Novos contidos para aprender galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » segunda, 26 set 2005, 07:39

Gostaríame coñecer a vosa opinión sobre os novos contidos para Aprender Galego que estamos a publicar estes días e que aparecen na sección central da nosa capa, xusto debaixo da cita galega.

Seguimos a traballar para vos ofrecer contidos de interese que vos servan para recuperar a nosa cultura, sendo a lingua un dos aspectos principais dela.

Saúdos!
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » terça, 27 set 2005, 09:55

Hoxe publicamos unhas novas ferramentas que creamos para vos facilitar a aprendizaxe e mellora do idioma: [url=modules.php?op=modload&name=news&file=article&sid=424 t=_self]os bookmarklets[/url]. Nesa páxina tedes as instruccións para os usardes. Esperamos que vos resulten útiles e que os desfrutedes! :-)

Calquera dúbida sobre o seu uso, podédela enviar a este foro.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » terça, 27 set 2005, 12:01

E lembrade que temos máis de 200 palabras xa no .
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » segunda, 03 out 2005, 10:55

Xa fostes probar ? Este test agora é máis doado de utilizar xa que non requere descargar ningún programa para xogar, como era antes o caso. ADemais agora envía unha mensaxe ao noso correo para que vaiamos vendo se melloramos os nosos resultados! Ánimo e a ver quén saca mellor nota! ;-D
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » quarta, 05 out 2005, 08:43

Ollo! Vexo que moitos estades a probar sen entrar como membros. Se o facedes así non poderedes recibir os e-mails cos resultados para ir vendo cómo mellorades ou cántos puntos sacastes. Asi que primeiro conectade como membros e despois xogade ;-)
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » segunda, 10 out 2005, 08:24

Gostaríame saber se vos parece útil para practicardes e aprenderdes galego.

Que opinades do xogo?

As palabras parécenvos doadas ou difíciles?
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

xana
Mensagens: 129
Registado: domingo, 22 mai 2005, 23:04

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xana » terça, 11 out 2005, 21:20

A min paréceme moi divertido, unha maneira orixinal de ter máis vocabulario (por suposto moitísimo mellor que memorizar listaxes de palabras, por exemplo). No que se refire ao nivel de dificultade, algunhas parecéronme moi doadas, pero outras non as escoitara nunca. Por exemplo, non coñecía samesuga, mendo, donicela, cuxo, a reo, torgarse, avesío... E non sigo para non deprimirme máis :D

Edito para engadir algunhas cousas.

Fixen por segunda vez o test, para concretar as miñas opinións. O primeiro, palabras doadas esta vez só atopei dúas ou tres (e fixen 45 preguntas, non é pouco): lembro por exemplo "hoxe", "croque" ou "onte á noite". Para min iso é algo positivo, prefiro que as palabras non sexan doadas, para aprender moito máis. O que non me gustou (e iso xa é problema meu, non do xogo) é ter que escoller ao chou as respostas que descoñecía. Moitas veces o catalán, o castelán medieval ou a lóxica axudábanme, pero deume moita rabia acertar de casualidade. Estaría ben que ao final do test o programa lembrase cales foron os erros. Mesmo estou a pensar nos tests de conducir, o programa garda as preguntas erradas e podes repetilas ata aprendelas. Non sei se iso se podería facer ou évos moi complicado.

Pero en xeral é moi divertido, para min o mellor é ir participando no xogo de cando en vez, para ver a evolución. O que me parece abraiante é a gran cantidade de palabras, case nunca se repiten. Parabéns polo traballo, está moi ben feito e nótase que pensastes nas palabras que podiamos descoñecer, as máis interesantes.

Por certo, hai unha palabra que nin sequera en castelán a coñecía... :-// tiven que buscala no dicionario, porque para min endrina (en galego "abruño", agora xa non o esquecerei) só era o nome dunha personaxe do Libro de buen amor. Parabéns tamén por convertérdesme nunha persoa menos ignorante :)
Última edição por xana em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor xestor » quarta, 12 out 2005, 08:40

Alédame moito que che resulte tan interesante o xogo, Xana, en serio. Así paga a pena o noso traballo :-) Dá gosto axudar a aprendermos galego (todos nós!). Aí temos que recoñecer o mérito de Lorena, que meteu as primeiras palabras hai tempo, cando o xogo estaba en formato Authorware, e de Marisa que está actualmente contribuindo con moitas novas palabras.

O que suxires de amosar as palabras erradas, xa se fai cando pasas á pantalla seguinte, e antes de responder á seguinte palabra. E non tes por qué contestar ao chou. Indo pódelas estudar antes (non fagas trampa e as vaias ver namentras estás xogando, eh!). De todos xeitos verei se se pode facer o que ti dis, de ter un resume das erradas ao final de todo.
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

mdieguez
Mensagens: 91
Registado: quarta, 13 fev 2002, 00:00

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor mdieguez » quinta, 13 out 2005, 01:26

Noraboa polo esforço Casdeiro. Probei o xogo e pude ver como son maliña :-//
Un bico no corazón de todos aqueles que lutan para nos oferecer meios que nos axudan a aprender a lingua dos nosos avós.
Última edição por mdieguez em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.

lopez
Ex-membro
Mensagens: 478
Registado: sábado, 19 out 2002, 23:00

Novos contidos para aprender galego

Mensagempor lopez » domingo, 16 out 2005, 15:47

Eu probei e aprobei, non son tan maliño como a Sra. Mdieguez, mira que en xeral asta estou ben.
Última edição por lopez em sábado, 08 nov 2014, 21:17, editado 1 vez no total.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes