Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 11:10

Xa sei que con teimudo co asunto pero é que me dá noxo ver como se extende na nosa lingua e en multitude de publicacións dixitais e en papel o enxendro ese do /sa-ma-ín/.

Teño escrito sobre a cuestión e tamén .

Anímovos a que rexeitedes o uso desta adaptación tan ridículo e vergoñenta e usedes unha palabra ben adaptada, como se fai con outros estranxeirismos. Se queremos recuperar tradicións e palabras non o fagamos mal, por favor.

Imagem

PS: En http://en.wikipedia.org/wiki/Samhain tedes unha explicación da súa pronuncia.

flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor flypp » terça, 28 out 2008, 14:55

Extraído do artigo da Wikipedia acerca de "Samhain":

Old Irish samain /saman/

Pois non vexo tanta diferencia entre "saman" e "samaín" (ainda que a acentuación si que parece fora de lugar). Pode que a adaptación sexa en certo modo ridícula, pero lonxe queda na miña opinión de ser vergoñenta. Máis vergoñento considero o feito de "recuperar" unha tradición que non existiu na Península Ibérica. ¿Non é ridículo "recuperar" algo que nunca se tivo?.

Concordo contigo perfectamente coa tua opinión sobre o Halloween (ou como carallo se escriba), porque non sei qué temos que ver nós con esa festa,... pero igualmente considero o Samhain como outra tradición estranxeira. (Unha dúbida: ¿Por qué en galego se di estranxeiro mentres que outros termos conservan o "x" como éxodo?).

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 16:40

eu penso que é difícil probar que non existira ese costume. Hai moitos artigos na Rede, mesmo neste mesmo portal, que falan porén da posibilidade de certas reminiscencias nas nosas tradicións. Ademais se a cultura céltica irlandesa tivo hai tempo moito en común coa nosa é bastante crible que esa tradicións pagá tamén. Daquela eramos unha mesma cultura céltico-atlántica, co mesmo idioma, crenzas, etc. así que non sería raro que tivésemos tamén esa tradición. Pero seguro que hai mellores argumentos dos etnógrafos para apoiar esa tese.

En canto ao da pronuncia no vello irlandés paréceme moi interesante, pero en calquera caso o /i/ está totalmente fóra de lugar. Sería saman, con pronuncia ao parecer cha e con n final nasal, como adoita ser en galego, non é?

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 16:45

"Samhuinn" is modern Gaelic, and "Samhain" is modern Irish. The Old Irish
word is "Samain," sometimes given as "Samuin." The presence of the letter H in
modern spellings is an indication of lenition of the preceding consonant
(which was, I believe, probably a feature of the *pronunciation* of the Old Irish
word as well, though it was not part of the spelling thereof)

Iso da lenición quere dicir que se deixa de pronunciar o /m/ coido eu, co cal en irlandés antigo (a lingua máis próxima ao que puido ser a nosa vella lingua céltica goidélica) sería /sa-an/ ???

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 16:49

escóitase algo como /xauin/ ou /xaue/ ou /xaoen/ (cos /o/ e /e/ breves do galego).

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 16:53


flypp
Mensagens: 38
Registado: quinta, 04 out 2007, 12:02

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor flypp » terça, 28 out 2008, 16:57

Si, "Samán" sóame bastante mellor. ¿Estanse a levar iniciativas para a popularización da festividade?. Pregúntoo porque é a primeira vez que escoito falar dela.

Ademais, a administración autonómica podería "estirarse" (e mollarse) e poñe-los medios necesarios para apoiar unha "celebración piloto" desa ancestral costume.

¿Acaso non subvencionan os festexos do Halloween (recalco que é unha tradición sen arraigo algún aquí) en cantidade de municipios?. Pois que solten algo para o "Samán". Tampouco se pide moito: un día, un lugar, unha modesta subvención e medidas de control e seguridade. Non creo que sexa moito pedir.

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor cachafeiro » terça, 28 out 2008, 17:01

Manuel para os que non sabemos ingles, onde podemos buscar informaciòn sobre o tema'?


Alexandra Cachafeiro Camiña

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor casdeiro » terça, 28 out 2008, 17:23

Podes atopar información en Fillos.org, Cachafeiro: busca, busca... ;-)

Nas diversas páxinas ás que se chega desde http://en.wikipedia.org/wiki/Old_Irish temos interesantes referencias etimolóxicas para tentar aproximarnos á pronuncia máis axeitada, como p.ex. http://www.ceantar.org/Dicts/MB2/mb32.html#samhuinn

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Nin Hallowe'en nin Samaín: Xaún!!!

Mensagempor bershky » terça, 28 out 2008, 21:01

Casdeiro,
en Francia, Italia e incluso Alemaña, a festa máis importante pros celtas (o fin de ano), entre a noite do 31 de outubro e o 1 de novembro, onde se esperaba a chegada das ánimas dos parentes finados, coñécese tamén co nome de Samain, Samhain ou Samonios.


http://fr.wikipedia.org/wiki/Samain_(mythologie)

http://caeraustralis.com.au/celtcalmain.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Calendario_de_Coligny



Coido que o DRAG, non estexa errando de tal xeito, pra permitirnos darlle couces. :-(


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante