Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego

Mensagempor cachafeiro » terça, 15 dez 2009, 15:23

QUEREMOS GALEGO
www.queremosgalego.org
Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego
O presidente da Xunta responde á carta enviada desde a plataforma, cuxa existencia negara Anxo Lorenzo aos medios
Queremos Galego considera “un mal síntoma” que “o presidente da Xunta non queira nin escoitar”
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2009.- Nunha carta enviada como resposta á solicitude de entrevista por parte de Queremos Galego, o presidente da Xunta rexeita reunirse cunha plataforma que conta co apoio de 600 entidades e que convocou unha das tres maiores manifestacións da historia democrática de Galiza, cunha participación estimada pola policía en 50.000 persoas e polos organizadores en 100.000.
Desde Queremos Galego consideran “un moi mal síntoma” o “desdén” de Alberto Núñez Feijóo, “que non quere nin escoitar a quen pide o cumprimento da lei e dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos”. Por iso, sitúan esta resposta dentro dunha “liña profunda de arrogancia e prepotencia contra o idioma propio do país, que sería bo para todas e todos que mudase”.
Ademais, Queremos Galego chama a atención a que “quedan ao descoberto as mentiras do secretario de Política Lingüística”, Anxo Lorenzo, quen negara en varias comparecencias e entrevistas que esta plataforma se puxese en contacto co Goberno galego.
Na misiva que o presidente da Xunta lle remite a Carlos Callón, como representante da plataforma, rexeita reunirse con Queremos Galego, aos que insta a que se entrevisten con Anxo Lorenzo. “É triste que o máximo dirixente do Goberno galego non queira escoitar as demandas dos convocantes da maior marcha da historia en defensa da lingua galega e que nos remita a alguén sen capacidade de decisión nin incidencia, como puro xesto para a galería”, laméntanse.
“A sociedade galega aínda está a agardar a primeira medida en defensa do noso idioma por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo”, conclúen, ao tempo que lembran que “se a Xunta non recúa na súa intención de diminuír a presenza do galego no ensino, convocaremos un paro xeral que ten todos os visos de se converter en histórico, porque as comunidades educativas están moi preocupadas polos enfrontamentos que o actual goberno está a provocar polos seus ataques contra o galego”.
http://www.queremosgalego.org/
Alexandra Cachafeiro Camiña

yagui
Mensagens: 81
Registado: segunda, 13 set 2004, 23:00

Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego

Mensagempor yagui » terça, 15 dez 2009, 15:33

Como di o refrán, e pedirlle peras ao olmo

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Feijóo rexeita a reunión solicitada por Queremos Galego

Mensagempor cachafeiro » terça, 15 dez 2009, 21:47

Arrogancia contra o idioma
Feijóo rexeita reunirse coa plataforma \"Queremos Galego\"
MARÉ . SANTIAGO
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou reunirse coa plataforma Queremos Galego, que considera o seu \"desdén\" un \"moi mal síntoma\" xa que \"non quere nin escoitar a quen pide o cumprimento da lei e dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos\".
A plataforma recibiu, por carta, unha negativa á solicitude de entrevista que realizaran ao presidente da Xunta. O colectivo sitúa esta resposta dentro dunha \"liña profunda de arrogancia e prepotencia contra o idioma propio do país, que sería bo para todos que mudase\".
Queremos Galego critica a postura de Feijóo ante unha plataforma que \"conta co apoio de 600 entidades e que convocou unha das tres maiores manifestacións da historia democrática de Galiza, cunha participación estimada pola policía en 50.000 persoas e polos organizadores en 100.000\", salientan.
Ademais, este colectivo chama a atención a que \"quedan ao descuberto as mentiras do secretario de Política Lingüística\", Anxo Lorenzo, que negara en varias comparecencias e entrevistas que esta plataforma se puxese en contacto co Goberno galego.
Feijóo ínstaos para que se reúnan con Anxo Lorenzo
Na misiva que o presidente da Xunta lle remite a Carlos Callón, como representante da plataforma, rexeita reunirse con Queremos Galego, aos que insta para que se entrevisten con Anxo Lorenzo.
\"É triste que o máximo dirixente do Goberno galego non queira escoitar as demandas dos convocantes da maior marcha da historia en defensa da lingua galega e que nos remita a alguén sen capacidade de decisión nin incidencia, como puro xesto para a galería\", laméntanse dende a plataforma.
\"A sociedade galega aínda está a agardar a primeira medida en defensa do noso idioma por parte do goberno de Alberto Núñez Feijóo\", conclúen.
Ademais, lembran que \"se a Xunta non recúa na súa intención de diminuír a presenza do galego no ensino, convocaremos un paro xeral que ten todos os visos de se converter en histórico, porque as comunidades educativas están moi preocupadas polos enfrontamentos que o actual goberno está a provocar polos seus ataques contra o galego\".
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=497336
Alexandra Cachafeiro Camiña


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante