Dúbida: Estranxeiro

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor bershky » quarta, 29 out 2008, 14:44

Flypp Escribeu:

(Unha dúbida: ¿Por qué en galego se di estranxeiro mentres que outros termos conservan o "x" como éxodo?).



A verba extranjero ( en castelán ) dimana dun termo do francés antigo *estrangier. Habería que preguntárllelos casteláns, porque unha X.

Éxodo deriva do latín exódus, e este do grego.


Todo nesta vida ten unha explicación, ata a morte! ;-)

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor flypp » quarta, 29 out 2008, 16:00

bershky Escribeu:A verba extranjero ( en castelán ) dimana dun termo do francés antigo *estrangier. Habería que preguntárllelos casteláns, porque unha X.

Éxodo deriva do latín exódus, e este do grego.


Todo nesta vida ten unha explicación, ata a morte! ;-)

Si, ainda que non todas as explicacións son correctas.

Random House Unabridged Dictionary Escribeu:Middle English estraungen, from Old French estrangier, from Latin extrāneāre, to treat as a stranger, disown, from extrāneus, foreign; see strange.

Parece que no antigo latín xa se referían ó "extraño" como extrāneāre, ¿preguntámoslle agora ós franceses por qué un "S"?.

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor bershky » quarta, 29 out 2008, 16:36

E logho... de onde sácanos americans semellante cousa...

Pois teño o meu diccionario de latino-español, diante miña...

extranjero, straneus; peregrinus, advena; barbarus.

Flyyp, fíate! extranjero, dimana de *estrangier ( antigo francés )

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor flypp » quarta, 29 out 2008, 17:44

Non dixen que non procedese de estrangier,... é certo, e a túa resposta é correcta, polo tanto rectifico. Pero "estranxeiro" (aínda que así recoñecido pola RAG) dende o meu punto non é correcto (igual que Casdeiro sinalou acertadamente que o termo Shamaín é unha aberración, digamos que a de "estranxeiro" é o mesmo, pero menos grave). Estás no certo, ven de estrangier no francés antigo, pero á súa vez estrangier ven do latín extraneare, vamos que os franceses cambiaron o "x" polo "s" caprichosamente. Por cercanía, os ingleses adoptaron o termo francés á súa lingua como "estranger".

Curiosamente, os antigos franceses apropiáronse do termo añadíndolle un significado máis (á significación orixinal de extranxeiro, alleo; engadíronlle o de estraño, fora do normal). Posteriormente, os ingleses rizaron o rizo e excindiron o significado de estranxeiro da palabra, e "estranger" limitouse a significar estraño (para estranxeiro empregan "abroad").

Se o galego-portugués derivou do latín, e tendo en conta que na súa evolución recibio influencias externas (externo-> externus, seguimos co "x"), fáiseme curioso que, conservando a semántica do termo latino, incorporárase ó galego o "fallo" francés e inglés.

mary556
Mensagens: 287
Registado: quinta, 20 fev 2003, 00:00

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor mary556 » sexta, 31 out 2008, 01:30

Pois na actualidade, no francés xa non se escribe "estrangier"...Non vos preocupedes.
Extranjero/a, escríbese: "étranger/ère"...
Perdióuse o "s" do que falabades.
Apertas!

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Dúbida: Estranxeiro

Mensagempor bershky » terça, 04 nov 2008, 18:38

Flypp Escribeu:Curiosamente, os antigos franceses apropiáronse do termo añadíndolle un significado máis (á significación orixinal de extranxeiro, alleo; engadíronlle o de estraño, fora do normal). Posteriormente, os ingleses rizaron o rizo e excindiron o significado de estranxeiro da palabra, e "estranger" limitouse a significar estraño (para estranxeiro empregan "abroad").

Se o galego-portugués derivou do latín, e tendo en conta que na súa evolución recibio influencias externas (externo-> externus, seguimos co "x"), fáiseme curioso que, conservando a semántica do termo latino, incorporárase ó galego o "fallo" francés e inglés.


Flypp,
A ver?As falas, amais de estaren emparentadas historicámente, aliméntanse unhas das outras, e polo visto, todas dimanan doutra lingua máis antiga, que por diversificación dialectal deu lugar a diferentes linguas inintelixibles entre si. En sentido riguroso, unha familia de linguas é unha unidade filoxenética, è dicir, tódolos membros, derivan dun ancestro común.


As linguas romances ( denominadas tamén románicas e neolatinas ) proceden do latín, lembremos que a súa vez, este , pertence a unha familia de idiomas con semellanzas entre eles( Sánscrito, Grego, Persa e Latín), coñecidas como linguas indoeuropeas. Esta familia de linguas indoeuropeas, a súa vez, subdivídese noutros grupos de linguas : Grupo Anatolio , Balcánico, Báltico, Celta, Eslavo, Xermánico, Indo- iranís , Grego, Itálico. Cada grupo deste, engloba outros grupos . E è precisamente no grupo Celta, que atopamos o idioma Galés falado no país de Gales ( Reino Unido ) .

Sigo pensando, que todo depende dunha axeitada explicación ;-)


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes