Nova sentenza do Supremo a prol do galego no ensino

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Nova sentenza do Supremo a prol do galego no ensino

Mensagempor pilarmabel » terça, 17 nov 2009, 16:07

NA VÉSPERA DO \'CONTRADECRETO\' DO PP
Nova sentenza do Supremo a prol do galego no ensino
Redacción . O castelán non está discriminado no ensino. Este é un dos argumentos que usa o Tribunal Supremo para rexeitar que, como pedía unha familia viguesa, os pais escollan a lingua na que se educan os seus fillos.
\"Toda persoa dependente da xurisdición dun Estado o dereito a ser instruído na lingua da súa elección conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían reivindicar así unha instrución impartida en calquera lingua, en calquera dos territorios\", argumenta o xuíz.
Difícil situación para a Xunta do PP
A sentenza ten unha enorme importancia política en Galiza. E é que a Consellaría de Educación está a ultimar estes días a proposta de decreto coa que derrogará o texto aprobado polo bipartito.
Lei que agora sae reforzada mentres deixa sen argumentos a aqueles que, como a cúpula do PPdeG, denunciaron a imposición do idioma nos centros. Precisamente o Supremo pronunciouse por unha denuncia dunha familia do colexio \'Los Sauces\' de Vigo que pretendía que o seu fillo estudase todo en castelán, petición que denegou a administración autonómica.
Feixóo prometeu a “libre elección lingüística”
O xuíz argumenta que nin a Constitución nin a Declaración dos Dereitos Humanos facultan os país para escoller a lingua de estudo dos seus descendentes.
Cómpre lembrar que o PP no seu programa prometeu un “bilingüsimo integrador” baseado no “dereito da libre elección lingüística”. Promesa que AlbertE Nuñez Feixóo se comprometeu a cumprir en 100 días derrogando o texto do bipartito.
Porén, os conservadores seguen a ultimar a súa proposta de reforma legal. Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, dixo que a presentaría este ano e que se aplicaría no próximo curso. A actual norma só fixa un mínimo do 50 por cento de materias na lingua propia do país
http://www.anosaterra.org/media/media0000019010.pdf
Fuente:http://www.anosaterra.org

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante