Página 1 de 1

Castrapización a 2 velocidades

Enviado: sexta, 24 out 2008, 07:54
por casdeiro
Algo do que me estou dando conta desque levo vivindo en Galiza (e xa fixo o ano) é que o proceso de gradual conversión do noso idioma nun dialecto do castelán, ou de profunda contaminación léxica, fonética e gramatical, está a ter 2 ritmos diferentes na Galiza e na Diáspora.

Por exemplo eu estou escoitando aquí cousas como siempre*, bien*, vai a* coller, etc. que nunca nos meus anos de vida lle escoitei a un galego nin a unha galega da diáspora en Barakaldo cando falaren galego, por moitos anos que levasen fóra da Terra e moito contacto cotiá que tiveren co castelán.

Vós, os que tedes contacto con ambas as dúas Galiza... tedes percibido estes 2 ritmos distintos de penetración do castrapo?