Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
pilarmabel
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 359
Registado: quarta, 03 ago 2005, 15:44

Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego

Mensagempor pilarmabel » sexta, 24 out 2008, 01:30

Critican a ?haxa pais que poidan defender o suposto dereito a que os seus fillos non aprendan o galego?

O colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego reclama que se aplique o decreto

O movemento de Nais e Pais polo Ensino en Galego (NPEG) reclamoulle á Consellaría de Educación que adopte as medidas necesarias para que o decreto de galeguización do ensino se aplique en todos os centros educativos e ?que se poña fin á situación calamitosa pola que pasa o idioma propio de Galiza neste ámbito, especialmente en infantil e primaria?.
Este colectivo de nais e pais fundado en 1996 lamenta a ?inacción da Consellaría de Educación á hora de facer cumprir o decreto, unha irregularidade que afecta moi negativamente á calidade do ensino?. ?Trátase dunha norma longamente reivindicada pola sociedade, apoiada masivamente pola comunidade educativa e que desenvolve un acordo unánime do Parlamento galego?, observan.

Desde NPEG critícase con contundencia a ?demagoxia dos grupos máis reaccionarios da sociedade na súa loita para que o galego desapareza?, e considera ?incríbel? que haxa familias que defendan un suposto ?dereito á ignorancia do galego, como se coñecer a lingua propia de Galiza fose tóxico?. En NPEG mostran a ?súa total oposición? a medidas de ?segregación lingüística promovidas por este grupos, que repercutirían gravemente na convivencia de todos os galegos e de todas as galegas?.

Lembran ademais que ?só desde un prexuízo contra o galego se pode dicir que nas materias para impartir neste idioma o alumnado non ten por que utilizalo en exposicións, exames etc. Sería como se, nas disciplinas que se imparten en inglés e francés, o alumnado tamén puidese ter un suposto dereito individual a facer os exames en galego ou castelán?. ?Por certo, cómpre non esquecer que este aspecto non é ningunha novidade, pois xa estaba contemplado no decreto de 1995, promulgado durante un dos mandatos de Manuel Fraga Iribarne?.

Desde este movemento cidadán lémbrase tamén que os postulados do decreto de galeguización do ensino foron afirmados por diferentes sentenzas do Tribunal Constitucional, que sinalan que ?no ámbito educativo os menores están encadrados nunha relación de suxeición especial que non inclúe en ningún caso o dereito á ignorancia dunha das linguas oficiais?.


Fuente: www.galizacig.com

Un saludo
Pilar

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes