O futuro da lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » terça, 19 fev 2008, 16:11

    






   
Ola Yagui,
Prego escusas pola demora.

Verás, è verdade que algunha aldea corre perigo de extinción, maila situación de outras, è absolutamente todo contrario, é dicir: tenden a incrementar o número de residentes e por suposto tamén da construcción.

Na actualidade, a xente que che vive nas aldeas, estanche o día en case tódalos asuntos do país, e por sorte, tamén podemos dicir con grande fachenda, de termos nas aldeas moitos xoves universitarios, que con moito orgulloso falano galego. Polo tanto, nese senso, penso que o balance sexa óptimo.

A nosa fala xamais desaparacerá. Malia o feito de sere noutrora o castelán, o idioma vehículo do ensino, o galego non foi desarraigado do eido galego.

A nosa lingua popular galega, é entre as románicas, unha das máis sistemáticas. Se queremos atinar cós variados e vivos deseños da súa síntesis, en ledo casamento cós prosódicos e de entonación, non temos máis que escoitar o pobo galego.

Se ben è certo que a verdadeira tradición lingüistica popular galega require hoxe máis ca nunca dun esmerado coidado e dunha intelixente asistenza. Explícome:

O galego normativo ten que ser o vehículo expresivo común e válido para todo o pobo galego, voz apta e dispoñible para as súas manifestacións tanto escritas coma orais, tanto artísticas coma utilitarias, pero é un deber tamén preservarmos os tres dialectos.

Unha lingua canto máis no seu ser, e máis fiada en si, máis inventa e xoga, e nisto a nosa fala é un exemplo dabondo.


Saúdos Yagui! ;-)



O FALAR DAS FADAS

(...)

Fálame no lenguaxe dos gallegos
se me queres facer moito sentir;
na fala qué hasta en labios de labregos
non sei que ten pra min.

(...)

Xa de neno esa fala melosiña
o meu feitizo, a miña groria foi;
fálame no lenguaxe da terriña
se é que me tes amor.



Valentín Lamas Carvajal
Ourense, 1880
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » terça, 19 fev 2008, 18:17

É unha cuestión case, se ques, demográfica. Só bótalle unha ollada á páxina do Instituo Galego de Estatística:
http://www.ige.eu/ga/index.htm

Olla as pirámides poboacionais que teñen. Supoñamos en 50 anos: os vellos de hoxe xa non estarán, serán vellos os que hoxe teñen 20-30 anos. Onde vivirán estas persoas? Nas aldeas? Pois os datos do IGE din que non. A poboación en xeral das aldeas galegas está baixando dun xeito acelerado, aínda que poden existir casos illados onde isto non suceda.

E imaxinemos a situación: deste xeito, o uso do galego no futuro estará nas mans dos rapaces e mozos de hoxe, engadido a que vivirán nas cidades. Tomemos agora os datos do uso de galego dos xoves das cidades. Os datos din que os xoves que falan galego "sempre" nas cidades son entre un 10-15 %. En 50 anos os vellos que falen galego, entón, serán o 10-15 % se non facemos nada.

Lonxe está de ser óptima a situación, Bershky. Se pensamos iso e convencémos diso, corremos o risco de ter que cambia-la letra da canción popular por: "o meu galeguiño perdeuse, ninguén sabe onde vai...". Hai que tomar medidas urxentes e significativas, porque senón a lingua galega será un elemento máis da morriña, mais tamén dentro de Galiza.

Saúdos!
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

O futuro da lingua

Mensagempor bershky » terça, 19 fev 2008, 19:24

   








     
O meu galeguiño xamais se perdeu, e vai aló onde eu vou.


Cachis! ando escasa de tempo? prometo voltar o máis axiña que poida.

Saúdos
Última edição por bershky em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » terça, 19 fev 2008, 20:18

O meu tampouco perdeuse, de feito o galego non é a miña lingua nai e sen embargo quixen aprender a falala.
O que eu expoño é o que, de seguirmos así, vai acontecer no futuro..
Saúdos
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » quinta, 21 fev 2008, 12:18

- Cales son os últimos datos sobre lingua materna recollidos en Galicia?
- Os últimos datos recollidos no Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 indican que o 36,2% dos galegos de entre os 15 e os 54 anos aprenderon a falar soamente en castelán, mentres o 25,9% aprendeu a falar maioritariamente en castelán; é dicir, o 62,1% dos galegos destas idades aprenderon a falar en castelán. Pola contra, o 35,7% fíxoo só (20,6%) ou preferentemente en galego (15,1%).
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » quinta, 21 fev 2008, 12:21

yagui Escribeu:É unha cuestión case, se ques, demográfica. Só bótalle unha ollada á páxina do Instituo Galego de Estatística:
http://www.ige.eu/ga/index.htm

Olla as pirámides poboacionais que teñen. Supoñamos en 50 anos: os vellos de hoxe xa non estarán, serán vellos os que hoxe teñen 20-30 anos. Onde vivirán estas persoas? Nas aldeas? Pois os datos do IGE din que non. A poboación en xeral das aldeas galegas está baixando dun xeito acelerado, aínda que poden existir casos illados onde isto non suceda.

E imaxinemos a situación: deste xeito, o uso do galego no futuro estará nas mans dos rapaces e mozos de hoxe, engadido a que vivirán nas cidades. Tomemos agora os datos do uso de galego dos xoves das cidades. Os datos din que os xoves que falan galego "sempre" nas cidades son entre un 10-15 %. En 50 anos os vellos que falen galego, entón, serán o 10-15 % se non facemos nada.

Yagui, eu coido que imos polo camiño do gaélico irlandés: http://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_irlandesa (380.000 falantes nativos) :'(

Imagem
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » quinta, 21 fev 2008, 16:43

Dacordo, pero os datos que ti das son os datos de Galiza (entre paréntese, tampouco bos), non das cidades galegas. Nas cidades a situación non é moito mellor á que describín eu..
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

O futuro da lingua

Mensagempor yagui » quinta, 21 fev 2008, 16:57

Non vira a túa última mensaxe, Casdeiro. Si, a situación é triste, pero creo que pódese mellorar. Por un lado, penso que a normalización total de Galiza respecto da súa lingua é xa imposibel...mais con políticas moi fortes, políticas que tomen a cuestión dun xeito serio, é dicir, pensando realmente na extinción do galego, pódese reverter moito. Por outra banda, non só depende de esforzos do Estado senón da conciencia de cada un de nós de que isto non debe acontecer.

Agora, qué pensades que podemos facer nós dende a emigración? Eu síntome ás veces un pouco tolo pensando no futuro do galego tan lonxe dalí. A sensación é de impotenza pola distancia...

Saúdos
Última edição por yagui em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » sexta, 22 fev 2008, 09:21

yagui Escribeu:Non vira a túa última mensaxe, Casdeiro. Si, a situación é triste, pero creo que pódese mellorar. Por un lado, penso que a normalización total de Galiza respecto da súa lingua é xa imposibel...mais con políticas moi fortes, políticas que tomen a cuestión dun xeito serio, é dicir, pensando realmente na extinción do galego, pódese reverter moito. Por outra banda, non só depende de esforzos do Estado senón da conciencia de cada un de nós de que isto non debe acontecer.

Concordo contigo. Se non se toma en serio, iráselles das mans. En Euskadi, partindo dunha situación moito peor a recuperación é asombrosa. Pero con actitudes como as que vemos por parte de certos sectores contra as Galescolas ou entidades como "Galicia en Español", "Galicia Bilingüe", "Tan gallego como el gallego"... pois non axudan moito que digamos. Tamén fai moito o auto-odio, penso que é o que máis nos perxudica nesta cuestión -como en tantas outras-

yagui Escribeu:Agora, qué pensades que podemos facer nós dende a emigración? Eu síntome ás veces un pouco tolo pensando no futuro do galego tan lonxe dalí. A sensación é de impotenza pola distancia...

Saúdos

Si, é algo que me leva preocupando desde hai moitos anos e no que penso que Fillos de Galicia ten bastante que dicir. Nós facemos por valorizar a lingua no exterior: que vexan que a usamos os de fóra, mesmo os que non nacemos na Terra, e ese exemplo xa fai moito. Eu véxoo na miña propia familia: desque eu falo galego, eles recoñécenlle máis valor. Ou o libro que vimos de editar... demostrando que se crea cultura na nosa lingua tamén fóra: http://www.fillos.org/tenda/product_inf ... cts_id=119

Son pequenas cousas pero que teñen efecto, son mediciña contra o auto-odio...

Calquera outra idea será benvida nesta lugar, para iso estamos!
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

O futuro da lingua

Mensagempor xestor » sexta, 22 fev 2008, 09:23

Máis datos sobre a triste realidade: http://www.xunta.es/galicia2003/es/05_03.htm

Imagem
Última edição por xestor em sábado, 08 nov 2014, 20:42, editado 1 vez no total.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante