CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Cómo podes axudarnos a construir a nosa Comunidade Virtual.
Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor coordfillos » terça, 14 abr 2009, 17:24

Todos temos algo valioso que achegar a este proxecto común que xa ten 12 anos de historia: ti tamén. E agora a nosa asociación recoñece ese valor das túas achegas máis ca nunca!

CAMPAÑA "QUE CHE GUSTARÍA FACER EN FILLOS?"

Na última asemblea de socios celebrada pola nosa Asociación Cultural, e na procura de novas instancias de participación para os máis de 6.000 membros da nosa Comunidade Virtual decidimos dar un enfoque dinamizador máis inclusivo a esa imprescindible participación na construción da nosa común obra.

Así é que no marco da celebración do noso XII aniversario, queremos invitarvos a expresar qué sería aquilo que máis vos motivaría facer dentro dos diversos proxectos e labores de Fillos.

Para todos os que xa están apuntados como voluntarios da Comunidade pero que aínda non atoparon entre os pedidos de colaboración algo no que axudaren, así como para os membros que ata o de agora non se decidiran a ter un papel máis activo na contrución do proxecto, abrimos con esta mensaxe a posibilidade de que nos envíen as súas ideas, as tarefas que pensan que poden facer e que contribuirían a desenvolver todo o potencial dunha rede social mundial de máis de 6 mil galegos!

Como propoñernos as vosas colaboracións? Moi doado:
Quen queira pode simplemente publicar como resposta a esta mensaxe do Taboleiro o seu ofrecemento. Tamén podedes simplemente enviar unha mensaxe ao Coordinador

Cóntanos que posibilidades ves de axudar á Comunidade Virtual, en que temas, áreas ou proxectos che resultaría máis gratificante participar. Hai tantas posibilidades!! Axudar a atopar familiares, redactar artigos, compilar noticias, reseñar libros, enviar noticias, deseñar gráficos, botar unha man coa programación, difundir a existencia de Fillos, captar fondos para proxectos, enviar e responder mensaxes... e mil cousas máis que seguro que se che ocorriron algunha vez que serían interesantes en http://www.Fillos.org, http://www.PlanetaGalego.info, http://www.Atopadoiro.org, http://www.Galeguidade.net, http://www.Etiquetal.com, http://www.Nomes-Galegos.info, http://www.Parcelaria.com, http://www.RedeGalega.org, etc. etc.

Para facilitar a re-organización do voluntariado resultante deste chamamento temos que poñer unha data tope para recibir as vosas mensaxes: o día 30 de Abril (ACTUALIZADO: amplíase o prazo ate o 8 de maio). Así comezaremos o verán celta cun anovado Fillos, onde máis xente atope un lugar interesante para contribuír, para achegar o seu tempo, as súas ideas, os seus coñecementos... o que lle preste!

Facemos extenstivo este chamamento a todos os galegos do mundo, de Galicia e da Diáspora, para que xuntos neste lugar de encontro, fagan súas as nosas actividades e o noso futuro.

Ademais agora, toda participación voluntaria, toda achega activa a Fillos e aos seus proxectos será recompensada por medio dun pagamento en galeuros a nosa moeda pangalaica! (Máis información en http://www.galeuros.com ). É unha maneira de recoñecer o valor do voso tempo á vez que vos axudamos modestamente a dispoñer de recursos cos que afrontar a crise. Tes tempo e gañas de axudar? Pois agora iso permíteche aumentar o teu saldo en galeuros, que che servirá para adquirir diversos produtos e servizos ofrecidos por cada vez máis xente, empresas e organizacións. Se te decides a participar, desde a Xunta Directiva hanche explicar como, cando e canto ingresarás por cada achega.

Imagem

Estamos nun momento decisivo da nosa evolución e non podemos avanzar sen ti! Contamos co teu interese? :)

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor silvine » terça, 14 abr 2009, 18:13

Contas co meu interese. Xa estou a ver en que podo ser de axuda.

Todos somos Fillos, verdade?

Apertas
Silvine

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor cachafeiro » terça, 14 abr 2009, 18:45

Aqui estou para o que necesites.


Alexandra

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor rubi » quarta, 15 abr 2009, 12:58

Cuenten conmigo para lo que pueda ser de utilidad desde mi lugar en la diáspora.
Apoyo la idea del Sr. Secretario-Coordinador: ENTRE TODOS debemos lograr que se concrete este proyecto común, que atañe a todos los miembros de nuestra Comunidad.

Rubí
Buenos Aires-Argentina

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor coordfillos » quarta, 15 abr 2009, 15:32

Rubi, Cachafeiro, Silvine... en primeiro lugar grazas polo voso ofrecemento. De todos modos agora a filosofía é outra. Se cadra non a conseguimos explicar ben con esta mensaxe que redactamos entre Sbaezgarr (como Responsable de Voluntariado) e mais eu.

Non se trata de ofrecer unha axuda xenérica e esperar a que nos asignen tarefas, porque esa é a maneira como tentamos facelo ate o de agora, con non moito éxito, na nosa Roga de voluntarios.

O novo enfoque baséase en que sexades vós, as usuarias e usuarios con tempo e gañas de axudas, as/os que nos digades que cousas concretas vos apetecería facer en/por Fillos de Galicia. Despois nós veremos como encaixar iso coas ducias de cousas que temos por facer, postos de Responsables de Área sen cubrir, novos proxectos, etc.

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor coordfillos » quarta, 15 abr 2009, 15:37

Ah, veño de ver que tanto Cachafeiro como Rubi xa me enviaran algunha idea máis concreta sobre áreas de interese nas que traballaren. Esa era a idea! :-)

Iremos xuntando os demais que se ofrezan a colaborar e de aquí ao día 30 iremos artellando unha nova estrutura de voluntarios/as.

Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor coordfillos » quarta, 15 abr 2009, 16:59

Espero que vos guste a imaxe que veño de crear para a campaña! ;-)

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor silvine » quarta, 15 abr 2009, 17:36

Bueno, mi intención era responder a tu mensaje de inmediato y poner el tema en el Taboleiro, porque interpreté el llamado a colaborar a partir de las propias iniciativas de miembros y socios, y no de "asignar tareas". Siempre uno se involucra más cuando propone aquello que puede realizar mejor porque es su ámbito, lo domina, etc.

He dicho que estaba pensando en qué podía ayudar y que estaba evaluando una propuesta para enviarla. Parece que no se entendió así.
Me alegra que Alexandra y Rubi hayan podido enviarte las suyas.
Prometo hacer lo propio en lo inmediato. Me permito decir que les envié privados a ambas para instarlas a sumarse a esta nueva etapa, pues ambas se destacan por sus aportaciones de distinto tipo, que ahora tendrían su espacio de manera más organizada, por decirlo de alguna manera.
Sé que resulta contradictorio que no lo haya hecho yo misma, pero he tenido problemas personales que, si quieres, te comento por privado, para elaborar un plan para incluirme en esta nueva etapa.

Y espero que haya muchos que ya estén pensando "Y yo, ¿qué puedo hacer por y para Fillos?

Lamento haberte decepcionado. Pero seguimos adelante, que es la única manera de hacer camino ;-))

Unha aperta.

Silvine

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor silvine » quarta, 15 abr 2009, 17:44

CoordFillos Escribeu:Espero que vos guste a imaxe que veño de crear para a campaña! ;-)

Pois me gusta moito pero moito. Congratulaciones! Iso é creatividade en acción.
E a imaxe simboliza o que necesitamos, moitas mans unidas para lograr os nosos obxectivos e coidar de Fillos para que siga adiante.

Apertas.
Silvine

Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

CAMPAÑA: Que che gustaría facer en Fillos?

Mensagempor rubi » quarta, 15 abr 2009, 23:11

Amiga Silvine: hablo por mí, pero podría asegurar que nadie aquí se ha sentido "defraudado" por tí.
Todo lo contrario, has sido la primera que respondió a la solicitud efectuada por nuestro Secretario-Coordinador.
En forma inmediata te has ofrecido para colaborar con las tareas que se requieran para llevar adelante este nuevo proyecto de Fillos.
En un principio, el ofrecimiento es "en general", para que sepan que pueden contar contigo. Ya habrá tiempo (debido a que la fecha tope es el 30 de Abril) para que hagas llegar tus propuestas y enumeres los temas en los que podrás trabajar.
En la última Asamblea de Socios te han designado como Delegada por Argentina, cargo que seguramente desempeñarás con gran idoneidad y compromiso.
Ojalá sean muchos los miembros y socios que sigan manifestando su deseo de colaboración con nuestra Comunidad.

Rubí
Buenos Aires-Argentina


Voltar para “Colaboración con Fillos de Galicia”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante