UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Lugar para debatir ideas, facer propostas e falar do funcionamento de Fillos de Galicia.
fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor fclameiras » sábado, 07 nov 2009, 11:49

----- Original Message -----
From: \"Coordinador Fillos\"
To:
Sent: Friday, November 06, 2009 8:53 PM
Subject: [FILLOS-L] unha cousa que non comprendo...
Por que cando me conecto ao portal case nunca vexo a ninguén conectado?
Se somos 6.700 usuarios... moitos deles usuarios desta lista... por que
case nunca hai membros conectados? Talvez non interesa o traballo que
facemos no portal?
É unha reflexión que quería lanzar... simplemente, para ver se ten
sentido o que facemos ou estamos perdendo o tempo.
--
< Manuel Casal Lodeiro \'Casdeiro\' >
Será que pra ver o portal non fai falta conectarse?
Si he así, e vexo que si, é como o que pasa por diante dunha cafetería e vea baleira, un non entra porque lle falta o \"calor humano\", ou sexa, non quere entrar no deserto pra seguir sentindo a soedade, prefire seguir camiñando po la rúa vendo escaparates aínda que non disfrute deles.
Abría que poñer unha campaniña na porta da \"cafetería\" que dixese a todos,
¡outro mais que entra!, e dentro abría que poñer o \"curmán, hirmao, muller,
...\" do dono pra que o que pasa dixera ¡canta xente hai!, débese \"comer\" ven aí dentro!, desa maneira o mellor tiña que chegar o momento de colgar o
cartel de \"Reservado o dereito de admisión\", ou \"soo socios e membros\".
Abondando na cuestión pregunto: ¿pro que sempre están cheos os centros
comercias? si moita xente non vai ca intención de comprar? ocúrreseme entre
outras que a xente neses sitios ten calor cando fai frío, ten fresco cando
fai calor, non lle cobran por entrar, e gratis (aparentemente, en algúns xa
tes que pagar o aparcamento), podes elixir comprar ou non comprar, ninguén
che pregunta si eres branco ou negro, si tomas café ou cacao pra almorzar,
...
Volvendo o tema da cuestión, si somos 6.700 e non nos vemos o mellor é que
non temos \"ollos\" pra vernos e pensamos que estamos xoios,
Todo costa na vida pra arrancar, pro, tamén todo costa na vida si se quere
disfrutar de éla.
Fclameiras
----- Original Message -----
From: \"Coordinador Fillos\"
To:
Sent: Friday, November 06, 2009 8:53 PM
Subject: [FILLOS-L] unha cousa que non comprendo...
Por que cando me conecto ao portal case nunca vexo a ninguén conectado?
Se somos 6.700 usuarios... moitos deles usuarios desta lista... por que
case nunca hai membros conectados? Talvez non interesa o traballo que
facemos no portal?
É unha reflexión que quería lanzar... simplemente, para ver se ten
sentido o que facemos ou estamos perdendo o tempo.
--
< Manuel Casal Lodeiro \'Casdeiro\' >
Coordinador de
F I L L O S · D E · G A L I C I A
http://www.fillos.org

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor fclameiras » sábado, 07 nov 2009, 12:05

Outra que eu non comprendo, e esto seguro que levanta ampollas, ¿por qué a xente non mostra a cara nun lugar onde se supon que vimos co animo de coñecer a nosa cultura,de comunicarnos entre nos porque estamos ligados por intereses comuns? ¿por qué cos recursos que ten oxe a informática no se publica, por poñer un exemplo, as direcciones (¿url dise?)dos \"trasnos\" por si hai algunha maneira de bloquear a esa xente no ordenador de cada un? ¿por qué recibo emails no meu particular promocionando noticias sin saber si eu son proclive a esa tendencia das noticias promocionadas e sin habelo pedido? eso chámase Spam ¿non?
E posiblemente outras mais que agora mesmo non me acordo ou non me quero acordar.
Todo esto e moito mais pode ser a explicación do que nos está a pasar.
Fidel Calleja Lameiras, Socio nº 26 de la Asociación Cultural Fillos de Galicia en Ourense - España
Para alabanzas, insultos, acuerdos, desacuerdos, etc. etc. mi email particular fclameiras@telefonica.net, e deixemos de encher de merda a casa común.

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor rubi » sábado, 07 nov 2009, 16:50

Vou dar a miña opinión con respecto ao motivo polo cal case nunca hai membros rexistrados ao abrir o portal, cousa a que a min tamén chámame a atención, como di Fclameiras.
Creo que en parte pode deberse a que agora non existe o BATEPAPO.
No meu caso particular, antes cando entraba a ver a páxina e veia a algun amigo ou coñecido rexistrado, eu tamén facíao con o ánimo de poder establecer unha charla amena con esa persoa, ou con varias á vez.
Era unha fermosa forma de intercambiar experiencias, contarnos cousas dos nosos respectivos países, e ata de cantar coplas, en fin, que era un xeito de gozar e participar desta comunidade.
Eu entendo que non debe ser fácil implementar o sistema de chat, non se nada de informática, pero quero deixar a miña opinión aqui.
Poderíase volver pór o batepapo?
Porque se non temos nada para publicar no Taboleiro ou nos distintos grupos aos que nos unimos, non fai falta rexistrarse para ler a páxina. Ademais, no vello portal podíase ver a cantidade de membros rexistrados e a cantidade de visitantes, pero agora non, é dicir, non temos idea de canta xente está vendo o portal.
Espero poder achegar algo sobre este tema.
Un saúdo
Rubí

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor coordfillos » sábado, 07 nov 2009, 19:09

Non comprendo moi ben o de trasladar aquí o debate, pero en fin, recollo a luva, e procedo a copiar as miñas respostas. A ver se isto serve... De todos xeitos, Fidel, para outra vez avisa de que cross-posteas o tema ;-)

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor coordfillos » sábado, 07 nov 2009, 19:24

Copio o enviado á Rolda como resposta a Fidel:
sobre as túas comparacións, Fidel, prefiro a da cafetaría antes cá do centro comercial, desde logo, pero aínda así non me parecen de todo acaídas para o que somos. A cuestión é que somos un clube no que moitos se inscriben pero ao que poucos queren pasar. Imaxino que cando un fai o esforzo de encher o longo cuestionario que se pide para entrar en Fillos é porque lle apetece estar no clube, pero ... por que despois non entran? Eu comprendo que p.ex. na anterior etapa do portal había bastantes problemas técnicos, para recuperar contrasinais e cousas así que facían difícil entrar para algúns pero aínda así penso que perdemos boa parte do atractivo como comunidade. Se cadra é cuestión de tempo que a xente re-descubra Fillos, as novas posibilidades da versión 4.0, que os técnicos saibamos axustar todas as súas múltiples posibilidades, etc. Eu penso que aquí nos podemos axudar moitísimo os que sodes usuarios conectados asiduos, que podedes explicar aos compañeiros p.ex. da Rolda que non se conectan, que vantaxes ten facelo. Por que non nos animamos a tentalo?

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor coordfillos » sábado, 07 nov 2009, 19:24

E unha resposta máis, vía Rolda FILLOS-L:

On Sat, 7 Nov 2009 13:11:32 +0100, \\\"FCLameiras\\\" wrote:

Outra que eu non comprendo, e esto seguro que levanta ampollas, ¿por
qué
a xente non mostra a cara nun lugar onde se supon que vimos co animo de coñecer a nosa cultura,de comunicarnos entre nos porque estamos ligados por intereses comuns?
Eu penso que en Fillos somos das redes sociais online onde un maior número de xente amosa a súa cara no portal. Ten en conta tamén que moitos non a amosan por unha de dúas razóns: 1) En Fillos 3.0 tiñan problemas para subir a súa foto, e polo tanto quedaron cariñas amarelas, moitas veces. 2) En Fillos 4.0 moitos non saben nin que poden. Tampouco penso que sexa algo tan importante.
¿por qué cos recursos que ten oxe a informática no se publica, por poñer un exemplo, as direcciones (¿url dise?)dos \\\\\\\"trasnos\\\\\\\" por si hai algunha maneira de bloquear a esa xente no ordenador de cada un?
Non sei iso que ten que ver, pero vouche tentar dar algunhas explicacións, porque para iso estamos: 1) Os usuarios en Internet non teñen URL (a non ser que teñan un web persoal, pero iso é outra historia) senón enderezo IP, que moitas veces é variable cada vez que nos conectamos. 2) O enderezo IP considérase dato persoal e como tal non podemos publicalo sen permiso, por moi trasno que sexa un. 3) Se queres, podes saber o IP do usuario sen perdir a ninguén que cho \\\"publique\\\". Se tes interese xa cho explico por privado, pero de pouco che vai servir, aviso ;-)
¿por qué recibo emails no meu particular promocionando noticias sin saber si eu son proclive a esa tendencia das noticias promocionadas e sin habelo pedido? eso chámase Spam ¿non?
Pode ser spam e pode que non. O que non sei é que ten que ver co que estamos a falar. Fillos non practica o spam nin pode responder por outros que si o fagan, como é lóxico.
E posiblemente outras mais que agora mesmo non me acordo ou non me quero acordar. Todo esto e moito mais pode ser a explicación do que nos está a pasar.
Non lle vexo a relación nin as fotos dos membros, nin aos IPs dos trasnos, nin ao spam que sufra cada un no seu buzón. Ben, se cadra, o spam pode facer que a xente empregue medidas excesivas de filtrado que eliminen as nosas mensaxes p.ex. do boletín noticias-l, pero aínda así... ti pensas que tanta xente vai ter eses filtros excesivos? Non me parece unha explicación, en todo caso sería un factor moi secundario.
Fidel Calleja Lameiras, Socio nº 26 de la Asociación Cultural Fillos de
Galicia en Ourense - España Para alabanzas, insultos, acuerdos, desacuerdos, etc. etc. mi email particular fclameiras@telefonica.net, e deixemos de encher de merda a
casa
común.
Vaia, isto si que tampouco cho entendo. Cal é a merda da que falas?

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor fclameiras » sábado, 07 nov 2009, 20:57

De todos xeitos, Fidel, para outra vez avisa de que cross-posteas o tema ;-)
Avisado estou e avisarei.
Disculpàs por cross-postear o tema teu en Fillos-l, todo iba ca intención de facerse eco do teu plantexamento en busca de unha solución. Mea culpa.
Para alabanzas, insultos, acuerdos, desacuerdos, etc. etc. mi email particular fclameiras@telefonica.net, e deixemos de encher de merda
a única intención era que si alguén ten algo que decir encontra poño o meu email particular pra que non \"enchan a casa de merda\" (pelexas varias).

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor fclameiras » domingo, 08 nov 2009, 00:35

E eu que pensaba que a miña aportación era algo moi bonitiño feito dende o sentimento co ánimo de poñer o meu grao de area neste proxecto común, e na sua defensa, tamen dende a iñoranza (mea culpa), iñoranzia de non saber diferenciar entre url, ip, cross-post, web, email, ..., de si tes ou non tes permiso pra copiar e pegar deiqui prala, de querer botar sobor as miñas costas (email particular) as críticas. Ahora, eso si, soio sei que non sei nada e eso e moito dentro do \"puoco\". Tamen aquela de \"iba un filósofo recogiendo las hierbas del campo para comer lamentándose de lo pobre y mísero que era hasta que se dio la vuelta y se percató que otro venía detrás recogiendo las que el tiraba\", mais ou menos era así, e como esto foi dito fai mais de 2000 anos non lle teño que pedir permiso a ninguén.
Está visto que cando pos a cara pártencha, e mira que xa non cumplo os cincuenta e cinco.
Meu Deus, nunca me dixeron tantas veces que non, mira que es bórrico Fidel
Ahora, eso si, si nos poñemos a picarnos, eu son nesta web Fclameiras, non Fidel, e o que quera picarse que se pique.
E ainda sigues sendo borrico Fidel, o que tentabas evitar resulta que venche a cara como chuspido que tiras o vento, ¡estaba o vento de contra!.
Despois de todo ¿cal é a tua aportación Fidel? unhas cuantas pesetas?, vo, !tampoco e pra tanto¡ \"pesetas hai moitas\" e o que sexa galego entenderame, ou soio o entenden os de Ourense? o millor soio o entenden na miña casa?. E mais importante a colaboración, canto mais asomela cara por eiqui mais aportas, procurando que non cha partan, eso si, hai que saber pasala mao por encima do lomo e pasala ben.
Pro teñamos humor que as amarguras son mais levadeiras con risas.
Cariñosamente pra vos amig@s, os que queirades nomearos como tal.
Fidel Calleja Lameiras socio nº 26 dende 13-08-2002 (aguantando a vela).
Administrador de Xente de Ambía http://xente-de-ambia.fillos.org/
Administrador de Xenealoxia de Galiza http://fillos.org/grupos/ourense-xenealoxia-1889563023

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

UNHA COUSA QUE NON COMPRENDO ...

Mensagempor fclameiras » quinta, 12 nov 2009, 20:04

Hoy me canse de aguantar


Voltar para “A nosa Comunidade Virtual”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 6 visitantes