Folga nas aulas o día 21 de xaneiro

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Folga nas aulas o día 21 de xaneiro

Mensagempor pilarmabel » terça, 29 dez 2009, 23:29

Convoca a Mocidade pola Lingua
Folga nas aulas o día 21 en defensa do galego
Europa Press . A Mocidade pola lingua convocou unha folga no ensino medio do país para reclamar o dereito a estudar só en lingua galega. A protesta está prevista para o próximo 21 de xaneiro.
Nun comunicado, a organización destacou que o idioma galego segue perdendo falantes ano tras anos, especialmente entre os mozos do país. Así, recordou que o Goberno bipartito aprobou o decreto 124/2007 polo que se estabelecía o uso do galego como mínimo nun 50 por cento do ensino.
No entanto, considerou que o PPdeG está \"decidido\" a dar marcha atrás ao \"pequeno avance\" que, ao seu xuízo, representou o citado decreto, polo que a organización fixo un chamamento aos estudantes do país para que o próximo día se sumen á súa protesta, baixo o lema \'Contra o decreto do PP, polo galego como lingua vehicular do ensino\', para reivindicar unha educación \"monolingüe\" no idioma de Rosalía.
Fuente:http://www.anosaterra.org

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes