Fallece Constantino García

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Fallece Constantino García

Mensagempor pilarmabel » sexta, 24 out 2008, 13:20

Era membro da Academia Galega

Falece Constantino García, fundador do ILG


Redacción . Aos 81 anos, onte faleceu Constantino García, filólogo fundador do Instituto da Linua Galega. Pertencía tamén á Academia Galega, da que foi secretario, e ao Centro Ramón Piñeiro.


Figura polémica, Constantino García (Oviedo, 1927), foi desde os anos 80 un dos grandes impulsores desde o Instituto da Lingua Galega, da orientación da normativa oficial do galego. Era membro da Academia Galega desde 1982, para a que fora proposto por Xosé Filgueira Valverde, Ricardo Carvalho Calero e Casimiro Torres Rodríguez. Foi director tamén do Centro Ramón Piñeiro.

Viñera a Galiza por razóns profisionais, ao ter quer escoller logo de aprobar as oposicións, entre la Laguna ou Santiago. A cercanía á súa cidade natal non o fixo dubidar, "e despois de tantos anos xa me sinto un galego máis'.

Nunha entrevista publicada en A Nosa Terra (nº 554-Xaneiro 1993), amosábase optimista sobre o galego, "cando cheguei a Santiago en 1967 se entrabas nunha farmacia e pedías algo en galego dábanche unha hostia e insultábante; hoxe en Santiago, case a metade da xente fala galego normalmente, antes non se atrevía. Coido que se perdeu o complexo de inferioridade. Hoxe o prestixio do galego é incontestábel".

Sobre os avances da normalización teimaba, "o galego ten que imporse pouco a pouco, non podemos cambiar a situación da noite para a mañá. E digo isto desde un ponto de vista marxinal. Pero debe ser unha imposición decidida polos galegos, non porque o digan Manolo Fraga ou Constantino García. Porque as imposicións desde arriba provocan reaccións en contra".


Fuente: www.anosaterra.org


Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante