Gallegos y Asturianos, primos hermanos!!!

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
cachafeiro
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 684
Registado: sábado, 29 mar 2008, 01:44

Gallegos y Asturianos, primos hermanos!!!

Mensagempor cachafeiro » quinta, 28 ago 2008, 00:22

Encontrè este interesante video que quixese compartir con vostedes

"FRONTEIRAS"

""Fronteiras" é un proxecto de serie documental sobre os límites xeográficos e culturais de Galicia, centrado en como os perciben os propios habitantes destas zonas. Un percorrido polo Occidente asturiano, O Bierzo leonés, As Portelas zamoranas e outros enclaves de similares características. "Fronteiras" quere poñer de relevo o feito de que as fronteiras culturais (se é que existen) non coinciden necesariamente coas fronteiras político-administrativas. Pero sobre todo quere mostrar o modo totalmente desdramatizado con que os habitantes destas zonas abordan os seus conflitos identitarios e territoriales, moi afastado do ton crispado co que estes temas adóitanse tratar no discurso político e xornalístico. "


http://bergidense.blogspot.com/2007/05/fronteiras.html


Alexandra Cachafeiro Camiña

se alguén quere facer un comentario, serà ben recibido ;-)

silvine
Ex-membro
Mensagens: 159
Registado: quinta, 06 mar 2008, 02:59

Gallegos y Asturianos, primos hermanos!!!

Mensagempor silvine » quinta, 28 ago 2008, 05:55

Alexandra, esta é unha outra moi interesante achega que ti fas. Acepto a invitación. Sinto non poder indagar un pouco máis, aínda ahí vai un breve comentario.
Particular interese espértame porque indaga sobre o tema da "imposición" de fronteiras políticas ás culturais, sexan istas últimas máis ou menos afines.

O devandito que puxeches como título oíno moitas veces. Canto temos que aprender! ¡Canto loitar pola propia identidade que, as máis das veces, nada ten que ver con límites que "algúns" decidiron (e aínda deciden) establecer. E á forza!

Unha forte aperta, amiga.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante