Cambios no traballo voluntario en Fillos

Cómo podes axudarnos a construir a nosa Comunidade Virtual.
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Cambios no traballo voluntario en Fillos

Mensagempor xestor » quarta, 07 set 2005, 11:19

Dentro dos nosos esforzos por vos ofrecer unha forma máis doada de colaborar para facermos entre todos Fillos de Galicia, vimos de substituir as listas de correo "Roga" como medio de nos comunicar e coordinar convosco, os voluntarios, por un novo foro no noso portal:
http://www.fillos.org/galicia/index.php ... =index&c=2

Aí iremos publicando os traballos que precisen a vosa axuda e vós mesmos poderedes participar enviando as vosas preguntas e cuestións relativas a estes traballos tan necesarios para facer unha mellor comunidade virtual cada día.

Que cambia con respecto ao sistema anterior de traballo voluntario?

- Agora para ser voluntario é preciso ser tamén membro rexistrado de Fillos; isto é así porque buscamos integrar todos os sistemas de comunicación por medio do novo portal e simplificar a comunicación; antes un podía ser membro, socio e voluntario, tendo para as 3 cousas mails diferentes, nomes de usuario distintos e mesmo claves diferentes. Agora ti entras como membro e o portal saberá se tes permiso para entrar na sección de socios ou na de voluntarios, etc. Isto para os que xa sodes membros só ten ventaxas. Para os que vos tiñades ofrecido como voluntarios pero non erades membros ate o de agora, soamente vos esixirá inscribirvos no portal, o cal é moi doado e totalmente gratuito.
- Para formar parte dos voluntarios vai ser preciso enviar un mail a xestor@fillos.org indicando o voso nome de membro para así vos dar permisos de acceso ao foro de traballo.
- Agora o anonimato será o mesmo que teñen os socios: é dicir, se non queres que se saiba que colaboras como voluntario, non envíes mails ao foro ou polo menos non poñas como nome de membro o teu nome real; así poderás participar sen que a xente saiba o teu mail nin o teu nome real.
- Ao usarmos un taboleiro (foro) para publicar os traballos que precisan da vosa axuda van quedar aí ate que sexan realizados, non como ate agora que se enviaban ás listas e se un voluntario chegaba despois a elas, non se enteiraba do que se precisaba.
- Tampouco vai estar tan pechado como antes o tipo de colaboración: agora un poderá mesmo botar unha man no tema gráfico como en textos ou outras labores, sen ter que decidirse por un grupiño de traballo ao principio.

Calquera outra cuestión que teñades sobre o funcionamento podédela enviar por medio do novo foro ou en privado a xestor@fillos.org

Estamos seguros de que estes cambios van redundar nunha mellor colaboración e que non quede ninguén sen poder participar co seu traballo desinteresado a prol dos nosos usuarios, a prol da difusión da nosa cultura polo mundo!

Grazas!

PS: Non esquezas facerte membro se non o es, ou enviar o teu nome de membro a xestor@fillos.org para entrares no novo grupo de voluntarios.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:16, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Cambios no traballo voluntario en Fillos

Mensagempor xestor » sexta, 18 nov 2005, 09:20

Fillos precisa da túa axuda.

Como podes te facer voluntario/a de Fillos de Galicia? É moi doado:

    1. Envíasnos [url=mailto:xestor@fillos.org?Subject=Quero ser voluntario/a]por mail[/url] ou por mensaxe privado indicando cál é o teu nome de membro.
    2. Nós dámoste de alta nun grupo de usuarios chamado voluntarios.
    3. Entón poderás acceder ao foro especial chamado "A Roga" onde falamos das labores que podes facer para axudar a construir Fillos de Galicia.

Grazas!!!!
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:16, editado 1 vez no total.

snoopy
Mensagens: 40
Registado: sexta, 15 abr 2005, 13:05

Cambios no traballo voluntario en Fillos

Mensagempor snoopy » quinta, 12 jan 2006, 21:02

"PERTENECER IMPLICA PARTICIPAR"
A fillos no lo hace un grupo de personas a las que solo hay que exigirles, quejarse, felicitar, criticar, elogiar. A fillos lo hace todo el grupo humano, desde la administración, los anunciantes, los socios, los miembros y los visitantes. Cuantas más manos estén unidas para tirar del mismo carro, mejor saldrá. ofrecerse de voluntario no es para servir a alguien en especial, sinó para servirnos a todos, no ayudamos, nos estamos ayudando.
No somos invitados, somos partícipes, pues entonces a participar.
A fillos hay que sentirlo como propio.
Esperamos ayuda para trabajar que hay mucho por hacer aún.
Última edição por snoopy em sábado, 08 nov 2014, 21:16, editado 1 vez no total.

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Cambios no traballo voluntario en Fillos

Mensagempor pilarmabel » sexta, 13 jan 2006, 00:41

Me hago eco de tus palabras Snoopy. Le agregaría unas palabras, que me han dado muchas satisfacciones:
Nada es tan grande que no pueda hacerse.
Nada es tan chico que no tenga importancia.
Nadie es tan grande para hacerlo solo

Nadie es tan chico como para no colaborar.

Un saludo a todos
Pilar
Última edição por pilarmabel em sábado, 08 nov 2014, 21:16, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Cambios no traballo voluntario en Fillos

Mensagempor xestor » sexta, 13 jan 2006, 08:50

Moitas grazas polas vosas opinións, snoopy e pilarmabel!!! :-) Agora a ver se se anima máis xente e poñemos a máquina a traballar a todo rendemento para facer isto aínda máis grande!!! :-)


Voltar para “Colaboración con Fillos de Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante