Por qué soy SOCIO de Fillos

Cómo podes axudarnos a construir a nosa Comunidade Virtual.
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor casdeiro » domingo, 24 jul 2005, 19:16

Gostaríame comezar un novo fío na rolda e tamén aquí no Taboleiro no que expliquemos os membros que tamén somos socios por qué nos integramos como socios na Asociación Cultural Fillos de Galicia. Animo ao resto de socios a que nos conten por qué eles se fixeron socios...

POR QUE SON SOCIO DE FILLOS?

Porque para min a galeguidade é un compromiso persoal que vai alén da simple participación nunha comunidade máis ou menos animada, na que a xente comparte intereses. O meu compromiso é para que os galegos que nacemos fóra da terra que amamos, poidamos ser cada día máis galegos grazas a esta ponte virtual que é Fillos de Galicia: unha ponte que xungue os corazóns de milleiros de persoas, entre si e con Galicia.

Porque para que este tipo de proxectos tolos -fóra da lóxica do mercado, no que todo se mide por diñeiro, beneficios e gañancias- se fagan realidade e medren alguén ten que tirar do carro. As administracións e os políticos van sempre por tras da realidade social e tecnolóxica... por iso non podemos esperar deles que fagan o que os nosos corazóns peden. Porque se queremos algo temos que facelo nós. E sendo socio poño o meu gran de area por facelo, para que Fillos sega existindo e mellore día a día.

Porque non me costa nada: comparo os 60 euros que pago (para outros países é menos, p.ex. 31 para Arxentina ou 21 para Brasil) co que podo gastar noutras cousas que son menos importantes ...e non o penso. Para min son unhas poucas horas de salario (aprox. un día de traballo) que gostosamente destino para pagar a miña pertenza a Fillos como socio.

E porque sei que moita xente non podería pagar por pertencer como socio, porque as cousas están mal en moitos dos países que un día recibiron como terra prometida aos nosos país e avós; e para que eles poidan seguir disfrutando gratis como membros ou como visitantes das nosas páxinas, os que podemos temos que dar un paso á fronte e dicir: ¡CONTADE COMIGO! Como fixeron moitos galegos e galegas antes cá nós... desde hai máis dun século, fundando casas e centros para manter aceso o lume da Galeguidade na emigración e no exilio... partindo de cero, e dedicando moitas horas e moitos cartos e moita enerxía en facer crecer eses centros. Ahora é o tempo do noso Centro Galego Virtual, que tampouco se ergue só da nada: precisa o traballo e axuda de todos nós. Por iso eu, entre outras cousas, achego a miña participación como socio.

E tamén porque sendo socio tomo parte nas decisións que determinan o que fai Fillos cada ano: voto, elixo cargos e debato o futuro, os proxectos, etc. cos meus compañeiros da asociación en cada asemblea e tamén cada día nas listas de socios e na Comisión Executiva (da que calquera socio pode formar parte). É aí onde se decide o camiño que segue Fillos, escoitando sempre o que os membros precisan, e tomando decisións acerca dos novos servizos e contidos que ofrecermos.

Por todo iso e máis EU SON SOCIO.

Se ti queres selo tamén preme aquí.
Última edição por casdeiro em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor anamp » terça, 26 jul 2005, 18:12

Un bo día coñecín Fillos de Galicia por pura casualidade. Eu nacín e vivín sempre (ata o de agora e espero continuar) en Galiza, pero sempre sentín interese polo tema da emigración, sangría desta terra durante séculos, que aínda hoxe continúa, e que me parece o peor que un pobo pode sufrir: deixar todo e todos por buscar unha vida mellor, tan lonxe... total, que comecei a participar na rolda, e case sen me decatar, andaba colaborando nunha cousiña que outra. Logo propuxéronme me facer socia, cousa que eu pensaba reservada aos emigrantes, pero non, calquera pode o ser, e tendo en conta que moitos dos emigrantes teñen unha situación económica bastante peor que a miña, díxenme, por que non? Son socia dun par de asociacións galegas (A Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación de Gaiteiros Galegos)(aproveito para lles facer publicidade :D) e esta era unha boa ocasión para colaborar con algo no que creo: que por moi lonxe que me atopase, eu seguiría a ser galega e gustariame que alguén se encargase de manter este contacto, para moitos o único coa nosa terra. Así que teño intención de seguir colaborando economicamente con Fillos, porque iso permitirá que os que estades lonxe teñades este punto de encontro coa terra que vos "botou" pero que vos agarda cos brazos abertos.
Animádevos a contribuir, porque por moi boa vontade que lle botemos, e por desgraza tal como funciona este mundo, sen cartos non imos a ningures...
Apertas!!!
Ana
Última edição por anamp em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

antas
Mensagens: 175
Registado: terça, 18 nov 2003, 00:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor antas » sexta, 29 jul 2005, 12:29

Eu tamén fun sempre galego de Galiza, pero non os meus pais, que emigraron a Venezuela pouco despois de casar, aló polo ano 1957.
Seguramente polas "historias de Venezuela" que miña nai me contaba, medrei co xoromelo da emigración dentro de min. Pouco a pouco fun identificando a trascendencia desa realidade. A voz de miña nai narrando o día que marcharon é unha foto en branco e negro que teño grabada na miña mente. Por mais veces que mo contou, ainda que a historia do candil no fondo das escaleiras era a mesma, as bágoas que acudían ós seus ollos eran sempre novas...
Pero nas historias de miña nai tamén hai moita ledicia. Esoutras xa son fotos cheas de colorido. O ben que os recibían e trataron. Como evolucionaron (e se adaptaron) en tempo récord de vivir nunha aldea galega de 50 habitantes de mediados do século XX , para residir na entón próspera Caracas.
A gratitude que meus pais transmitían cara o país que os acolleu e lles deu o empuxón económico que lles permitiu iniciar a sua vida, foi tomando corpo no meu ser cun xeito de gratitude/hirmandade cara toda Latinoamérica. Sempre me sentín perto daquel continente que tanto ten de nos e que nos tanto temos del.
Extrapolando sentimentos, sinto profundo respeto e cercanía por tódolos que emigraron e, -perto ou lonxe- foron capaces de transmitir ós seus descendentes ese fermento do amor por Galiza.
Por iso cando atopei Fillos sentín que aquí era o meu sitio. Por iso me fixen socio ó pouco de coñecer a Asociación e por iso aquí estarei aportando un minúsculo gran de area a este colectivo.

Animo ós membros que poidan a que se fagan tamén soci@s, contribuindo así ó engrandecemento deste Centro Galego Virtual que é Fillos de Galicia.

Unha aperta
Xosé Luís Santiso
Última edição por antas em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor xestor » sexta, 29 jul 2005, 13:10

Lembramos que calquera membro de Fillos pode dar o paso e convertirse en socio nesta páxina: http://www.fillos.org/galicia/modules.p ... file=index
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor xestor » sexta, 20 jan 2006, 13:06

Copio el testimonio de otro socios, que nos ha hecho llegar por e-mail:


Me asocié como un homenaje tardío -aunque sentido y vivo- a la memoria de mis dos abuelos gallegos. En la Asociación Cultural Fillos de Galicia nos reencontramos los gallegos de la diáspora allende los mares; todos hijos y nietos de emigrantes, todos unidos por a Terra. Es para mí un gozo y un orgullo poder colaborar anualmente con unos pocos cartos para el mantenimiento de esta magnífica iniciativa de Manuel Casal Lodeiro. A veces pienso que E.31 por año es poco, es nada, para retribuir todo lo que me dieron mis abuelos en ejemplo, trabajo, honestidad, respeto; en toda una educación que pasando por mi padre llegó hasta mi. Espero que los que lean estas líneas contribuyan asociándose, para poder mantener en pie nuestro proyecto de regar a diario la semilla que nuestros abuelos plantaron en tierras lejanas.

José Mario Vidal Fernández
La Plata - Bos Aires - Arxentina
Neto de Ourense e A Coruña
Socio Nº31 de A. C. Fillos de Galicia
mario.vidal@speedy.com.ar
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor xestor » sexta, 20 jan 2006, 13:09

Velaquí outro, neste caso do noso represenante oficial en Bos Aires, Antonio:


"Eu fixenme socio porque quero manter vivo este proxecto en prol da nosa cultura.
Para que este soño se faga realidade hai que ter recursos materiais.
Non quero vivir do que fixeron os outros.
Teño morriña polo pasado mais sei do presente, e sen cartos non se poden dar os servizos que os que vivimos lonxe necesitamos.
Se os nosos avós fixeron centros e deixaron a súa enerxía para que non morra o noso tesouro cultural, eu tamén quero dar o meu gran de area.
Non quero ser un espectador e ollar para outro lado.
Non son máis rico se gardo no meu peto os 31 euros da cota anual para Arxentina. Prefiro deixalos na nosa Asociación Cultural.
Faite socio. Fagamos xuntos unha asociación forte ao servicio da galeguidade"

Antonio José Francisco Rey
Socio N° 5 da Asociación Cultural Fillos de Galicia.
Neto de Muros en Bos Aires.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

beltram
Mensagens: 58
Registado: domingo, 19 dez 2004, 00:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor beltram » sexta, 20 jan 2006, 14:01

Velai, umha boa pergunta. Som um de tantos galegos, que tivo que deixar o seu pais, neste caso pra conquerir umha formaçom que me garanta atopar trabalho. As cousas por ali, estan mal, de feito nom sei se algumha vez estiveron bem, pra a gente nova que quere ficar na sua Terra, a aportar.

Ainda assim é bem certo que quando um marcha do lar, sempre leva um anaco dele prendido na Memoria e na Alma, um anaco que hai que mimar pra que nom esmoreza e hoje, no seculo XXI, a Rede é um vencelho imprescindibel pra tod@s aqueles que aspiramos a seguir sendo galeg@s esteamos onde esteamos.

Velai, a importancia deste projecto de Fillos, velai a necessidade que temos muit@s de nos de contar cumha ferramenta , dumha porta a Galiza, na que petar de quando em vez na procura dum anaco de galeguidade, dun anaco de nos mesmos.

Emporiso e pra que isto siga a funcionar, fizenme socio de Fillos, pra poder seguir sendo parte da Galiza, tanto ten onde viva. Pra poder recever mais tamen pra poder aportar.
Última edição por beltram em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

trepia
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 7
Registado: domingo, 20 abr 2003, 23:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor trepia » sábado, 21 jan 2006, 10:45

Bueno, hay un motivo fundamental para que me decidiera a dar el paso de hacerme socio... No podía dejar que un proyecto como este, que tanto aporta y tanto ha ayudado (y ayuda a diario) a miles de gallegos y fillos de gallegos en todo el mundo, se perdiera. Tenía que hacer algo, por poco que fuera, para que esto siguiese adelante...

Lamentablemente, no puedo hacer por la comunidad todo lo que quisiera (mis horarios de trabajo no me lo permiten), pero ví en el hecho de hacerme socio un modo de expresar mi compromiso con toda esa gente que tanto se ha implicado con el sentirse gallego fuera de Galicia.

Fillos es para mí un trocito de Galicia que siempre está cerca, un rincón donde aliviar un poco esa "morriña" que tenemos los gallegos (incluso los no nacidos en Galicia, como yo).

Por cierto, ver la alegría en la cara de mis padres cuando les dije que me había hecho socio de Fillos bien vale una pequeña cuota anual.

Casdeiro, enhoraboa polo teu traballo... e pola simple idea de creares Fillos. Enhoraboa... e gracias, de corazón.
Última edição por trepia em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

marisalvar
Mensagens: 310
Registado: sábado, 08 mar 2003, 00:00

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor marisalvar » sábado, 04 fev 2006, 16:30

Porqué son socia?

É difícil para min dicir cal é a razón fundamental:

Supoño que en primeiro lugar están as gañas de axudar, e tamén o feito de que a emigración tócame moi de preto, porque anque eu non son emigrante, boa parte da miña familia sí.

Tamén está o desexo de querer que siga adiante este incrible portal a través do que me estou reencontrando cada día cos meus viciños da Fonsagrada que viven noutros lugares do mundo, e tamén con galegos orixinarios doutros concellos dos que fun aprendendo tantas cousas.

Outro motivo é que a través de Fillos atopei persoas marabillosas que, co pasar do tempo, se fixeron imprescindibles na miña vida, malia a distancia en Km, que non é proporcional á distancia en agarimo, en intereses comúns, en afinidade...

E tampouco podo esquecer que puiden aprender moitísemo de Galicia e os galegos a través das vosas mensaxes, os artigos que van saíndo, a información que cada día circula polas nosas páxinas.

E sobre todo, porque me gusta pertencer a esta Comunidade de xentes orgullosas de ser galegas, que fan da cultura galega a súa bandeira, cando en Galicia, por desgracia, podo atopar cada día xente que se avergoña dos seus sinais de identidade, que se nega a falar o seu idioma, e que foxe de calquera cousa que o poida etiquetar como galego.

Por todo iso e supoño que por outras cousas que agora se me esquece dicir, quixen colaborar económicamente e tamén co meu traballo diario en Fillos.

A cuota para España é máis ou menos a mesma que en calquera outra Asociación, non me supón máis ca o esforzo de pasar sen algunhas cousas que tampouco me son imprescindibles.

E o tempo de traballo que lle adico vese compensado pola ledicia de facer que de cando en vez unha familia se volva a xuntar polas nosas xestións, ou por compartir coa xente que vou coñecendo unha xuntanza con distintos acentos pero tantas cousas en común, ou coñecer cousas das cidades e paises de acollida dos nosos emigrantes, que non coñecería se non estivese a diario en contacto convosco.

En resumo, eu estou leda e orgullosa de ser socia da A.C. Fillos de Galicia e de contribuir a que tantos galegos espallados polo mundo adiante poidan coñecer e facer medrar a galeguidade.

E animo a todos aqueles que teñan sentimentos parecidos a se facer socios tamén. PAGA A PENA !!

Saúdos agarimosos para todos os galegos e galegas do mundo.

Mª Luisa Álvarez
Socia nº 43 da A. C. Fillos de Galicia.
A Fonsagrada- Lugo
Galicia vive en nós!
Última edição por marisalvar em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.

anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Por qué soy SOCIO de Fillos

Mensagempor anavilat » quarta, 17 jan 2007, 00:37

Que me motivou a facerme socia de Fillos de Galicia?... boa pregunta!!!!
Non hai unha motivación especial, si, un feixe delas... todos vós, cada un de vós, esa gente coa que me une un lazo de amizade que cruza a outra beira do "río", esa gente coa que me une a mesma amizade aqui deste outro lado....
Por que aqui, somos todos GALEGOS, cousa que moitas veces, aqui na terra, non vexo, nin sinto que a xente leve con orgullo o ser GALEG@, e digo con maiúsculas, non berrando... ou tal vez asi, por que eu estou orgullosa de selo, e non teño que esconderme de ninguén para dicir que son GALEGA, que teño unha lingua propia, unha cultura propia, unha identidade propia...
Por que a miña familia tamén existe a emigración... en que familia de galegos non?
Ainda vexo a bágoas da miña avoa falando desa prima, que foi para ela unha irmán e partiu cara un país con máis esperanzas de futuro... ainda as vexo e ainda as sinto como miñas....
Por que o facerme socia presinto que curo esa ferida de miña avóa.
Por que o facerme socia podo axudar a que todos os que vos sentides galegos, teñades dende aqui, máis preto a Vosa Terra.
Por que o facerme socia sinto que contribúo a que a miña fala, cultura, e identidade non morran...
Por que con facerme socia creo que estou curando (ainda que non sei se esta e justamente a palabra que debería utilizar, pois según unha canción que oín fai pouco... a morriña non é unha enfermidade a morriña e puro corazón...) ainda que só sea por un momentiño a morriña de moitos
E agora... un porqué? moi galego, ainda que mal soante ;-) X-D; Porqué me fixen socia? Pois..por que me saiu do carallo..... (espero que iste porqué..? non ofenda a ninguén, non o fixen con esa intención, ademáis non me digades que non é unha expresión moi galega jejeje)
Última edição por anavilat em sábado, 08 nov 2014, 21:14, editado 1 vez no total.


Voltar para “Colaboración con Fillos de Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante