Co obradoiro \'Creando hip hop\'

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Co obradoiro \'Creando hip hop\'

Mensagempor pilarmabel » terça, 29 dez 2009, 23:34

A rapeira Aid promove o galego entre os mozos
Coa rapeira viguesa Aid –Aínda Alonso Iglesias–, a Secretaría Xeral de Política Lingüística –a través de Edicións A Nosa Terra– achega o galego aos mozos e mozas ao longo de diversas localidades. O vídeo recolle un dos obradoiros que a autora de \'Aí non\' e \'Non importa\' impartiu en Ferrol.
O IES Saturnino Montojo de Ferrol acolleu o obradoiro “Creando hip hop”, co que Política Lingüística, en colaboración con Edicións A Nosa Terra, impulsa o galego entre a xuventude. A rapeira viguesa ensinoulles aos alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO como improvisar un rap na nosa lingua.
Durante máis dunha hora, os estudantes escoitaron as rimas de Aid, presenciaron break dance e comprobaron como se elabora un graffiti. A través destas actividades, Política Lingüística transmítelle á xuventude que o galego “é un idioma moderno”.
Fuente:http://www.anosaterra.org/
Pilar

Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes