Dúbidas linguísticas!!!

Cuestións sobre o idioma dos nosos pais (significado de palabras, normativización, reintegracionismo, etc.).
galiciaprasempre
Mensagens: 63
Registado: terça, 17 jun 2008, 21:35

Dúbidas linguísticas!!!

Mensagempor galiciaprasempre » sábado, 05 jul 2008, 16:24

Ola a todos!! Teño varias dúbidas. Estiven vendo o vocabulario galego que hai na sección da escola e vin que abalón significa "empujón". Abalón é o mesmo que empurrón?? Se é así, poido dicir: non abales??? (non empurres??) . É a primeira vez que escoito esa palabra...en que zona se emprega?? Por outra banda tamén vin a palabra "abaixar"...eu coñecíaa como "baixar"...eu sempre a empreguei a palabra abaixar en contextos como os seguintes: abaixou a cabeza/ abaixou a treboada (algo así como escampar)...nunca a vin no contexto de desmellorar ou adelgazar...Alguén me pode solucionar estas dúbidas??

Moitas graciñas. Por certo esa sección de vocabulario esta moi ben, gústame moito, de feito estou gardando moitas palabras na miña memoria porque non as coñecia. A verdade é que sempre tiven certa obsesión co vocabulario...encántame!!!

Saúdiños!!!

Voltar para “Lingua galega”

Quem está ligado:

Utilizadores neste fórum: Nenhum utilizador registado e 2 visitantes