Valoración do decreto do Galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Valoración do decreto do Galego

Mensagempor pilarmabel » terça, 12 jan 2010, 15:27

O Consello da Cultura cala e a AIEG fala de \'erro ético\'
Silencio do Consello da Cultura e dura crítica da Asociación Internacional de Estudos Galegos ao fío do polémico texto que reducirá a presenza do galego nas aulas
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, rexeitou esta mañá valorar o polémico borrador do decreto da lingua no ensino, que diminúe o mínimo de galego do 50 ao 33 por cento.
O silencio de Villares contrastou coa postura do presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). No mesmo acto no que o Consello calou, Craig Patterson cualificou de “erro ético e filosófico” a norma que prepara a Xunta do PP. A AIEG coordina o traballo de intelectuais como Patterson, profesor titular na Universidade de Cardiff, sobre o galego no estranxeiro.
\'Consulta minúscula\' para un tema trascendental
Patterson criticou que o Goberno explote unha “consulta minúscula” para un aspecto de tal importancia como a promoción da lingua propia, en referencia á pretensión de supeditar á decisión dos pais a lingua de varias materias.
O director do AIEG insistiu que o “prexudicial” borrador crea, ademais, “grandes problemas loxísticos para o profesorado”. Cómpre lembrar que o PP quere que o 33 por cento das aulas sexan en inglés. Segundo Comisión Obreiras, menos da carta parte dos centros galegos poderían hoxe dar máis clases en lingua estranxeira.
A Real Academia Galega xa criticou extraoficialmente o decreto
Pola súa banda, Villares xustificou o seu silencio en que a directiva Consello da Cultura aínda non tomou unha postura oficial. Iso malia que o decreto foi presentado hai máis de dúas semanas e os directivos xuntáronse esta mañá en Compostela. O Consello prevé pronunciarse este mes.
O escritor tamén se negou a expresar a súa opinión persoal sobre a norma. Villares é membro da Real Academia Galega (RAG), que tamén se reuniu onte.
A diferenza do Consello, a RAG, que aínda non publicou a súa valoración oficial, si transmitiu aos medios a súa postura crítica co texto, que a plataforma cidadá Queremos Galego cualifica do maior ataque ao idioma do país na historia da democracia en Galiza.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes