Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor casdeiro » terça, 09 set 2008, 06:45

Eu tíñaa entre as miñas favoritas á hora de mercar pero vou deixar de facelo polo .

Haivos outras marcas de auga galegas que comprar no canto desta.

Que lles aproveite o seu mercado inglés e español, pero acaban de perder un cliente galego. E coido que non vou ser o único.

Avatar do Utilizador
casdeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 898
Registado: segunda, 28 jan 2002, 00:00

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor casdeiro » terça, 09 set 2008, 07:01

Como dicía, non vou ser o único: http://agal-gz.org/blogues/index.php/ov ... m-obrigado
http://www.blogoteca.com/madeingaliza/i ... ?cod=45527

Por certo, das outras marcas galegas, hai unha que ten o seu web en galego. Elixirei esa para meter os meus cartos cando vaia á compra. ;-)

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor cachafeiro » terça, 09 set 2008, 15:01

A Empresa Auga de Mondariz di:

Se debería estar pensando en este mundo globalizado que para realmente entregar verdaderas oportunidades de FUTURO a las nuevas generaciones se debe de ofecer el INGLES como segunda lengua...

Toda la literatura de cualquier ciencia o carrera está en inglés, hasta los chinos para comunicarse con el mundo lo utilizan


Eu digo:

Acabo de darme conta, con estraña sorpresa, que son unha experta no idioma Ingles, pois leo os textos universitarios da miña filla, E ENTÉNDOOS, xuro que pensaba que estaban escritos en castelán.


Alexandra Cachafeiro Camiña

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor silvine » terça, 09 set 2008, 23:32

Manuel, grazas. Coma sempre ti atento a estas cuestións para compartir connosco. E a solución que suscitas é a mellor. Non comprar auga é golpearlles o peto, porque semella que pedir que razoen non ten sentido, non si?

Alexandra, os textos da túa filla son "de cultura". As empresas falan de negocios e os negocios, no mundo, fanse en inglés. Anda...
Ah, moi boa a túa resposta ¿con retranca? Gústame moito ese xeito de contestar...

Unha forte aperta!

Silvine

xosenri
Mensagens: 31
Registado: quinta, 24 jan 2008, 22:44

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor xosenri » quarta, 10 set 2008, 13:37

Eu digo:

Acabo de darme conta, con estraña sorpresa, que son unha experta no idioma Ingles, pois leo os textos universitarios da miña filla, E ENTÉNDOOS, xuro que pensaba que estaban escritos en castelán.


Alexandra Cachafeiro Camiña[/quote] Alexandra deixoume abraiado, voando cada vez mais alto coas súas alas de políglota eu quero escoitar o sotaque dos galegos falando inglés. Non esquezades, de que o inglés tamén sofreu unha "Longa Noite de Pedra" os normandos que fracasaron no seu intento de conquista das rias galegas, dominaron o archipélago e dixeronlle aos ingleses ca lingua da xente decente era o francés, tanto que para mostrar autoridade usaronno no escudo da coroa "Dieu est mon Droit" e o inglés encheuse de palabras dunha lingua allea, o francés. Tantas, tantas delas que chegou un momento en que os nativos non souberon cal delas era cal, se falaban unha palabra enxebre ou francesa, e so falaban o vello inglés os pailans e os mariñeiros cada vez mais mesturado e desturpado. Pois alguen tivo o arruallo e a coraxe histórica de amañar tanta gambernia, os bugallos da conquista normanda ficaron na lingua inglesa para sempre, mas a carón de moitas das verbas dos franceses renaceu paseniño a palabra natural e o carballo inglés encheuse deste intre de follas verdes, sin deixar de amosar con orgullo os bugallos da súa historia. Aquí na Australia escoitase moito inglés puro, unha lingua que nunca foi manipulada por Holliwood nen polas grande multinacionais da información e ata de agora cando os políticos precisan xustificar unha inxustiza voltan a usar o francés, os pailans hesitan perante tais misterios verbais ata que das trevas, alguen recupera unha das vellas palabras, as que din as cousas como son e Bulshit! Bosta, e vá rañala! Eu estaba a seguir unha serie documentaria da BBC de Londres, The Adventure of English do filólogo, cineasta e historiador Elvyn Brag e apenas sabia escreber en Portugués e pasoume como á Señora Cachafeiro, atopei un texto en Galego e vinlles sorprendido de que a lingua érame moi familiar e que moitas das palabras esquencidas polos galegos tiñamas ensinado miña nai asturiana cando sen os recursos de hoxe boteime aprender a lingua dos meus viciños brasileiros, a mesma lingua da Illa de Timor, no Pacífico que malia o consello de Alexandra de que o Inglés énos o futuro escolleu o Galaico Portugués como identidade do Timor Lorosae, xunto con o Tetún Praça, o Castrapo Portugués- Malaio que fala o povo, gracias ó Galego, descubrin que a lingua que falaba miña nai era consecuencia da revolta irmandiña cando moitos galegos de Fonsagrada escaparon da escravitude labrega feudal e transformaronse en Vaqueiros das brañas do atual Consello de Tineo nas Asturias e que a Galeguidade abrangue moito mais do que os caprichos de cregos e políticos determinan, tanto que dende que mergullo no Galego, o Bable deixou de ser un misterio. Meu Portugués que tiña un xeito moi brasileiro, cada vez mais. adoita as palabras que medran en ámbalas riveiras do Miño, seivos cos do Sul da Galiza non din " Se cadra" sinon "Se callar" mas que tamén din asin na Goiania perto do Amazonas Brasileiro, e acabo dicendovos que sendo o Inglés miña lingua de vida, a que uso para traballar e compartir bágoas e alegrias, namoreime de vosa fala galegos, un tesouro cultural que amosa os azos e os folgos dun povo teimudo e respeitavel. Cómpreme escoitar ese tinir exclusivo de chocallos e de axuxeres, esa lingua cos túzaros e teimudos galegos deben recuperar e reverdecer. Entón Alexandra, non quero un mundo que apenas fale inglés, sacrificando as orixes e culturas. O Galego mola. Beauty is in the eyes of the beholder (Nada de Normando) e nada de Castrapo!

cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor cachafeiro » quarta, 10 set 2008, 16:46

Querida Silvine, agradézoche o eloxio, a retranca forma parte da nosa cultura. Pero me gustarìa aclararche con respecto da carreira da miña filla (Ciencias da Comunicaciòn), pois os contidos dos seus textos non son só culturais, pois tambièn abarca a polìtica e a economìa, e se imos ao caso, ela tendrìa que aprender o alemàn, porque case todos os autores que està estudando son desa orixe.
O meu pai falaba catro idiomas ( ingles, frances, italiano e arabe), pero non por gusto, senón pola necesidade de comunicarse durante a segunda guerra e estivo 6 anos en Egipto, onde o habìan trasladado, pero jamàs abandonò a súa lingua nai, o galego, idioma que nos enseñò, non os outros.
Està en nós non perder o noso legado cultural e idiomàtico.
Està en nós permitir que o inglès sexa o idioma oficial deste mundo globalizado.
Eu xa me bajè.


Estimado Sr. Xosenri moitas grazas por tan enriquecedora lecciòn de historia, espero que sigamos tendo o pracer de lelo.
Eu, polas dúbidas, sigo aprendendo o galego, non valla a ser que as cousas déanse volta.


Alexandra Cachafeiro Camiña

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor bershky » quarta, 10 set 2008, 18:46

Isto chamáselle loitar con bravura! E logo non pensas nos douscentos empregados do balneario ? que culpa teñen eles, do que digan ou pensen os seus superiores? eh!

E digo eu, que nos pode importar á meirande parte dos galegos, que un fato de empresarios, avogen pola lingua castelá ? beno sabemos que nestes casos, as súas señorias arreconchegan ponde máis pesa o saco.

tirado do agal-gz. Aguas de Mondariz: só em inglês e em espanhol?
Sexta, 5 Setembro 2008 (9:23) Escribeu:Além disso, é de salientar o malestar que parece levantar a defesa da unidade da língua galego-portuguesa. O facto de serem vários as mensagens-e de clilentes que defendem isso, parece irritar os responsáveis pelo atendimento ao cliente da empresa, que salientam em maiúsculas e em várias ocasions que o galego nom é português.]
Coido que ante tal disxuntiva (castelá ou portugués), a maioria dos galegos, optamos pola nosa segunda lingua, o castelá.

Por suposto que o Galego non è portugués. Que estean emparentados, por proceder da lingua romance, Galaicoportugués , non significa que se teña que eliminalo Galego. Entón, por isa regra de tres, empecemos coa exterminación de tódalas linguas derivadas do latín. Non si? Tan lingua è o Galego coma o Portugués, coma o español, ou italiano, francés, etc. Non entendo a teima questa minoria de galegos teñen, por aniquilala nosa lingua. Coma di Kisote: somos galegos e nonos entendemos.

Non teñamos compaixón da nosa fala, deixemos logo outra vez que nola breen ben breada . Non te jode con istes galegos, por onde lles da?

anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor anamp » quarta, 10 set 2008, 21:53

Sobre a perda de empregos en Mondariz, se lle compramos a outra empresa, estamos xerando emprego nesa outra, nonsi?
Nós sumámonos ao cambio de marca, xa!
Ana

bershky
Mensagens: 465
Registado: quarta, 18 jan 2006, 10:39

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor bershky » quarta, 10 set 2008, 22:48

Anamp Escribeu:Sobre a perda de empregos en Mondariz, se lle compramos a outra empresa, estamos xerando emprego nesa outra, nonsi?
Nós sumámonos ao cambio de marca, xa!
Ana

Moi perspicaz ! Que xeito máis sublime, de arranxarlle a vida os obreiros !

Coido, que os traballadores do balneario Mondáriz, serán da bisbarra do concello. Non ten xeito nin maneira que se vexan obrigados, a transferirse a outro municipio. Isto sempre e cando, nese outro balneario, lle deran emprego, porque supoño, que de aumentarllelo traballo, antes contrataríanos seus oriúndos.

O conto éche, que sempre acaba pagando xusto por pecador.

xosenri
Mensagens: 31
Registado: quinta, 24 jan 2008, 22:44

Vou deixar de mercar Auga de Mondariz

Mensagempor xosenri » quinta, 11 set 2008, 01:53

As augas de Mondariz, estan a fazerme lembrar dunha " Lei axiomática da Socioloxía Galega" A Lei de Berto: ?A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1″ Mellor explicada nesta ligazon http://ber.to/2007/lei-de-berto-i/ Un agasallo seren espreitado pola Señora Bersky e sempre pura follaxe verde o seu Galego Normalizado, nembargantes e coidando de non mesturarmos mais allos con bugallos neste fio sobor das augas e as etiquetas; contovos que compreime unha pucha para usala cando escreba en Galego e veña amolarvos aquí, mas como merqueina na Australia, achei que viña con un canguriño bordado, para noxo e surpresa, vin nun programa da Telegaita, onde falan Galego con claridade castiza que un dos actores usaba unha pucha semellante á miña...Mas non dou creto de que os chineses que a fazen non, tiveran a delicadeza de bordarlle, polo miudo un ourizo cacho na vez dun canguriño. Oh Casdeiro, arranxa cos chineses e fame mercar unha das puchas con o "Ourizo Cacho" aquí en Fillos, melhor dito em "Filhos" non seja que esteja a fitar a minha amiga, e acabe a liorta mais outra vez na Lei de Berto. Obrigado!


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes