MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE D

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
anamp
Mensagens: 141
Registado: segunda, 07 jun 2004, 23:00

MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE D

Mensagempor anamp » terça, 29 jul 2008, 12:09

MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE DE DEREITOS PARA O GALEGO

Podes apoiar o manifesto aquí:

As persoas que promovemos esta chamada queremos manifestar, perante as institucións de autogoberno e como aclaración perante a sociedade galega, o seguinte:

1.- O pobo galego ten dereito a que a súa lingua propia (orixinaria) sexa oficial a todos os efectos no seu ámbito territorial. Os usuarios do galego deben desfrutar no seu territorio do mesmo status legal que o castelán ten no seu.

2.- A situación do galego está moi lonxe de ser así. Non desfrutamos de dereitos lingüísticos plenos para desenvolver a nosa vida diaria con normalidade na nosa lingua na nosa terra. Son os falantes do galego os que resultan discriminados. É o galego o que corre perigo como idioma e os galego falantes os que non son debidamente respectados. Vivimos unha grande inxustiza que é a negación da igualdade e da verdadeira convivencia.

3.- Por iso, resulta realmente preocupante que, desde Madrid, con apoio de importantes medios de comunicación, haxa quen pretenda convencer á opinión pública de que o castelán corre perigo de desaparición e que os seus falantes son discriminados no noso país. Esta inversión da realidade ten como obxectivo que os falantes do galego non teñan dereitos lingüísticos e que os únicos deberes para as Administracións públicas se vinculen ao castelán.

4.- O verdadeiro problema non está na cooficialidade de idiomas como o galego, senón na actitude de quen nega a existencia de pobos e linguas diferentes no Estado español. Esta actitude si é a negación da convivencia e da igualdade. O proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir nesta lingua. O que compre é respectar a legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e avanzar con cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia. Xustamente a dirección contraria á proposta polos que pretenden a imposición do castelán como único idioma con dereitos e deberes para os cidadáns en todo o territorio do Estado.

5.-. Correspóndelle ao pobo galego, a través das súas institucións representantivas, definir a política lingüística acorde co criterio de cooficialidade e de lingua propia que mesmo o actual Estatuto recoñece para o noso idioma. Esperamos o compromiso das institucións de autogoberno na defensa da igualdade plena de dereitos para o galego e na aplicación de medidas a favor da normalización dos seus usos. Neste labor contarán sempre co noso apoio.

6.- Alertamos á sociedade galega para non se deixar confundir e instámola a cavilar sobre a verdadeira situación do galego no propio país.
Defendemos un dereito humano elemental que nos define, ademais, como pobo diferenciado. Debemos ser firmes rexeitando todo posicionamento que persiga recortar dereitos ou retroceder no cativo camiño andado tanto nas administracións públicas, como na vida social.


Promotores

Alfonso García Sanmartín
(presidente da Asociación Galega de Editores)
Ana Kiro
Avelino Pousa Antelo
Benigno Pereira
(presidente da Rede Galega de Empresas)
Bernardino Graña
Carlos Blanco
Carlos Callón
(presidente da Mesa pola Normalización Lingüística)
César Portela
Cesáreo Sánchez Iglesias
(presidente da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega)
Eva Castro
Francisco Leiro
Ignacio Vilar
Isaac Alonso Estravís
Jorge Mira
Luís González Tosar
(presidente do PEN Clube ? Galiza)
Manuel Gallego Jorreto
Manuel Rivas
Marcelino Fernández Mallo
Mercedes Peón
Nemésio Barxa
Teresa Moure
Uxía Senlle
Xoán Costa
(presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega)
Xosé Lastra
(presidente de Nova Escola Galega)
Xosé Luís Méndez Ferrín
Xosé Manuel Pereiro
(decano do Colexio de Xornalistas)
Xosé Manuel Piñeiro
Xulia Vaquero
Xurxo Patiño
(presidente da Federación Galega de Libreiros)
Yolanda Castaño
Sole González
(presidenta de IRIMIA)

Avatar do Utilizador
xestor
Mensagens: 1337
Registado: terça, 04 jan 2005, 19:34

MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE D

Mensagempor xestor » terça, 29 jul 2008, 12:51

Ana, xa coñecía o manifesto e de feito pensaba poñelo nestas páxinas, cun banner para o promocionar. O que pasa é que a Mesa, malia os anos (literalmente) que lles veño teimando en que cumpran coa Lei de Protección de Datos neste tipo de campañas, seguen sen o facer e nesas condicións non podemos animar oficialmente desde Fillos á xente a que asine e dea os seus datos nun web que incumpre esta lei :-(

Unha mágoa porque a causa en si merece totalmente o noso apoio, pero cando nin se saben facer ben as cousas nin se quere aceptar axuda para as facer ben, péchaste a ti mesmo/a moitas posibilidades.

fridamarga
Socio/a
Socio/a
Mensagens: 87
Registado: sábado, 13 ago 2005, 11:23

MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA E DA IGUALDADE D

Mensagempor fridamarga » terça, 29 jul 2008, 16:10

De qualquer forma, mesmo não sendo possível promover a assinatura no Portal de FILLOS, cada um(a) poderá subscrever, seguindo o enlace que Ana colocou aqui.
Eu já subscrevi.


Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 3 visitantes