O 21 de Xaneiro, manifestación en Compostela.

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O 21 de Xaneiro, manifestación en Compostela.

Mensagempor pilarmabel » segunda, 11 jan 2010, 23:56

Queremos Galego contra a \'imposición do decreto\'
\'Todo o mundo é un extremista menos o Partido Popular?\', pregúntase Queremos Galego en resposta as acusacións de Anxo Lorenzo de non querer negociar con grupos \'extremistas\'.
Queremos Galego presentou esta mañá a folga e a manifestación contra o decreto da lingua no ensino, que reduce a promoción do galego. Os personaxes de Pepe Carreiro, Os Bolechas, que edita A Nosa Terra, son os protagonistas de “máis de 50.000 carteis e 75.000 folletos (...) que van chegar a todas as aulas”.
A plataforma confirmou que, ademais da xa coñecida folga, haberá unha manifestacion o xoves 21 de xaneiro en Santiago. Será a partir das 11h30 dende a Alameda.
Asembleas para organizar os autobuses dende 21 comarcas
O voceiro da plataforma, Fran Rei, prometeu que haberá “servizo de autobuses en todas as comarcas onde sexa posíbel”. Para organizar o traslado, as 21 organizacións comarcais de Queremos Galego comezan estes días a programar asembleas.
“A maior agresión que sofre a lingua galega (...) na etapa autonómica” é o motivo da”resposta inmediata” da plataforma, que este inverno logrou organizar a maior e máis plural manifestación da historia a prol do idioma.
A XUNTA NECESITA VARIOS ANOS PARA FORMALOS
A Mesa alerta de que os nenos poden herdar os defectos do inglés dos profesores
O portavoz preguntouse se o PP tamén considera “extremista” a Henrique Monteagudo. “Que pasa? Todo o mundo é un extremista menos o Partido Popular?” ironizou Callón en resposta as declaracións do secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, negándose a buscar un consenso cos críticos co borrador do decreto por seren extremistas.
“E unha insensatez que levaría ao fracaso escolar (...) nas tres linguas”, teimou Callón na rolda de prensa este mediodía, quen insistiu que a folga defende a calidade do ensino.
O líder da Mesa advertiu do risco de que profesores sen nivel suficiente teñan que dar materias en inglés, polo que lles transmitirán aos nenos as súas eivas. Cómpre lembrar que o borrador fixa nun 33 por cento as materias en inglés.
Ofensiva nos xulgados e ante a UE
Iso si, o Goberno admite que non ten profesores abondo para cumprir. Onte, Lorenzo admitiu que se necesitarían “tres ou catro” anos para formar os mestres.
Callón tamén adiantou que a plataforma estuda “vías de denuncia internacional” e recursos xudiciais contra o borrador do PP.
NEGAN QUE SEXA UNHA FOLGA PREVENTIVA, COMO DI O PPDEG
CIG e A Mesa rexeitan o diálogo se é para reducir as aulas en galego
Anxo Louzao, responsábel da CIG-Ensino, explicou que o Goberno aínda non chamou os sindicatos a negociar o decreto. Louzao abriuse ao diálogo pero negouse a negociar “ningún paso atrás (...), calquera medida que supoña unha involución”. Tamén a Mesa se pronunciou contra un “diálogo de pantomima”.
Louzao asegura que a nova norma non acada o nivel de protección do galego dos textos de 1983 e 1995. Tamén argumenta que todos os sindicatos do ensino están en contra o borrador.
UGT e Comisións participarán na folga
Neste sentido, Callón indicou que UGT e Comisións secundarán a folga no ensino. No acto de hoxe había tamén representantes do STEG.
Sobre as acusacións da Xunta e do PP de que se trata dunha “folga preventiva”, Callón respondeu lembrando que o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, denunciou que este Goberno non tomou aínda unha medida a prol da lingua.
Louzao argumenta que a folga non foi convocada antes da presentación do borrador. Na súa opinión, só se advertiu de que se convocaría no caso de que o PP teimase en reducir as aulas en galego.
O INE mostra que o 20 dos nenos non sabe galego
A emisión de programas infantís en inglés con subtítulos (caso dos Teletubbies), a eliminación do exame de galego para ser funcionario e o cambio nas galescolas son algunhas das iniciativas firmes que xa tomou a Xunta contra o idioma do país; segundo denunciou Callón.
Callón lembrou que un 20 por cento dos rapaces son analfabetos funcionais en galego, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística. Tamén indicou que hai escolas que só ensinan en castelán e inglés.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Un saludo
Pilar

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

O 21 de Xaneiro, manifestación en Compostela.

Mensagempor pilarmabel » quinta, 14 jan 2010, 10:31

A nosa lingua no ensino
Solidariedade portuguesa coas protestas contra o borrador do decreto
Un artigo do xornal \'Correio do Minho\' alerta de que a Lusofonía está ameazada e que sofre unha agresión histórica con esta norma \"galegófoba\".
\"No día 21 de xaneiro, os miñotos non deben esquecer un abrazo de solidariedade aos galegos que loitan por un dos seus emblemas máis vivos da súa identidade como pobo e baluarte da súa autonomía fronte á imposición castelá baixo a capa da liberdade. Non só por amizade cos galegos, mais porque a Lusofonía está ameazada e ficará empobrecida na Galiza con este decreto da Xunta de Núñez Feijoo\".
Con estas palabras chama o articulista do xornal portugués Correio do Minho,Costa Guimarães, a apoiar os galegos na folga xeral das escolas organizada por Queremos Galego para o vindeiro xoves 21 de xaneiro \"para tentar impedir a máis forte agresión contra o idioma propio da Galiza en toda a súa vida democrática\". \"É importante que saibamos ser solidarios con eles contra este decreto que non ten o apoio das familias, nin dos profesores, nin dos alumnos\", asegura ao tempo que cualifica a decisión do Goberno como \"decreto galegófobo\" e o identifica como un ataque a toda a Lusofonía.
Podes ler aquí o artigo de Costa Guimarães no Correio do Minho:
http://www.correiodominho.com/cronicas.php?id=1195
Fuente:http://www.vieiros.com
Pilar

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

O 21 de Xaneiro, manifestación en Compostela.

Mensagempor cachafeiro » domingo, 17 jan 2010, 01:32

Fronte común a prol da lingua no ensino
CC OO tamén se suma á folga contra o decreto do galego
Europa Press . O sindicato Comisións Obreiras anunciou hoxe que secundará a folga xeral no ensino, convocada pola plataforma Queremos galego, para o próximo 21 de xaneiro tras \'esgotar todas as vías de diálogo coa Consellaría de Educación\', despois de que, segundo reflectiron, a Xunta \'rompese o consenso anterior\'.
En declaracións a Europa Press, o responsábel de Ensino Público de CC OO, Xosé Fontes, lamentou que a Consellaría de Educación \"non abrise unha liña de diálogo\" co sindicato, pois segundo dixo, tiñan o \"compromiso\" da Xunta para unha reunión que non se produciu. Segundo manifestou, \"nunca\" foron convocados \"formalmente\", polo que resaltou que nos próximos días \"non existen garantías para unha reunión\".
Entre os motivos para acudir á folga adúcese que as bases foron presentadas \"como unha provocación\" o 30 de decembro co profesorado fóra das aulas. Fontes indicou que o sindicato lle reclamou á Xunta unha folla de ruta e que modificase o documento de bases para a elaboración do decreto plurilingüe. \"No canto de buscar un camiño de encontro, o único que fixeron foi botar máis lume ao tema e recalcar a súa posición non negociadora na que as bases son inamovíbeis\", criticou o sindicalista.
Ademais, insistiu en que intentaron \"manter\" as liñas de diálogo, pero ao seu xuízo, a consellaría \"parece que non quere entender que a lingua é propiedade de todos\", ao que engadiu que a Xunta \"está facendo un fraco favor á lingua se a tratan só como patrimonio dos que gobernan\".
Sen discrepancias sobre a decisión
Así mesmo, o responsábel de Ensino Público de CC OO explicou que \"unha maioría moi ampla\" do sindicato apoiou secundar a folga e \"non existen discrepancias\", aínda que explicou que \"todos\" preferían primeiro negociar \"e se non daba resultado, empregar instrumentos de negociación\".
\"A Xunta debe escoitar as voces de todas as partes, pero tamén dos que apoiamos o galego, parece que se escorou cara a un sector extremista que defende a supremacía do castelán sobre o galego\", criticou Fontes. Por iso, subliñou que o Goberno galego debe negociar na mesa sectorial e nos órganos consultivos como o Consello escolar do Estado.
Finalmente, definiu como un elemento \"distorsionador\" introducir o inglés como terceira lingua vehicular en \"igual de condicións que as dúas linguas oficiais\". Ademais, explicou que o galego parte dunha situación de desvantaxe polo que se deben realizar políticas de discriminación positiva\", ao que engadiu que a proposta é \"irrealizábel\" xa que existe un número limitado de profesores para levalo á práctica.
http://www.anosaterra.org/nova/40268/cc ... alego.html


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes