco anos residín en Alemaña, concretamente en Colonia, a onde os meus pais emigraron moi novos. Nunca volvín, aínda que me gustaría poder volver visitar algún día.
Sen máis, por aquí me teredes para o que necesitedes.

Presentación

Enviado: quarta, 21 abr 2010, 17:36
por rubi
Benvido ao noso Portal Xabier !!!
Esperamos a túa activa participación e oxalá que a comunicación entre vostedes (Martín, Gonzalo e ti)e nós, sexa moi fluída e armoniosa.
Todos os membros e socios de Fillos desexámoslles que poidan cumprir unha excelente tarefa a partir da posta en marcha desta nova etapa que está por comezar.
Sorte!!!
Rubí
Buenos Aires-Argentina

Presentación

Enviado: quarta, 21 abr 2010, 19:33
por cachafeiro
Ola Xavier, benvido a Fillos.
Meu nome é Alexandra e vivo en Bos Aires, son filla e neta de galegos de Pontevedra
Esperamos, desexosos, a túa participación xa que necesitamos de moitas mans para seguir adiante con esta comunidade que tanto achega aos galegos espallados polo mundo.
Apertas!!!!!
Alexandra Cachafeiro Camiña

Presentación

Enviado: quinta, 22 abr 2010, 15:22
por fotovilela
Ola Xavier, encantado de atoparnos neste medio.
A pregunta de si teño parientes por Betanzos coido que non. Fai pouco tempo descubrin que os ancestros co apellido Vilela proveñenme de Melide mais esto dos apellidos e como os galegos, estan espallados por todo o mundo.
Decirche que eu estuven varias veces en Colonia e a verdade merece a pena voltar pra tomar naquelas terrazas a veira do rio un postre tipico creo da selva negra composto de cereixas con chocolate quente.
Nada mais, solo desexar que participes con frecuencia neste lugar de encontro.
Saudos