Tuenti en galego, prestixio para a lingua entre a xente nova

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Tuenti en galego, prestixio para a lingua entre a xente nova

Mensagempor pilarmabel » sexta, 04 dez 2009, 10:51

A Mocidade pola Normalización Lingüística felicítase pola \"boísima noticia\" e lembra a campaña que promoveu para que o idioma estivese na rede social.
O anuncio de que a rede social Tuenti estará dende este xoves tamén dispoñíbel en galego foi recibido con satisfacción pola Mocidade pola Normalización Lingüística. O colectivo considera unha \"boísima noticia\" para a lingua que a xente nova poida usar o galego na rede social máis empregada por ese tramo de idade. Anima, asemade, a que todas as persoas usuarias aproveiten \"o importante dereito que vimos de conquistar\".
As mocidades da Mesa xa contan cun perfil propio en Tuenti a través do que difunde e promove iniciativas dirixidas á xente nova que reivindican o uso do galego en diferentes ámbitos. De feito, no último ano promoveu unha campaña para que Tuenti estivese en galego do mesmo xeito que xa están outras redes sociais, como Facebook.
A Mocidade animou a enviar queixas masivas ao equipo xestor de Tuenti pola exclusión do galego e polo uso deturpado dalgúns topónimos. Paralelamente, promoveu eventos reivindicativos para reclamar ese servizo en galego, que sumaron até hoxe máis de 20 mil adhesións.
Prestixio do galego[b]
O colectivo aplaude \"o cambio de actitude\" dos xestores de Tuenti no uso das distintas linguas oficiais do Estado Español e considera \"un éxito para a nosa lingua poder estar presente con normalidade nas redes sociais máis importantes do momento, con millares de usuarias e usuarios, nesta época na que as novas tecnoloxías xa fan parte da vida cotiá da mocidade\".
Asegura que é fundamental \"vincular a nosa lingua a ámbitos considerados de prestixio pola mocidade para rehabilitar, fortalecer ou mesmo crear unha consciencia lingüística favorábel ao galego\".
Fuente:http://www.vieiros.com/
Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes