A Aula Castelao cualifica a enquisa de 'demagóxica'
Redacción . A Aula reivindica nun comunicado o seu labor a prol da normalización do galego a través de publicacións ou da Semana Galega de Filosofía, e salienta que a participación de intelectuais internacionais, como José Saramago, Adolfo Pérez Esquivel, Eduardo Galeano, Sami Nair ou James Petras, difundiuse na nosa lingua.
A Aula Castelao de Filosofía cualificou como "equívoca e tendenciosa" a consulta ás familias enviada pola Consellaría de Educación ao respecto da lingua nas materias troncais no ensino non universitario. Afirman que se trata dunha iniciativa "demagóxica" cuxo obxectivo final é "limitar ou suprimir nos nenos e nenas a competencia lingüística en galego".
Segundo a Aula Castelao, "o vocabulario técnico e filosófico é traducíbel, expresábel e interiorizábel en calquera lingua", e o galego é tamén idioma de "coñecemento e reflexión filosófica" para contribuír ao "enriquecemento do vocabulario e dos contidos dos currículos de Filosofía" dos centros. Tamén defendeu o "orgullo e prestixio" do idioma, e pediulles ás institucións que apoien a competencia lingüística en galego. Para isto, reclama "que se propicien realmente as canles de coñecemento científico, tecnolóxico, filosófico e artístico" na lingua propia.
Fuente:http://www.anosaterra.org
Pilar
O galego, idioma de 'coñecemento e reflexión'
-
- Socio/a
- Mensagens: 359
- Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44
Quem está ligado:
Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes