Queremos Galego convoca contra o Decreto de Feixó

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
coordfillos
Mensagens: 115
Registado: terça, 24 mar 2009, 17:12

Queremos Galego convoca contra o Decreto de Feixó

Mensagempor coordfillos » terça, 29 dez 2009, 09:11


pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Queremos Galego convoca contra o Decreto de Feixó

Mensagempor pilarmabel » quinta, 31 dez 2009, 09:55

RESPOSTA AO CAMBIO DO CONSELLO
\\\'Queremos Galego\\\' traslada a protesta a San Caetano
Varios milleiros de persoas responderon a convocatoria da plataforma \\\'Queremos Galego\\\' este serán en Compostela. Os manifestantes protestan contra a derrogación do decreto da lingua do ensino que hoxe iniciará a Xunta do PPdeG coa presentación dun novo borrador. Malia non ter permiso da Policía, a protesta trasladouse até San Caetano.
\\\'Queremos Galego\\\' responde deste xeito ao cambio do Consello da Xunta previsto para este mércores. Alberte Nuñez Feixóo trasladouno dende o Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, até San Caetano para non coincidir coa concentración.
Antes de iniciar a marcha, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrou que a manifestación se fai porque \\\"hoxe se vai perpetrar o maior ataque da historia da democracia contra a lingua\\\". O voceiro destacou que en Galiza hai escolas infantís nas que só se dan clases en español e inglés. Un exemplo que, na súa opinión, proba a necesidade de manter a actual norma, que fixa nun 50% o mínimo de clases en galego.
Sen incidentes en San Caetano
Callón, confirmou, ao igual que Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, que haberá folga nas aulas o próximo 21 de xaneiro.
A marcha partiu do Obradoiro as 17:15 horas até San Caetano sen máis incidentes que algún corte momentáneo do tráfico. Comezou a se disolver en torno das 18:15 horas, despois de que se cantara o himno galego e no medio dunha forte choiva.
Na concentración desta tarde había bandeiras de STEG, CIG, Galiza Nova e ISCA!; entre outras organizacións.
O BNG di que o inglés é a coartada do PP para o \\\'exterminio\\\' do galego
O voceiro parlamentar de lingua do Bloque Bieto Lobeira acusou ao Presidente da Xunta de “ter medo” á resposta social á derrogación do decreto do bipartito. O nacionalista cre que este foi o motivo do cambio a ultima hora do lugar do Consello, que sempre se organizou no Pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro, dende a chegada do PP ao poder.
Lobeira argumenta que a pretensión de Feixóo é “o exterminio social” da lingua propia do país. Sobre a intención da Xunta de aumentar o ensino en inglés, o deputado opina que é é un “pretexto \\\'burdo\\\'” e unha “coartada” para reducir a presenza do galego nas aulas.
O nacionalista nega que a concentración desta tarde teña carácter preventivo, como criticou o PPdeG. Lobeira lembra que o propio Feixóo xa adiantou que non ía respectar o 50% de aulas en galego como mínimo que marca a norma vixente.
A CIG mobilizarase até lograr cambiar a política da Xunta
O responsábel da CIG-Ensino, Anxo Louzao, cualificou de “puñalada á nosa identidade” o borrador de Decreto que presentará esta noite o presidente da Xunta.
“Non imos parar até que desista da política de exterminio”, concluíu o sindicalista en declaracións ao comezo da marca.[quote]
Fuente: http://www.anosaterra.org

pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Queremos Galego convoca contra o Decreto de Feixó

Mensagempor pilarmabel » quinta, 31 dez 2009, 09:59

\'Nova agresión ao idioma\'
Fronte común dos sindicatos contra o decreto
As organizacións sindicais maioritarias rexeitan rotundamente o borrador do decreto que regula o uso e promoción do galego na educación. A CIG-ensino –central con maior presenza no sector– ve na norma o \'colofón\' a un \'proceso de agresión permanente\' á lingua. Así, anunciou o seu compromiso de secundar a folga do 21 de xaneiro nas aulas do país
A CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, rexeita “rotundamente” o novo decreto do galego presentado no Consello da Xunta ao entender que constitúe unha “nova agresión” ao idioma propio e “un paso máis” do PPdeG para “reducir” os dereitos lingüísticos dos galegos.
Nun comunicado, criticou que o borrador se presentase durante as festas do Nadal, \"en plenas vacacións escolares\", e esixiu a súa retirada, así como o mantemento do decreto vixente, o 124/2007.
Nesta liña, considerou que o borrador foi elaborado para \"perpetrar\" unha \"agresión importante\" contra a lingua galega, a pesar de presentarse \"tinguido\" polo \"verniz de modernidade\" que, ao seu xuízo, “representa o trilingüismo\".
“Agresión permanente”
A CIG-Ensino asegurou que o borrador de decreto é o \"colofón\" a un \"proceso de involución e agresión permanente\" ao idioma do país que, sinalou, se concretou en que os profesores candidatos non teñan que demostrar capacitación nesa lingua, na supresión da proba de galego para acceder á función pública ou a eliminación orzamentaria para os programas de inmersión, entre outros.
O sindicato nacionalista reiterou a súa intención de convocar unha folga no ensino, xunto á plataforma Queremos Galego, o próximo 21 de xaneiro para \"contestar\" á \"agresión\" do Goberno autonómico.
O STEG ve o novo decreto “un erro pedagóxico”
O sindicato STEG cualificou de \"erro pedagóxico e político\" o novo decreto do galego ao soster que \"profundará\" o fracaso escolar do alumnado en competencia lingüística ao reducir o número de materias en galego.
Nun comunicado, a organización considerou que a medida pretende \"enganar a toda a sociedade\" ao tratar de equiparar a aprendizaxe das linguas vehiculares da sociedade galega, \"imprescindíbeis para o coñecemento das materias do currículo\", co coñecemento dunha lingua estranxeira.
“Conflitos”
Así, entendeu que o novo decreto é un \"erro político\" por non percibir a situación de desigualdade do galego e afirmou que ese texto non fai \"xustiza\" á lingua propia do país e non cumpre a obrigación da Xunta de protexer a lingua.
Nesta liña, indicou que a elección dos pais pode vulnerar o dereito ao coñecemento dos nenos á vez que supor unha irresponsabilidade do actual Goberno galego ao \"inhibirse de lexislar\". Por iso, augurou que creará conflitos nos centros \"que até hoxe non existían\".
CC OO critica que a norma satisfai os \'extremistas\' do castelán
Tamén CC OO, a través dunha nota de prensa, desbotou o borrador do decreto e reclamou negociación e consenso \"reais\" antes de modificar calquera norma legal sobre o uso do galego no ensino. Ademais, asegurou que non renunciará a participar en ningún foro onde se debata o futuro da lingua propia no sistema educativo.
O sindicato recordou a súa oposición á ruptura do consenso parlamentario logrado co decreto do galego vixente e defendeu que, tras evidenciarse a vontade \"unilateral\" do PPdeG, a norma que se aprobe ha de estar \"avalada\" polo \"maior consenso\" social e político.
Nesta liña, advertiu de que será \"extremadamente belixerante\" para garantir que ao termo do período de ensino obrigatorio as competencias do alumnado galego sexan reais tanto en galego como en castelán.
Así, rexeitou \"con toda rotundidade\" a postura do Goberno galego de \"estimular\" o \"enfrontamento por razón de lingua\" para satisfacer \"aos sectores máis extremistas que defenden a primacía do castelán\".
ANPE busca a plena competencia en galego e en castelán
Por último, ANPE –menos belixerante que os demais sindicatos– mostrouse disposto a negiociar e asegurou que se esforzará na tramitación do decreto do galego para lograr un \"verdadeiro compromiso\" de cara ao impulso do multilingüismo nas aulas e que os alumnos conclúan o ensino obrigatorio con \"plena competencia\" nas dúas linguas oficiais e, ademais, nunha estranxeira.
ANPE recordou que defende o uso da lingua galega e o dereito a expresarse nela en igualdade de condicións que o castelán. Así, insistiu en que a comunidade galega conta con dous idiomas oficiais e que os alumnos han de finalizar os seus estudos con competencias \"completas\" en ambas.
Fuente: http://www.anosaterra.org


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes