Dicionario sobre novas tecnoloxías na nosa lingua

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
rubi
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: terça, 01 abr 2008, 22:58
Contacto:

Dicionario sobre novas tecnoloxías na nosa lingua

Mensagempor rubi » quarta, 16 dez 2009, 14:41

Este martes presentouse en Compostela o Dicionario Enciclopédico Galego das TIC, dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras, da Internet e das Telecomunicacións, unha obra promovida polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións e dirixida por Xavier Alcalá que pretende normalizar na nosa lingua o vocabulario relacionado coas novas tecnoloxías.
A presentación do proxecto e mais a reflexión sobre o futuro da lingua galega na era dixital foron as principais accións que promoveu o COETG para conmemorar, xunto coa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008.
Alcalá, ademais de achegar os primeiros resultados do proxecto en canto a escolma de termos e criterios de selección, falou da intencionalidade do Dicionario, da súa produción e metodoloxía de traballo, así como da súa promoción e divulgación na rede. Como enxeñeiro, afirmou, cómprenos a aplicación correcta dos códigos. O código fundamental para os humanos é a fala. Por iso, nós temos unha especial obriga na corrección e na economía dos termos, de aí que para Alcalá sexa obxectivamente encomiable o Dicionario que nos propomos levar ao dominio dos feitos.
O Dicionario Enciclopédico Galego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, no que traballan máis de 30 expertos, conta coa supervisión técnica e científica da Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo e coa supervisión lingüística da Real Academia Galega. A súa produción desenvolverase en tres anos e aloxarase na web corporativa da AETG e nos dominios de Internet da ETSET de Vigo e da Real Academia Galega, con actualización permanente e grupos de traballo na súa contorna para o desenvolvemento conxunto da lingua e das tecnoloxías.
Fonte: www.vieiros.com
Rubi
BuenosAires-Argentina

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante