Decálogo sobre a lingua.. dun artigo de Carlos Callón

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anavilat
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 441
Registado: quarta, 17 mai 2006, 14:29

Decálogo sobre a lingua.. dun artigo de Carlos Callón

Mensagempor anavilat » quinta, 08 out 2009, 14:12

Un decálogo sobre a lingua, tirado dun artigo de Galicia-Hoxe, de Carlos
Callón:
\\\"Hai anos, desde diferentes entidades, divulgouse un decálogo de defensa
do galego baseado nun texto elaborado polo profesor Tilbert D. Stegmann,
da Universidade de Frankfurt. En 2008; A Mesa pola Normalización
Lingüística volveuno pór en circulación como proposta para difundir
sobre todo nos centros de ensino. Hoxe continúa a ser plenamente útil e
funcional.
Velaquí as súas propostas, que convido a asumir e practicar:
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas
etc. Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende
aínda que até o de agora lles falases en castelán.
2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais exixe
que tamén as outras persoas respecten a túa.
3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro
de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en
galego, aínda que che respondan noutro idioma.
4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran
curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas
palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en
falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.
5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades
de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.
6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos
electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome
en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben
triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír
á expansión do noso idioma.
7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en
galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais,
cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua.
8. Exixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che
escriban en galego. Faino amabelmente. Non perdas o tempo e os nervios
en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado,
ignóraos.
9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua.
Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión
dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e
escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.
10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a
falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches
castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións
novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te
avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais
a distancia, \\\"sen rompelo nin lixalo\\\", iso si que deteriora o idioma. \\\"

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

Decálogo sobre a lingua.. dun artigo de Carlos Callón

Mensagempor fclameiras » terça, 10 nov 2009, 10:26

Excelente aportación que suscribo plenamente.

fclameiras
Ex-membro
Mensagens: 58
Registado: segunda, 12 ago 2002, 23:00

Decálogo sobre a lingua.. dun artigo de Carlos Callón

Mensagempor fclameiras » quinta, 12 nov 2009, 20:06

Hoy me canse de aguantar


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes