Página 1 de 2

De cachoupiño ?

Enviado: quarta, 01 out 2008, 19:03
por bershky
Quen coñece estes termos?

─ Cachoupiño

─ Coscas

De cachoupiño ?

Enviado: quarta, 01 out 2008, 22:16
por casdeiro
A primeira non: coñezo cachopo?

A segunda poden ser cóxegas?

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 13:21
por bershky
Uff! frío, frío...

De cachoupiño e de coscas, son sinónimos.

A ver ;-) a ver quen atina!

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 17:00
por anavilat
Ten que ver con algunhas legumes?

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 18:36
por bershky
Rexeitadalas legumes, os bechos, paxaros, as árbores e plantas.

Ten que ver coas persoas. ;-)

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 18:43
por anavilat
Vas levar unhas coscas!!!! ;) X-D
Iso tampouco non!?!?!
Bicos.

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 18:53
por bershky
Si hó! bicos de cachoupiño! a ver logo quen resiste máis! X-D X-D X-D

Non! non! de coscas nin se levan nin se dan ;-)

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 20:13
por crisanto
Estar de cachoupiño/a= estar agochado/a coas pernas encollidas.

Coscas na bisbarra de Verin, alomenos no meu pobo son como dixo Casdeiro son "coxegas", mais ollando no diccionario atopei o seguinte: Cosca. s. f. Vaina, cortiza tenra na que están pechadas as sementes das legumes. Isto mesmo foi o que dixo Ana.

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 20:22
por xestor
Sexa o que sexa o que está claro é que é algo lingüístico, Bershky, así que cho movo ao seu sitio. ;-)

De cachoupiño ?

Enviado: quinta, 02 out 2008, 20:51
por bershky
crisanto Escribeu:Estar de cachoupiño/a= estar agochado/a coas pernas encollidas.

;-)

Correcto! de cachoupiño, dinlle en castelán " en cuclillas".

Cuclillas, en loc. adv. De crequenas; de coscas; de cachoupiño
FRAS: Ponerse en cuclillas : encrequenarse; anicarse; anesgarse, acocorarse.


Éme novo coscas sinónimo de cóxegas. . Estou ollando no diccionario, e xustamente trainas como tales.

Cosquillas s.f.pl. Coscas, cóchegas, cóxegas, celigras.